WWW.
UDC.GAL

  • Oficial

O grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios ofrece a formación que precisan os profesionais da lingua española e das literaturas e culturas hispánicas. Proporciona unha ampla perspectiva das literaturas española e hispanoamericana e das correntes lingüísticas e da ciencia literaria. Os dous primeiros cursos son comúns aos graos en Galego e en Español.

Os estudantes que cursan esta carreira na Facultade de Filoloxía do campus da Coruña reciben unha completa formación sobre a lingua e a literatura en español e sobre materias como cultura clásica, lingüística, morfoloxía, fonética, fonoloxía, lexicoloxía, semántica ou literatura comparada. Ademais, adquiren coñecementos avanzados das linguas e literaturas galega e inglesa, así como o coñecemento práctico doutras linguas (francés, italiano, portugués e latín). Os programas de simultaneidade dan a oportunidade de obter un segundo grao (Inglés ou Galego e Portugués) con só un ano adicional.

Os graduados en Español disporán dunha especialización moi alta no ámbito lingüístico e literario hispánico. Conectarán cun contexto profesional tamén especializado con itinerarios laborais como o ensino nos ámbitos público e privado (academias, colexios, institutos, escolas de idiomas, lectorados de universidades estranxeiras), a xestión cultural ou o asesoramento lingüístico e sociocultural, a tradución, elaboración ou corrección de textos etcétera, en contornas laborais dos medios de comunicación, editoriais, institucións e gabinetes.

María Esperanza Acín Villa 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios ofrece unha sólida formación en lingua, literatura e cultura para o ámbito galego-portugués a través das diferentes materias que o integran e dos 240 créditos que debe cursar o seu alumnado.

Nos dous primeiros cursos deste grao todas as materias son obrigatorias e comúns aos graos en Inglés e en Español, polo que están moi presentes estas linguas e as súas literaturas, así como o francés e o italiano e materias como lingua e cultura clásica, técnicas de tradución ou lingüística xeral. A partir desa formación común, en terceiro e cuarto os estudantes do grao en Galego e Portugués profundan no estudo das linguas galega e portuguesa e das literaturas correspondentes, con base tamén nas materias complementarias e transversais. Un ano adicional de estudo dá opción a obter un segundo grao en Inglés ou en Español.

Entre os principais perfís de saídas académico-laborais destacan os seguintes: docencia, tradución e interpretación; asesoramento e mediación lingüística cultural e editorial; asesoramento cultural e lingüístico no mundo empresarial; dinamización e normalización lingüística, medios de comunicación, xestión cultural, publicidade etcétera.

Laura Tato Fontaíña 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Internacional

O grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios ofrece a formación que precisan os profesionais da lingua inglesa e das literaturas e culturas anglófonas. Proporciona o dominio da lingua inglesa e unha ampla perspectiva das literaturas en inglés e das correntes lingüísticas e da ciencia literaria aplicadas a esta lingua.

O plan de estudos dos dous primeiros cursos deste grao é común aos graos de Español e de Galego e Portugués que se imparten na mesma Facultade de Filoloxía do campus da Coruña, polo que as linguas e as súas correspondentes literaturas forman o núcleo dos programas deses dous cursos. En terceiro e cuarto profúndase no estudo de lingua e literatura inglesas con materias como inglés científico-técnico, literatura norteamericana, cultura e civilización dos países de fala inglesa ou fonética da lingua inglesa, así como coa opción de materias como italiano, galego, francés ou linguas románicas, entre outras. Pódese optar á dobre titulación coa Universidade de South Wales (Reino Unido) e obter un segundo grao (o de Español ou o de Galego-Portugués) cursando un ano adicional dentro dun programa de simultaneidade.

Os graduados e graduadas en Inglés insírense no mercado laboral en ámbitos como o ensino desta lingua ou de español para estranxeiros, a xestión sociocultural, empresas editoriais e xornalísticas, tradución, contidos en internet, bibliotecas ou investigación e crítica literaria.

Elizabeth Anne Woodward Smith 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Xestión Dixital de Información e Documentación implantouse na Facultade de Humanidades e Documentación, no Campus Industrial de Ferrol, no curso 2019-2020. É unha titulación única no sistema universitario galego. Está orientada a formar profesionais para xestionaren procesos de transformación dixital das empresas, con formación humanística para a toma de decisións e formación técnica para executalas.

No tres primeiros cursos impártense materias e obradoiros prácticos en campos como a informática para o tratamento e xestión da información, fontes de información recursos dixitais, comportamento informacional, biblioteconomía, ciencia de datos, xestión da información dixital, xestión electrónica de documentos, conservación da información na era dixital… En cuarto curso pódese optar entre dúas mencións ou especialidades: Biblioteconomía e Arquivística (xestión e planificación de arquivos e bibliotecas, industriais editoriais e culturais…) ou Información para a Ciencia e a Tecnoloxía (deseño e xestión de sitios web, edición de contidos dixitais, recuperación de información…)

Os titulados poden traballar como analistas de datos, xestores de contidos e comunidades dixitais, técnicos de intelixencia empresarial e competitivos, responsables de centros de documentación, arquivo e biblioteca. Desenvolven o seu labor en empresas de análises e xestión de datos, de creación de contidos editoriais, mercadotecnia dixital, centros de documentación (medios de comunicación, editoriais, hospitais, asesorías…) e calquera empresa que realice xestión de contidos dixitais.

Miguel Ángel Rodríguez Luaces 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Humanidades e Documentación
Campus de Esteiro. r/Doctor Vázquez Cabrera s/n
15403 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Simultaneidade (dobre)

O tres graos que ofrece a Facultade de Filoloxía no campus da Coruña pódense combinar entre si para, cun ano máis de estudo, obter unha dobre titulación. Unha das combinacións posibles é estudar o grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios co grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

Este programa de simultaneidade, único no sistema universitario galego, consta de 324 créditos. Como os dous primeiros cursos xa son comúns ao tres graos que se cursan nesta facultade (Galego-Portugués, Inglés e Español), é nos tres anos restantes cando se concentran as materias obrigatorias de cada un dos graos implicados no programa de simultaneidade. Ademais, a selección entre 40 materias optativas en 4.º e 5.º curso permite personalizar o itinerario final de cada estudante.

A dobre titulación amplía e reforza as opcións laborais do alumnado que completa este programa de simultaneidade: ensino nos ámbitos público e privado (academias, colexios, institutos, escolas de idiomas, lectorados de universidades estranxeiras), asesoramento lingüístico e sociocultural, dinamización e normalización lingüística, tradución, elaboración ou corrección de textos etcétera, en contornas laborais dos medios de comunicación, as editoriais, institucións e gabinetes e xestión cultural.

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Simultaneidade (dobre)

O programa de simultaneidade dos graos en Inglés e en Español, que se cursan na Facultade de Filoloxía do campus da Coruña, ofrece a posibilidade de obter os dous títulos engadindo un ano máis para poder completar os 324 créditos de que consta o programa.

O tres graos que se imparten neste centro (en Español, en Inglés e en Galego-Portugués) teñen en común os dous primeiros cursos. No programa de simultaneidade (ao que se pode incorporar o alumnado en terceiro), as materias obrigatorias de 3.º e 4.º do grao en Inglés e do grao en Español repártense no tres cursos restantes para completar o dobre grao.

O coñecemento profesional das linguas e literaturas española e inglesa co dobre título reforza de forma notable o currículo para a inserción laboral de cada grao por separado, potenciada tamén polo coñecemento práctico doutras linguas (francés, italiano, portugués). Os graduados e graduadas en Inglés insírense en ámbitos como o ensino desta lingua ou de español para estranxeiros, a xestión sociocultural, empresas editoriais e xornalísticas, tradución, contidos en internet, bibliotecas ou investigación ou crítica literaria. Igualmente, o grao en Español permite acceder a saídas laborais como o ensino nos ámbitos público e privado (academias, colexios, institutos, escolas de idiomas, lectorados de universidades estranxeiras) ou a xestión cultural, o asesoramento lingüístico e sociocultural, a tradución, a elaboración ou corrección de texto etcétera, en medios de comunicación, editoriais, institucións e gabinetes.

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Simultaneidade (dobre)

O programa de simultaneidade dos graos en Inglés e en Galego e Portugués ofrece unha sólida formación na lingua, a literatura e a cultura dos ámbitos anglófono e galego-portugués. Ademais, facilita a adquisición de coñecementos avanzados da lingua e a literatura española e o coñecemento práctico doutros idiomas que elixe o propio alumnado (francés, italiano). Consta de 324 créditos distribuídos en cinco anos e impártese na Facultade de Filoloxía do campus da Coruña.

Nos dous primeiros cursos, que son comúns ao tres graos que se imparten na Facultade de Filoloxía, estúdanse as linguas galega, inglesa e española e as súas correspondentes literaturas, así como materias de cultura clásica, historia ou tecnoloxías da información. No tres cursos restantes adquírense os coñecementos das materias obrigatorias de 3.º e 4.º de cada un dos dous graos, profundando no coñecemento de ambos os sistemas lingüísticos e literarios, así como do portugués.

O dobre grao reforza as opcións de integración dos egresados e egresadas no mercado laboral, ao sumar as competencias de ambos os títulos para traballar na docencia, tradución, xestión sociocultural, empresas editoriais, medios de comunicación, normalización lingüística ou asesoramento cultural, entre outros ámbitos.

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Interuniversitario

María Jesús Lorenzo Modia 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Margarita María Alonso Ramos 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

María Eva Valcárcel López 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Wenceslao José González Fernández 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Humanidades e Documentación
Campus de Esteiro. r/Doctor Vázquez Cabrera s/n
15403 Ferrol

  • Oficial

Wenceslao José González Fernández 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Humanidades e Documentación
Campus de Esteiro. r/Doctor Vázquez Cabrera s/n
15403 Ferrol

  • Oficial
  • Bilingüe

A bioloxía é a ciencia que pretende comprender a vida en todas as súas facetas e desde distintos niveis de complexidade. Desde o estudo a nivel molecular ata a análise dos ecosistemas, todas as aproximacións ao estudo do fenómeno vital caen no ámbito de formación de biólogos e biólogas.

Ao cursar o grao en Bioloxía adquírense coñecementos de morfoloxía, sistemática, estrutura, función e interacción dos seres vivos, así como dos métodos de análise relacionados con estes, tanto desde o punto de vista docente e investigador, como desde o da súa utilización aplicada.

Os titulados en Bioloxía desenvolven a súa profesión en múltiples ámbitos, como investigación, industria farmacéutica, industria agroalimentaria, protección do medio ambiente, ensino ou análises clínicas.

Manuel Pimentel Pereira 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía ten como obxectivo impartir ao alumnado formación superior multidisciplinar que combine os coñecementos e competencias necesarias do ámbito da física, química, bioloxía, matemáticas e enxeñaría de materiais coa finalidade de facilitar a comprensión e adquisición dos coñecementos e competencias fixadas. A titulación estuda os fenómenos a escala nanoscópica e a manipulación, preparación e caracterización de nanomateriais.

O Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía é un programa de estudos copleto, multidisciplinar e transversal para formar profesionais e emprendedores nestes sectores considerados de vital importancia cara ó futuro. No contexto actual, e no medio prazo, a Nanociencia e a Nanotecnoloxía conslidaranse como un sector industrial que proporcionará ao consumidor unha gran cantidad de productos de base tecnolóxica. O enorme abano de posibilidades que abrirá este novo sector industrial, altamente tecnificado, convirte en esencial dispor de especialistas neste campo, que constituirá un piar esencial da nova industria, a competitividade dun país e de todos so aspectos da sociedade do coñecemento.

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Bilingüe

O grao en Química impártese na Facultade de Ciencias, no campus da Coruña, en que se preparan profesionais para traballar en calquera dos múltiples campos (sanitario, industrial, ambiental, laboratorio, investigación, docencia…) nos que se desenvolve ou se aplican os coñecementos nesta ciencia, en constante e rápida evolución.

Os 240 créditos do plan de estudos distribúense, ademais de polas materias básicas (xeoloxía, física, matemáticas), entre as distintas especialidades da química: analítica, orgánica, inorgánica, física, bioquímica, enxeñaría química… Existe a posibilidade de optar por un itinerario bilingüe e cursar parte das materias en inglés.

Os químicos traballan en hospitais, industria química de explotación de recursos naturais, industria alimentaria, industria farmacéutica, industria de materiais, centros de investigación e/ou educación, tratamento de augas, química biolóxica, química forense, industria agroquímica etc.

María Teresa Vilariño Barreiro 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Simultaneidade (dobre)

O programa de simultaneidade dos graos de Bioloxía e de Química proporciona aos alumnos/as unha formación científico-técnica acorde coas metodoloxías científicas actuais, que lles permiten valorar a importancia da aplicación da bioloxía e da química nos contextos industrial, económico, ambiental e social. Co dobre título, os graduados acceden aos mercados laborais de ambas as áreas e moi en particular ás áreas en que especificamente se precisa a colaboración das dúas disciplinas.

O groso dos 369 créditos deste dobre grao distribúense ao longo de cinco cursos, en tanto 33 resérvanse para o sexto (21 correspondentes aos traballos de fin de grao). O programa inclúe as materias nucleares de ambos os graos: química física, química analítica, química orgánica, química inorgánica, bioquímica, enxeñería química, microbioloxía, citoloxía, fisioloxía animal, fisioloxía vexetal, zooloxía, botánica, xenética, ecoloxía etcétera.

As posibilidades de emprego cos dous graos son moi amplas, tanto no traballo de laboratorio, como no sector industrial e a docencia. A complementariedade de ambos os estudos proporciona unha sólida bagaxe profesional moi axeitada para o mundo empresarial: sectores de biotecnoloxía, plásticos, hospitais, centros de docencia e investigación, industria química de recursos naturais (petroquímicas, metalúrxicas, madeireiras…), industria farmacéutica, acuicultura, industria agroalimentaria, industrias de materias, agroquímica, tratamento de residuos etcétera.

Moisés Canle López 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Interuniversitario

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Interuniversitario

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Interuniversitario

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Internacional

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Interuniversitario

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Internacional

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Interuniversitario

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

Escola Politécnica Superior
Campus de Esteiro, r/ Mendizábal s/n

Facultade de Informática
Campus de Elviña

María Esperanza Cerdán Villanueva 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Maria Carmen Veiga Barbazán 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial

Juan Arturo Santaballa López 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Nuria Fernández Rodríguez 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Mario Francisco Fernández 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Informática
Campus de Elviña
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Joaquín Cayetano López Lago 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

Escola Universitaria Politécnica

  • Oficial
  • Interuniversitario

Antonio Paz González 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Aurora María Grandal D'Anglade 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial

María Teresa Rodríguez Blas 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial

O grao en Enfermaría impártese na Facultade de Enfermaría e Podoloxía do campus da UDC en Ferrol e tamén se pode seguir na Escola Universitaria de Enfermaría da Coruña, centro adscrito á Universidade da Coruña. O título ten como obxectivo formar enfermeiras e enfermeiros xeneralistas con preparación científica e humana e capacidade para responder ás necesidades de coidados de saúde de persoas ou grupos desde unha perspectiva integral.

O estudante de Enfermaría recibe ensino de alta calidade, cunha énfase especial na formación clínica, a través de prácticas simuladas para o desenvolvemento de habilidades e a súa continuación con prácticas clínicas en centros asistenciais que permiten integrar e incorporar coñecementos, habilidades, actitudes e valores profesionais e explorar as diferentes realidades asistenciais. Anatomía, bioloxía, fisioloxía, nutrición, farmacoloxía, especialidades de enfermaría ou estadías clínicas forman o núcleo básico da súa formación.

As enfermeiras e enfermeiros traballan centros sanitarios e asistenciais públicos e privados, cun elevado grao de inserción laboral.

Escola Universitaria de Enfermaría
Campus de Oza
15006 A Coruña

Consulta co centro adscrito para coñecer os prezos de matrícula.

Emma Rodríguez Maseda 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Enfermaría e Podoloxía
Campus de Esteiro
15403 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Fisioterapia é unha das titulacións que ofrece a Universidade da Coruña na rama de coñecemento de ciencias da saúde. Impártese na Facultade de Fisioterapia, onde se forman profesionais xeneralistas capacitados para identificaren e trataren problemas de saúde aos que se lles pode dar resposta desde a fisioterapia, fundamentalmente aplicando medios físicos para curar ou recuperar persoas afectadas por limitacións funcionais ou cambios na función física ou no estado de saúde.

Polas súas características intrínsecas, o plan de estudos do grao en Fisioterapia ten un elevado compoñente práctico mediante estadías clínicas. Algunhas das materias do plan son anatomía, fisioloxía, valoración funcional, biomecánica, cinesiterapia, fisioterapia de patoloxías específicas ou psicoloxía.

Os fisioterapeutas (profesión regulada) traballan no ámbito clínico asistencial público e privado (centros de saúde, áreas de rehabilitación hospitalaria, mutuas), na investigación e na docencia. Exercen en clínicas e hospitais, residencias de maiores, ximnasios, clubs deportivos, centros de educación especial, atención a domicilio ou hidroterapia, entre outros.

Asenet López García 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Fisioterapia
Campus de Oza
15006 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Logopedia é un título da Facultade de Ciencias da Educación pertencente á área de ciencias da saúde. Habilita para o exercicio da profesión regulada de logopedista, os profesionais que tratan todos os aspectos da comunicación que poden manifestarse como trastornos na voz, articulación, comprensión, simbolización e expresión oral e escrita, relacións sociais e pensamento.

O plan de estudos proporciona formación básica en lingüística, educación, psicoloxía, anatomía, fisioloxía e patoloxía da fala e da audición, da linguaxe e da comunicación, así como coñecementos e habilidades para a intervención terapéutica nos diferentes trastornos da linguaxe, a fala e a voz como técnicas de modificación da conduta, intervención temperá, avaliación, diagnóstico, fisioterapia ou rehabilitación especializada.

Os e as logopedistas traballan na prevención, detección e tratamento dos problemas de expresión oral ou escrita en centros escolares, na rehabilitación no ámbito hospitalario e asistencial de persoas con problemas de comunicación derivados de deficiencias físicas ou sensoriais, tanto en centros públicos como en gabinetes ou clínicas privadas. Tamén na investigación e na docencia.

Juan Ramón Lamas González 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

A Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol imparte o grao en Podoloxía, que forma profesionais cos coñecementos, destrezas e aptitudes necesarios para levar a cabo actividades de prevención, diagnóstico e tratamento de afeccións e deformidades dos pés mediante procedementos terapéuticos podolóxicos.

Xunto á formación básica en áreas como anatomía, fisioloxía, microbioloxía, farmacoloxía ou bioloxía, os estudantes de Podoloxía cursan materias propias da súa titulación como podoloxía xeral, ortopodoloxía, quiropodoloxía, cirurxía podolóxica ou dermatoloxía.

Os graduados en Podoloxía, cun elevado grao de inserción laboral, traballan en centros sanitarios e hospitais públicos ou privados e asistencia domiciliaria en funcións de prevención, atención e rehabilitación da saúde do pé.

Carolina Rosende Bautista 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Enfermaría e Podoloxía
Campus de Esteiro
15403 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Terapia Ocupacional é un título da Facultade de Ciencias da Saúde, no campus coruñés de Oza.

Ao longo do catro anos da carreira o alumnado aprende o coñecemento relevante das ciencias biolóxicas, médicas, humanas, psicolóxicas, sociais, tecnolóxicas e ocupacionais xunto coas teorías de ocupación e participación. No tres primeiros cursos adquírese formación básica en terapia ocupacional e disciplinas relacionadas, amais de formación para a intervención en terapia ocupacional segundo o ciclo vital (infancia, adolescencia, adultos e maiores). Algunhas materias desta fase son fisioloxía, anatomía, psicoloxía, psiquiatría, teoría e técnicas de terapia ocupacional, xeriatría, rehabilitación, así como as estadías prácticas, que tamén se seguen en 4.º xunto con estudos de caso e materias sobre inclusión sociolaboral, educación para a saúde, diversidade funcional ou técnicas aplicadas, entre outras.

Os profesionais da terapia ocupacional traballan en distintos campos de actuación, pública ou privada, no social, a saúde, a investigación e a docencia. No ámbito sanitario, en centros de saúde, mutuas, centros de maiores. No ámbito social, en servizos sociais, atención a discapacidades, loita contra drogadiccións. No ámbito educativo, en educación especial, colectivos asistenciais, docencia etcétera. Desempeñan o seu labor en hospitais, residencias de maiores, servizos sociais municipais, colexios de educación especial, institucións penais, asociacións e fundacións especializadas, centros educativos etcétera.

Nereida María Canosa Domínguez 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Saúde
Campus de Oza
15006 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

Facultade de Ciencias da Saúde
Campus de Oza
15006 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

Facultade de Fisioterapia
Campus de Oza
15006 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Interuniversitario

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Interuniversitario

Facultade de Ciencias da Saúde
Campus de Oza
15006 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

María de los Ángeles Castro Iglesias 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Saúde
Campus de Oza
15006 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Antonio Manuel Castro Castro 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Francisco Javier Cudeiro Mazaira 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Saúde
Campus de Oza
15006 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Francisco Javier De Toro Santos 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Saúde
Campus de Oza
15006 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Alejandro Alberto Quintela Del Río 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Fisioterapia
Campus de Oza
15006 A Coruña

  • Oficial

A Universidade da Coruña, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que un estudante poida comezar os seus estudos na universidade sen necesidade de decidir inmediatamente o grao que cursar, mediante a proposta do programa de Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, na rama de Ciencias Sociais e Xurídicas.

Os graos abertos están pensados para aquel alumno que, tendo a nota de acceso para varios graos, non quere decidirse aínda por ningún e prefire darse un tempo para descubrir que grao é o que finalmente máis lle motiva. No grao aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, o estudante poderá estar no grao aberto ata un máximo de 3 cuadrimestres antes de tomar a decisión de que grao finalmente cursará.

Os graos abertos tamén están dirixidos a aqueles estudantes que desexan enriquecerse da transversalidade do seu currículo académico, debido a que ao finalizar o período en que un estudante pode estar no grao aberto e unha vez decidido o grao que cursará finalmente, pode continuar a súa formación multidisciplinar a través do Programa de Formación Complementaria, no que poderá matricularse de materias dos diferentes graos que compoñen o programa para completar a súa formación.

Facultade de Economía e Empresa
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Internacional
  • Bilingüe

O grao en Administración e Dirección de Empresas, que se imparte na Facultade de Economía e Empresa do campus de Elviña, proporciona ao alumnado formación en xestión empresarial orientada á análise e á toma de decisión desde postos de responsabilidade directiva.

O plan de estudos combina materias de formación económica (historia económica, microeconomía, macroeconomía…) e técnicas instrumentais (matemáticas, estatística…) con formación empresarial (organización, márketing, finanzas) e con formación xurídica e social (socioloxía, dereito...). O alumnado pode optar por cursar o 40% dos créditos en inglés e acceder á dobre titulación coa Universidade de Gales do Sur (Reino Unido).

Os estudantes prepáranse para se converter en profesionais capaces de desenvolver labores de dirección, xestión, asistencia e avaliación en organizacións empresariais en calquera das súas áreas: produción, márketing, vendas, finanzas, recursos humanos, organización, loxística, control de calidade... Traballan fundamentalmente para empresas, para as administracións públicas, en consultorías, en banca e en docencia.

María Carmen Sánchez Sellero 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Economía e Empresa
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte impártese na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (antigo INEF), cuxas instalacións se encontran en Bastiagueiro, no municipio de Oleiros, limítrofe coa Coruña. Imparte formación especializada sobre manifestacións, factores, efectos e estruturas da actividade física e do deporte para planificar e desenvolver intervencións profesionais en distintos ámbitos.

O alumnado que cursa este grao adquire formación e coñecementos relacionados coas manifestacións da motricidade humana e os fundamentos dos deportes, a educación e a ensino da actividade física e o deporte, psicoloxía, socioloxía, ciencias da saúde, adestramento e rendemento deportivos, saúde e calidade de vida, así como coa dirección e a xestión deportiva.

O título de graduado/a en Ciencias da Actividade Física e do Deporte habilita para o exercicio profesional como docente nos distintos niveis do ensino público e privado, como promotor, animador ou monitor deportivo en actividades físicas saudables ou en actividades físicas recreativas, ben como para a dirección e/ou xestión de entidades ou instalacións deportivas e para a dirección ou preparación de equipos deportivos, entre outras responsabilidades laborais.

Marta Bobo Arce 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
Avd. Ernesto Che Guevara 121
15179 Pazos, Liáns

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Ciencias Empresariais, impartido na Facultade de Economía e Empresa, proporciónalle ao alumnado unha sólida formación en xestión empresarial orientada á resolución de problemas operativos, tácticos e estratéxicos.

O plan de estudos inclúe formación en técnicas instrumentais básicas (estatística, matemáticas, econometría…), teoría económica (estrutura, historia, macro- e microeconomía…), materias do ámbito xurídico e social (dereito, socioloxía…) e formación empresarial específica (organización, fiscalidade, contabilidade, comercio exterior, márketing, dirección, estratexia, inglés empresarial…).

Os graduados en Ciencias Empresariais están preparados, cun coñecemento extenso e profundo do mundo da empresa, para responder de xeito crítico e responsable aos retos que se lles presentan nas áreas financeiras, contable e fiscal de empresas, entidades financeiras e administracións públicas. Son profesionais versátiles que traballan en xestión e dirección de empresas, como consultores, analistas de mercados, xestores comerciais, auditores, responsables de vendas ou técnicos de márketing, entre outros.

María Isabel Ana Suárez Massa 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Economía e Empresa
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Comunicación Audiovisual é un dos títulos que se imparten na Facultade de Ciencias da Comunicación, no campus coruñés de Elviña.

Os estudantes deste grao reciben formación en tecnoloxía dos medios audiovisuais e multimedia, procesos de ideación e narrativa audiovisual, organización e produción audiovisual e multimedia, procesos de ideación e narrativa audiovisual, análise e efectos dos discursos audiovisuais, expresión oral, deseño e animación, teoría dos medios audiovisuais e técnicas e procesos creativos de produción, realización e posprodución.

Nesta facultade fórmase un profesional especializado e tecnicamente preparado para a creación audiovisual en contornas dixitais, o deseño de produción integral e as funcións consultivas, organizativas e directivas en todo tipo de medios e soportes audiovisuais e tecnolóxicos. As súas figuras profesionais máis características son as de director, guionista e realizador audiovisual, produtor e xestor audiovisual, deseño de produción e posprodución visual e sonora, así como investigador, docente ou experto en estudos visuais.

José Juan Videla Rodríguez 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Comunicación
Campus Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos, que se imparte na Facultade de Ciencias da Comunicación, incorporouse á oferta académica da Universidade da Coruña no curso 2019-2020. O título abrangue o proceso completo de produción de animación e videoxogos desde diferentes puntos de vista, incluíndo o creativo, técnico, artístico e comercial. Céntrase en dous aspectos da creación dixital (animación e videoxogos), nacidos da incorporación dos gráficos por computador á industria dos contidos audiovisuais.

Os alumnos e alumnas deste grao fórmanse nos métodos de creación de contidos dixitais aplicables para ambos os formatos. O plan de estudos, de orientación xeneralista e multidisciplinar, forma en materias como deseño, desenvolvemento e produción de videoxogos, programación, gráficos por computador, guión, dirección e realización, animación, debuxo anatómico, modelaxe, deseño sonoro, materiais, iluminación ou efecto visuais.

A industria da creación dixital é un sector de gran proxección nacional e internacional e demanda profesionais especializados. A preparación dos egresados/as nas facetas artística, narrativa, técnica e de produción permitiralles desenvolver as súas capacidades en calquera desas liñas, tanto como membros de equipos de traballo como na faceta emprendedora con novos proxectos empresariais.

Francisco Javier Taibo Pena 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Comunicación
Campus Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Bilingüe

O grao en Dereito é unha das carreiras que se poden estudar na Facultade de Dereito, no campus coruñés de Elviña. É un grao plurilingüe, polo que o alumnado ten a opción de cursar ao menos un 40% dos créditos en inglés e tamén a obter unha dobre titulación (pola UDC e pola University of South Wales) cursando o cuarto curso en Reino Unido.

Un total de 204 dos 240 créditos deste grao corresponden a materias de formación básica e obrigatoria para adquirir ampla formación en todos os ámbitos do Dereito: teoría, fundamentos, constitucional, penal, civil, empresarial, financeiro, tributario, mercantil, traballo, internacional, Unión Europea etcétera.

Os graduados e graduadas en Dereito teñen acceso a múltiples saídas profesionais, ben sexa traballando para as administracións públicas, en asesorías xurídicas, fiscais, laborais e de administración e xestión para persoas ou empresas ou co exercicio libre da profesión. Desenvolven a súa profesión como avogados, fiscais, xuíces, notarios, secretarios de concellos, letrados, procuradores, rexistradores, asesores xurídicos, laborais e fiscais, docentes, responsables de recursos humanos etcétera.

María Esther Rovira Sueiro 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Dereito
Campus de Elviña
15071 A Coruña

 http://www.dereito.udc.es
i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Bilingüe

O grao en Economía é un do tres que se poden estudar na Facultade de Economía e Empresa, ademais de dous programas de simultaneidade. Este grao proporciónalle ao alumnado unha sólida formación para comprender o funcionamento do sistema económico xeral. Os estudos están orientados á análise económica da realidade xeral e empresarial e á elaboración de políticas que contribúan á mellora do nivel de vida do conxunto da sociedade.

O programa de estudos abarca materias como macro e microeconomía, política económica, historia da Economía, política monetaria, facenda pública, econometría, operacións financeiras, estatística, análise económica ou economía europea e rexional.

As saídas profesionais para os graduados en Economía van desde a administración, organización e dirección de empresas e a asesoría e consultoría fiscal, contable e financeira a outras como técnicos ou inspectores do Estado, auditoría de contas, expertos de institucións e entidades públicas ou privadas, servizos de estudos, dirección de vendas e/ou márketing, corredoría de comercio, interventores, docencia ou investigación.

Laura Varela Candamio 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Economía e Empresa
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Educación Infantil é un dos títulos que se imparten na Facultade de Ciencias da Educación, no campus da Coruña, para formar os futuros profesionais da educación. Neste caso para os mestres e mestras dedicados á instrución dos máis pequenos.

A preparación dos futuros profesionais da Educación Infantil require formación especializada en áreas como as didácticas das linguas, da expresión plástica, da expresión musical, da educación ambiental, da educación inclusiva, entre outras, así como en materias como psicoloxía infantil, recursos, teoría da educación, deseño e avaliación de currículos, xogos, psicomotricidade, hábitos saudables etcétera.

Os profesores e as profesoras de infantil desenvolven o seu labor educativo en centros públicos e privados de atención a menores de seis anos.

Rosa María Méndez García 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O Grao en Educación Primaria é un título que habilita para a profesión regulada de mestre en educación primaria. Os estudos de Maxisterio teñen unha longa tradición académica e coa actual reforma prodúcese un importante avance: a súa equiparación co resto das titulacións universitarias.

Este título está regulado polo Estado e responde a unha necesidade social básica: formar o profesorado que permitirá dar satisfacción ao dereito de todos os cidadáns e cidadás á educación, neste caso primaria. Trátase, por tanto, dun título eminentemente profesionalizador.

As disciplinas científicas que conflúen neste campo son diversas: pedagoxía, didácticas específicas, psicoloxía, socioloxía etc. De feito, unha boa parte da investigación psicopedagóxica realizada en España nos dous últimos séculos está directamente vinculada á formación do profesorado de ensino infantil e primaria.

María Montserrat Castro Rodríguez 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

Os educadores e as educadoras sociais son profesionais encargados de dar resposta ás desigualdades sociais desde o campo da educación, pero tamén desde perspectivas ligadas ás políticas de benestar social. O grao en Educación Social é un dos que se poden cursar na Facultade de Ciencias da Educación, no campus da Coruña.

Os alumnos e alumnas de Educación Social adquiren formación en materias como acción socioeducativa, dinamización social, resolución de conflitos, psicoloxía do desenvolvemento, psicoloxía social, animación sociocultural, intervención con discapacitados, igualdade, educación multicultural, intervención en contextos familiares de risco, psicoxerontoloxía, educación de maiores ou orientación e políticas de emprego.

O obxectivo principal do traballo dos/os educadores sociais é o apoio e a integración de persoas ou colectivos con risco de exclusión social. Desenvolven o seu labor en centros de carácter público, privado ou ONG dedicados a atender a menores ou adultos en risco de exclusión (inmigrantes, indixentes, menores inadaptados, drogodependentes, persoas con discapacidades…), en residencias, hospitais, escolas, prisións centros sociais ou centros culturais.

Laura Cruz López 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos impártese no campus da Coruña na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, centro privado adscrito á UDC. Forma especialistas na defensa e asesoramento de traballadores e empresarios, cunha sólida formación en dereito do traballo e da seguridade social, coñecemento do ámbito empresarial dos recursos humanos e preparación sociolóxica e económica.

O alumnado deste grao adquire formación ampla en dereito (do traballo, da seguridade social, sindical, societario, administrativo, procesual…), en economía, prevención de riscos laborais, socioloxía do traballo xestión de recursos humanos etc.

O grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos capacita como profesionais e expertos en organización, xestión e asesoramento da política de persoal das empresas, así como na xestión e asesoramento en materia xurídico-laboral. Os graduados e graduadas traballan en empresas, administracións públicas, sindicatos, asociacións empresariais ou no exercicio libre da profesión. Negocian, asesoran, auditan, realizan peritaxes como asesores xudiciais, seleccionan persoal, dirixen departamentos de relacións laborais etcétera.

Escola Universitaria de Relacións Laborais
Leopoldo Alas Clarín, 2
15008 A Coruña

Consulta co centro adscrito para coñecer os prezos de matrícula.
  • Oficial

O grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos impártese na Facultade de Ciencias de Traballo, no Campus Industrial de Ferrol. Forma especialistas na defensa e asesoramento de traballadores e empresarios, cunha sólida formación en dereito do traballo e da seguridade social, coñecemento do ámbito empresarial dos recursos humanos e preparación sociolóxica e económica.

O alumnado deste grao adquire formación ampla en dereito (do traballo, da seguridade social, sindical, societario, administrativo, procesual…), en economía, prevención de riscos laborais, socioloxía do traballo xestión de recursos humanos etc.

O grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos capacita como profesionais e expertos en organización, xestión e asesoramento da política de persoal das empresas, así como na xestión e asesoramento en materia xurídico-laboral. Os graduados e graduadas traballan en empresas, administracións públicas, sindicatos, asociacións empresariais ou no exercicio libre da profesión. Negocian, asesoran, auditan, realizan peritaxes como asesores xudiciais, seleccionan persoal, dirixen departamentos de relacións laborais etcétera.

Fernando Luís Agulló Leal 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias do Traballo
Campus Esteiro, R/ San Ramón s/n
15403 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Socioloxía, que se imparte na facultade do mesmo nome, no campus da Coruña, instrúe no coñecemento académico e científico da realidade social, a evolución das sociedades contemporáneas, os procesos sociais que se desenvolven nelas e como afectan o comportamento humano e á interacción entre persoas.

Neste grao estúdanse os múltiples campos de estudo da socioloxía (xénero, traballo, migracións, comunicación, economía, organizacións, educación, familia, política...), antropoloxía social, psicoloxía social e outras materias vinculadas e adquírese formación especializada en métodos e técnicas de investigación social e en estatística.

Os egresados/as da Facultade de Socioloxía traballan en investigación social aplicada (mercados, opinión pública, consumo) no deseño de políticas públicas, asesoramento en políticas sociais en partidos, sindicatos, centros de investigación sociolóxica, ONG e administracións públicas, documentalismo político e sociolóxico, elaboración de estatísticas etcétera.

Eleder Piñeiro Aguiar 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Socioloxía
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

Desde o curso 2020-2021 o grao en Turismo, que antes se impartía nun centro privado adscrito, incorporouse como titulación propia á oferta académica da Universidade da Coruña. Impártese na Facultade de Filoloxía, no campus da Coruña.

O programa de estudos abrangue tanto materias xeneralistas (xeografía, historia, idiomas, socioloxía, dereito, economía…) como coñecementos en áreas específicas deste sector: patrimonio, xestión de recursos turísticos, TIC aplicadas ao turismo, recursos territoriais turísticos, fiscalidade turística, aloxamento e restauración etcétera.

Os graduados e graduadas en Turismo traballan como operadores de turismo, en axencias de viaxes, hostalaría, oficinas de información turística, organismos de turismo a todos os niveis, empresas de turismo rural, parques recreativos, estacións de esquí, convencións, balnearios, márketing turístico, etcétera.

No curso 2020-2021 o grao en Turismo comeza a implantación dun grupo con modalidade online en primeiro curso. 

Rosa María Mariz Pérez 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Filoloxía
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Bilingüe

O grao en Xestión Industrial da Moda, que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, é o primeiro grao bilingüe en inglés do sistema universitario galego e impártese desde o curso 2018-2019. Ten unha clara orientación internacional e práctica. Ofrece formación cunha visión integral de todas as áreas de xestión empresarial da cadea de valor da moda.

De acordo con a orientación interdisciplinar do grao, o seu plan de estudos estrutúrase en cinco módulos: deseño e moda, xestión e administración empresarial, enxeñaría de procesos e sistema de información, responsabilidade social empresarial e área transversal ou multidisciplinar.

Algunhas das saídas profesionais dos titulados en xestión industrial da moda son a xestión do produto, xestión de márketing retallista, técnico de apoio en servizos centrais de calidade, aprovisionamento, loxística ou RSE, técnico de expansión internacional e franquías, comprador internacional, xestor de comercialización visual, xestor da cadea de subministración etcétera.

Marta Rey García 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Humanidades e Documentación
Campus de Esteiro. r/Doctor Vázquez Cabrera s/n
15403 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Simultaneidade (dobre)

O programa de simultaneidade do grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE) e o grao en Dereito inclúe materias dos ambos os plans de estudos e permite obter as dúas titulacións tras cursar 402 créditos (seis anos). O alumnado completa a súa formación cun perfil profesional especializado en dúas disciplinas complementarias.

Así, cúrsanse materias de ADE, como economía de empresa, microeconomía, contabilidade, estatística, facenda pública, investigación de mercados, planificación financeira etcétera, xunto a outras correspondentes ao grao en Dereito (dereito financeiro, mercantil, procesual, penal, da Unión Europea, constitucional, do traballo, empresarial, de familia… ), ata completar 72 créditos por ano, a excepción do sexto, que consta de 36 créditos, doce dos cales corresponden aos traballos fin de grao.

As saídas profesionais multiplícanse ao disporen os egresados de dúas titulacións. Son as saídas propias de ADE (dirección, xestión, asistencia e avaliación en organizacións empresariais en calquera das súas áreas: produción, márketing, vendas, finanzas, recursos humanos, organización, loxística, control de calidade...) e as de Dereito (avogados, fiscais, xuíces, notarios, secretarios de concellos, letrados, procuradores, rexistradores, asesores xurídicos, laborais e fiscais, docentes, responsables de recursos humanos…), pero, sobre todo, a dobre titulación responde a un perfil de economista de empresa con profundos coñecementos xurídicos ou un xurista con especialización profunda en temas de empresa.

Facultade de Dereito
Campus de Elviña
15071 A Coruña

 http://www.dereito.udc.es

Facultade de Economía e Empresa

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Simultaneidade (dobre)

O programa de simultaneidade dos graos en Turismo e en Ciencias Empresariais consta de 354 créditos distribuídos ao longo dos cinco cursos deste dobre título da Universidade da Coruña. Nos primeiros cuadrimestres estúdanse materias propias do grao en Ciencias Empresariais e no segundo as específicas do grao en Turismo.

Os créditos do grao en Ciencias Empresariais corresponden a materias como economía da empresa, operacións financeiras, microeconomía, macroeconomía, organización de empresas, estatística, contabilidade financeira e de custos, réxime fiscal da empresa ou contabilidade. Os créditos do grao en Turismo repártense en materias como xeografía turística, patrimonio cultural, márketing turístico, intermediación turística e transporte, idiomas, aloxamento e restauración ou comercialización de produtos turísticos, entre outras materias.

O dobre grao habilita para postos de traballo propios de cada un dos dous graos, sobre todo para desenvolver responsabilidades de xestión e planificación no ámbito empresarial turístico. Os graduados en Ciencias Empresariais son profesionais versátiles que traballan en xestión e dirección de empresas, como consultores, analistas de mercados, xestores comerciais, auditores, responsables de vendas ou técnicos de márketing, entre outras saídas profesionais. Pola súa banda, os graduados e graduadas en Turismo desempeñan labores profesionais en hostalaría, como operadores de turismo, oficinas de información, axencias de viaxes e establecementos turísticos, recreativos e de lecer de todo tipo.

Emma María Iglesias Vázquez 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Economía e Empresa
Campus de Elviña
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Manuel Avelino Giráldez García 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
Avd. Ernesto Che Guevara 121
15179 Pazos, Liáns

  • Oficial

Miguel Manuel Clemente Díaz 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Socioloxía
Campus de Elviña
15071 A Coruña

  • Oficial

Xulio Xosé Ferreiro Baamonde 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Dereito
Campus de Elviña
15071 A Coruña

 http://www.dereito.udc.es
  • Oficial
  • Interuniversitario

Jaime Francisco Rodríguez Arana Muñoz 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Dereito
Campus de Elviña
15071 A Coruña

 http://www.dereito.udc.es
  • Oficial
  • Interuniversitario

Susana Rodríguez Martínez 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña
15071 A Coruña

  • Oficial
  • Interuniversitario

Mercedes González Sanmamed 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña
15071 A Coruña

  • Oficial

A Universidade da Coruña, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que un estudante poida comezar os seus estudos na universidade sen necesidade de decidir inmediatamente o grao que cursar, mediante a proposta de Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, na rama de Enxeñaría e Arquitectura.

Os graos abertos están pensados para aquel alumno que, tendo a nota de acceso para varios graos, non quere decidirse aínda por ningún e prefire darse un tempo para descubrir que grao é o que finalmente máis lle motiva. No grao aberto en Enxeñería Industrial o estudante ten un curso académico para decidir cal dos 4 graos integrados no programa será o seu grao destino. 

Os graos abertos tamén están dirixidos a aqueles estudantes que desexan enriquecerse da transversalidade do seu currículo académico, debido a que ao finalizar o período en que un estudante pode estar no grao aberto e unha vez decidido o grao que cursará finalmente, pode continuar a súa formación multidisciplinar a través do Programa de Formación Complementaria, no que poderá matricularse de materias dos diferentes graos que compoñen o programa para completar a súa formación.

Escola Universitaria Politécnica
Campus de Serantes, Avda. 19 de febrero s/n
15405 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos, que se imparte na Facultade de Informática, é  un dos de máis recente incorporación á oferta académica da Universidade da Coruña (curso 2019-2020). Responde á alta demanda de profesionais no tratamento de datos para axudar a tomar decisións a nivel científico, empresarial, político ou administrativo. É un dos poucos existentes no ámbito español e o único no sistema universitario galego.

O avance das novas tecnoloxías e o desenvolvemento do tratamento masivo de datos requiren de profesionais altamente cualificados con habilidades e formación multidisciplinar nos ámbitos da informática, as matemáticas, a estatística e os negocios. O plan de estudos combina a formación en materias como as matemáticas e a informática co manexo avanzado das novas tecnoloxías dixitais da información e a comunicación (estatística, intelixencia artificial, aprendizaxe autónoma…).

Os perfís profesionais máis relevantes neste ámbito son o de científico de datos, centrado na análise dos datos para extraer valores deles, e o enxeñeiro de datos, máis centrado na xestión de infraestruturas para facer posible o proceso de análise.

Berta María Guijarro Berdiñas 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Informática
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O deseño industrial, como disciplina, procura integrar dentro dos campos estratéxicos todos os atributos que o futuro usuario valorará nos produtos, ben sexa de forma emocional, funcional ou sociocultural. Responde á necesidade de adaptar os produtos fabricados industrialmente (novos ou existentes) ás tendencias do mercado. Este grao impártese na Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol cun elevado grao de interacción co ámbito empresarial.

Os estudantes desta enxeñaría adquiren formación especializada para desenvolver novos produtos cursando fundamentos básicos interdisciplinares (matemáticas, física, informática, estatística, expresión gráfica, sistemas mecánicos), metodoloxía do deseño, proxectos de deseño industrial, estética, tecnoloxías da información e a comunicación, márketing, lexislación, entre outras materias.

Os graduados en Deseño Industrial poden desenvolver a súa creatividade e capacidade de innovación en calquera sector industrial, o mesmo como deseñadores que como técnicos de desenvolvemento de procesos, amais de en centros tecnolóxicos públicos ou privados, en consultorías privadas ou como profesores de deseño.

Pablo José Fernández Galdo 
Coordinador/a do estudo

Escola Universitaria de Deseño Industrial
Campus de Esteiro
15403 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Certificado EUR-ACE

O grao en Enxeñaría de Obras Públicas, que se imparte na ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, do campus da Coruña, proporciona formación específica no ámbito da actuación técnica da enxeñaría civil e a construción e permite acceder á profesión regulada de enxeñaría técnica de obras públicas, así como ao máster en Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos.

O grao consta de tres itinerarios especializados posibles. Os dous primeiros anos son comúns e os seus créditos repártense en materias básicas como álxebra, cálculo, debuxo, xeoloxía, hidráulica, resistencia de materiais, enxeñaría ambiental e enerxética etcétera. O terceiro e cuarto ano cúrsase algún do tres itinerarios especializados: construcións civís (análises de estruturas, obras, construción, enxeñaría do terreo, abastecemento e saneamento…), hidroloxía (análise de estruturas, obras hidráulicas, presas, calidade das augas, enxeñaría do terreo…) ou transportes e servizos urbanos (estrutura, construción, medio ambiente, obras, camiños, aeroportos, ferrocarrís, sistema urbanos…).

Os enxeñeiros e enxeñeiras de obras públicas actúan fundamentalmente na construción e control de execución de obras públicas e en tarefas afíns. Traballan en empresas de construción, en consultorías de enxeñaría, control de calidade, planificación de transportes e servizos de mantemento, entre outros ámbitos, tanto en administracións públicas como no sector privado.

Ignacio Colominas Ezponda 
Coordinador/a do estudo

Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Formación Dual

O grao en Enxeñaría Eléctrica estúdase na Escola Universitaria Politécnica, no Campus Industrial de Ferrol. É o primeiro grao no sistema universitario galego que permite unha formación dual, de tal maneira que o cuarto e último ano da carreira se pode cursar cun módulo de formación académica ou ben cun de formación remunerada nunha empresa.

No itinerario de formación dual a empresa corresponsabilízase da formación do alumno en coordinación coa UDC e baixo supervisión de cadanseu titor por parte da universidade e da empresa. Na carreira, ademais das materias básicas (física, cálculo, química etcétera) estúdanse materias como ciencia de materiais, termodinámica, resistencia de materiais, instalacións, circuítos, centrais, automatización, transporte de enerxía eléctrica, automatización, enxeñería gráfica ou oficina técnica.

Alén de nos sectores clásicos de xeración e transporte de enerxía eléctrica (deseño de centrais enerxéticas, parques eólicos, enerxía solar, centros de transformación…) e de deseño de instalacións, os graduados en Enxeñaría Eléctrica (profesión regulada) poden traballar na aplicación dos avances tecnolóxicos no sistema enerxético, nos novos sistemas de mobilidade e transporte con vehículos e infraestruturas eléctricos, no deseño da cidade eficiente e, en xeral, no desenvolvemento do concepto de enerxía intelixente en todos os ámbitos.

Antonio Enrique Masdias Bonome 
Coordinador/a do estudo

Escola Universitaria Politécnica
Campus de Serantes, Avda. 19 de febrero s/n
15405 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, que habilita para a profesión regulada de enxeñeiro técnico industrial, cúrsase na Escola Universitaria Politécnica do Campus Industrial de Ferrol. O título dá acceso directo, entre outros, ao Máster de Enxeñaría Industrial, titulación académica que habilita para a profesión regulada de enxeñeiro industrial.

Xunto coa formación básica en materias fundamentais (física, química, álxebra…) o alumnado deste grao recibe formación en materias como mecánica de fluídos, teoría de máquinas, tecnoloxías de fabricación, electrónica, automatización, enxeñaría de control, informática industrial ou sistemas dixitais.

Ao se tratar dunha titulación práctica, con presenza en todos os sectores industriais estratéxicos, os titulados neste grao poden xestionar e dirixir proxectos de enxeñaría nos ámbitos da electrónica, a automática e a robótica e aplicar os seus coñecementos nas tecnoloxías habilitantes da industria 4.0.

Francisco Javier Pérez Castelo 
Coordinador/a do estudo

Escola Universitaria Politécnica
Campus de Serantes, Avda. 19 de febrero s/n
15405 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais é un dos títulos que se poden cursar na Escola Politécnica Superior do Campus Industrial de Ferrol, centro do que saíron boa parte dos enxeñeiros que dan soporte tecnolóxico e dirixen as empresas que constitúen a armazón industrial de Galicia. Esta enxeñaría, a máis xeneralista das que se imparten, permite formar profesionais con capacidade para deseñaren, construíren, manteren e xestionaren equipos e instalacións industriais.

Os futuros enxeñeiros industriais adquiren amplos coñecementos nas diferentes áreas desta enxeñaría: enxeñaría mecánica, eléctrica, electrónica, enxeñaría enerxética, do medio ambiente, automática, materiais, organización industrial, produción, enxeñaría do deseño, enxeñarías de construción e instalacións industriais, enxeñaría do automóbil e enxeñaría do transporte.

Trátase dunha carreira cun moi elevado nivel de inserción laboral, pola amplitude multidisciplinar dos campos en que poden desenvolver a súa profesión. Intégranse en departamentos de produción, calidade, loxística, I+D, produción ou planificación. Realizan traballos como deseños de novos materiais, proxección e explotación de parques eólicos, centrais hidráulicas, pilas de combustible, construcións bioclimáticas etcétera.

Carolina Camba Fabal 
Coordinador/a do estudo

Escola Politécnica Superior
Campus de Esteiro, r/ Mendizábal s/n
15403 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Internacional
  • Bilingüe
  • Certificado EUR-INF

Na Facultade de Informática, do Campus Innova da Coruña, estúdase o grao en Enxeñaría Informática. É o único centro de Galicia en que a carreira asegura a cobertura de todas as competencias que se poden adquirir hoxe en día no ámbito da enxeñaría informática, pois os estudantes poden elixir, a partir do terceiro curso, entre algunha das cinco especialidades ou mencións existentes no sistema universitario español ou ben simultanear dúas delas: Computación, Enxeñaría de Computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da Información e Enxeñaría do Sóftware.

Nos dous primeiros cursos e o primeiro cuadrimestre de terceiro estúdanse materias básicas e obrigatorias como programación, sistemas intelixentes, algoritmos, cálculo, álxebra, tecnoloxía electrónica, redes, deseño de sóftware ou xestión de proxectos. O resto das materias son específicas de cada unha das especialidades mencionadas. É unha titulación plurilingüe, polo que se pode optar a cursar parte da carreira en inglés.

A profesión de enxeñeiro informático é transversal e pode desenvolverse nas administracións públicas ou no sector privado, tanto se é do sector das tecnoloxías da información e as comunicacións coma se é o departamento de informática calquera tipo de empresa ou consultoría. Os profesionais xestionan sistemas informáticos e redes de comunicación, desenvolven sóftware, controlan a seguridade ou asumen a dirección ou execución de plans de innovación tecnolóxica.

Laura Milagros Castro Souto 
Coordinador/a do estudo

Facultade de Informática
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Enxeñaría Mecánica, que se cursa na Escola Politécnica Superior do Campus Industrial de Ferrol, conduce ao título de graduado en Enxeñaría Mecánica e permite a especialización, ben en Estruturas e Construción, ben en Máquinas, a partir de terceiro e cuarto curso.

Os estudantes adquiren amplos coñecementos nas diferentes áreas desta enxeñaría: enxeñaría gráfica, cálculo, deseño e ensaio de máquinas, eléctrica, electrónica, enxeñaría térmica, deseño e cálculo de estruturas e construcións industriais, sistema fluído-mecánicos, enxeñaría de materiais, metroloxía, control de calidade ou procesos de fabricación, entre outras.

As principais saídas profesionais atópanse na produción e fabricación na industria en xeral e, en particular, a automobilística, equipos e compoñentes, maquinaria, electrodomésticos, robótica, mobiliario etcétera. Tamén teñen unha grande aceptación no mantemento industrial dos sectores enerxético, mecánico, metalúrxico, téxtil ou de alimentación, así como en departamentos de loxística e de calidade ou I+D+i.

Jesús Cardenal Carro 
Coordinador/a do estudo

Escola Politécnica Superior
Campus de Esteiro, r/ Mendizábal s/n
15403 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Enxeñaría Naval e Oceánica é un dos títulos que se imparten na Escola Politécnica Superior do Campus Industrial de Ferrol, o segundo centro máis antigo de España que imparte esta carreira, moi vinculada á tradición marítima de Galicia e de Ferrol en particular. Habilita para o exercicio da profesión regulada de enxeñeiro técnico naval coas atribucións profesionais das especialidades de Estruturas Mariñas e de Propulsión e Servizos do Buque.

O obxectivo da formación que se imparte neste grao é dotar o alumnado da capacidade profesional para abordar o conxunto do proxecto de buques e artefactos oceánicos, desde embarcacións de recreo ata grandes estruturas offshore, incluíndo a totalidade do proceso de deseño e construción do casco, sistema de propulsión e sistemas auxiliares.

As saídas profesionais dos graduados en Enxeñaría Naval e Oceánica abarcan todos os campos do sector. Inclúen a integración en oficinas técnicas navais, en estaleiros de construción e reparación naval, compañías navieiras, fábricas de motores e outros equipos auxiliares, consultorías, portos, explotación de recursos mariños (industria petroleira, enerxías renovables, acuicultura…), organismos públicos e privados de investigación, docencia, etcétera.

Marcos Míguez González 
Coordinador/a do estudo

Escola Politécnica Superior
Campus de Esteiro, r/ Mendizábal s/n
15403 Ferrol

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Bilingüe

A Escola Técnica Superior de Arquitectura, no campus da Coruña, é o único centro do sistema universitario galego que forma aos futuros arquitectos. Estes han de cursar o grao en Estudos de Arquitectura, de 300 créditos, como requisito indispensable para acceder ao Máster en Arquitectura, que é o título que habilita legalmente para o exercicio da profesión con plenas atribucións.

Ao longo do cinco anos da carreira, os alumnos e as alumnas reciben formación intensa en materias como construción, estruturas, proxectos, instalacións e urbanística, así como en materias básicas, como matemáticas e física para a arquitectura, teoría e historia da arquitectura, xeometría ou debuxo.

Ademais de dar acceso exclusivo ao Máster en Arquitectura, título profesional habilitante, o grao en Estudos de Arquitectura permite colaborar en procesos de deseño arquitectónico, plan urbanístico e territorial e intervención no patrimonio arquitectónico, así como no deseño de instalacións, na industria dos materiais e as técnicas da construción.

María Dolores Otero Chans 
Coordinador/a do estudo

Escola Técnica Superior de Arquitectura
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

Un dos catro títulos (dous graos e dous másteres) que se imparten na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, no campus da Coruña, é o grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo que habilita para o exercicio, a bordo dos buques, da profesión de piloto da mariña mercante, así como para acceder ao máster obrigatorio para a profesión de capitán da mariña mercante.

Todo o alumnado adquire formación en materias fundamentais (matemáticas, química, inglés…) e outras básicas como teoría do buque, dereito marítimo, manobra, navegación, sistemas enerxéticos e auxiliares, meteoroloxía, seguridade marítima ou estiba. En terceiro e cuarto, ademais das materias comúns, os estudantes optan entre dous itinerarios ou mencións. Un é o de Operación Náutica do Buque, que inclúe materias como transportes especiais, radiocomunicación, manobras, navegación ou simulación náutica. O outro é o de Xestión e Administración Marítima, con materias específicas, como xestión de empresas marítimas, xestión da contaminación, inspeccións, operador de tráfico, administración marítima ou códigos e convenios internacionais.

Ademais do exercicio profesional como piloto (a través da mención “operación náutica do buque”) a formación dos graduados en Náutica e Transporte Marítimo facilita a súa inserción laboral noutros ámbitos como as administracións marítimas central e periférica, autoridade portuaria, empresas navieiras, empresas aseguradoras, prácticos dos portos, estaleiros, oficiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira, control do tráfico, instalacións náutico-deportivas etcétera.

José Manuel Pérez Canosa 
Coordinador/a do estudo

Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
Paseo de Ronda 51
15011 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Interuniversitario

O primeiro grao compartido entre dúas universidades galegas é o grao en Paisaxe, introducido no sistema universitario no curso 2018-2019. Estúdase unha parte (1.º e 2.º cursos) na Escola Politécnica Superior do campus da Universidade de Santiago en Lugo e os dous anos restantes na Escola Técnica Superior de Arquitectura do campus da Coruña. Trátase dunha titulación con tradición na maioría países europeos coa que se quere fornecer a empresas e administracións os profesionais altamente cualificados necesarios para a planificación, o deseño e a xestión da paisaxe tanto en ambientes urbanos como rurais, forestais ou do medio natural.

Os alumnos e alumnas do grao en Paisaxe reciben formación multidisciplinar en materias diversas como proxecto, urbanística, topografía, arquitectura, medio ambiente, botánica, edafoloxía, bioloxía, arte, historia, ecoloxía, xeoloxía, hidroloxía, construción, xeografía, economía, socioloxía etc.

Os graduados en Paisaxe traballan no deseño e xestión de espazos abertos privados e públicos, como xardíns, parques, viarios ou prazas axardinados, contornas de complexos urbanísticos, industriais, comerciais ou deportivos, así como na contorna de infraestruturas públicas como estradas, minas, vertedoiros etcétera. Tamén na realización de avaliacións de impacto ambiental, na restauración de espazos alterados e en estudos de distinta índole para proxectos relacionados co paisaxismo e a contorna construída.

Cristina García Fontán 
Coordinador/a do estudo

Escola Técnica Superior de Arquitectura
Campus da Zapateira
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Certificado EUR-ACE

O grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil, que se imparte na ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, habilita para o exercicio da profesión regulada de enxeñeiro técnico de obras públicas, especialidade de construción civil, e dá acceso ao máster de dous anos que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos.

Ao longo do catro cursos do grao, o alumnado adquire unha sólida formación físico-matemática e especializada, estudando materias como álxebra, física aplicada, cálculo infinitesimal, materiais de construción, estruturas, hidráulica, xeotécnica, mecánica computacional, resistencia de materiais, debuxo ou formigón estrutural ou edificación e prefabricación, por citar algúns exemplos.

Os graduados e graduadas en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil traballan nas administracións, en empresas de construción, empresas de enxeñería, oficinas de proxectos, oficinas de consultoría técnica, universidades, centros de I+D+i ou no exercicio libre da profesión.

Ignacio Colominas Ezponda 
Coordinador/a do estudo

Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Campus de Elviña
15071 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial

O grao en Tecnoloxías Mariñas estúdase na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas do campus da Coruña. Ten carácter tecnolóxico e dá acceso ao exercicio, a bordo dos buques, das profesións de oficial de máquinas da mariña mercante e, co Máster en Enxeñería Mariña, á profesión de xefe de máquinas da mariña mercante.

Os dous primeiros anos estúdanse materias comúns e obrigatorias fundamentais (química, matemáticas, física, inglés) e específicas como mecánica de fluídos, construción naval, teoría do buque, termodinámica e termotecnia, ciencia e enxeñaría de materiais ou mecánica e resistencia de materiais. A partir de terceiro pódese elixir entre dous itinerarios. No de enerxía e propulsión estúdanse materias como motores de combustión interna, electrónica do buque, turbinas de vapor e gas, sistemas hidráulicos e pneumáticos ou técnicas enerxéticas aplicadas ao buque. O de oficial electrotécnico inclúe materias como máquinas eléctricas do buque, máquinas térmicas mariñas, electrónica dixital, instrumentación e sensórica ou propulsión eléctrica do buque.

Os graduados e graduadas acceden ao exercicio profesional como oficiais de máquinas ou oficiais electrotécnicos, pero tamén se insiren no ámbito laboral da administración marítima, ensino, inspección de buques, navieiras, sociedades de clasificación, estaleiros e calquera tipo de industrias que inclúan no seu proceso produtivo ou de servizos a xestión de máquinas térmicas, enerxía e mantemento.

Javier Romero Gómez 
Coordinador/a do estudo

Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
Paseo de Ronda 51
15011 A Coruña

i Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
ii Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
  • Oficial
  • Simultaneidade (dobre)

Desde o curso 2019-2020, a Escola Politécnica Superior imparte no Campus Industrial de Ferrol un dobre grao para acceder simultaneamente aos títulos de Enxeñaría Mecánica e de Enxeñaría Naval e Oceánica. É a única posibilidade en toda España de obter os dous graos ao mesmo tempo.

A duración dos estudos é de dez cuadrimestres, con 333 créditos. Cúrsanse materias de ambos os graos como matemáticas, física, mecánica, construción naval, ciencia, enxeñaría e resistencia de materiais, sistemas auxiliares do buque, estruturas mariñas, sistemas de propulsión, construcións industriais, hidrostática, hidrodinámica, debuxo naval, sistemas auxiliares do buque, proxecto do buque e artefactos mariños etcétera.

A dobre titulación incrementa de forma notable as saídas laborais que teñen cada un dos graos, debido ao coñecemento de dúas ramas da enxeñaría con gran relación, que se incrementará co desenvolvemento de aplicacións offshore. As principais saídas profesionais dos enxeñeiros mecánicos son a produción e fabricación na industria en xeral e en particular a automobilística, equipos e compoñentes, maquinaria, electrodomésticos, robótica, mobiliario, etcétera. Tamén teñen unha grande aceptación no mantemento industrial dos sectores enerxético, mecánico, metalúrxico, téxtil ou de alimentación, así como en departamentos de loxística e de calidade ou I+D+i. As saídas profesionais dos graduados en Enxeñaría Naval e Oceánica abarcan todos os campos do sector: oficinas técnicas navais, estaleiros de construción e reparación naval, compañías navieiras, fábricas de motores e outros equipos auxiliares, consultorías, portos, explotación de recursos mariños (industria petroleira, enerxías renovables, acuicultura…), organismos públicos e privados de investigación, docencia etcétera.