Estudarás en primeiro lugar a base científica e técnica común a todo enxeñeiro, para continuar con coñecementos da rama industrial e finalmente, cursar as materias da especialidade eléctrica. No cuarto curso ofértanse dúas opcións: un Módulo Transversal de Formación Académica, no que se afonda en contidos de Tecnoloxía Eléctrica e un Módulo Transversal de Formación Dual, ambos cunha duración de 60 ECTS.
Se optas pola Formación Dual integrarás os coñecementos adquiridos no contexto académico e profesional, competencias que te prepararán para o exercicio da actividade profesional e facilitarán a túa empleabilidade. Ademais, este tipo de formación posibilita que as empresas participen na selección do estudantado para formalos segundo as súas necesidades e incorporalos progresivamente aos seus organigramas. A formación actualizarase en tempo real para responder á demanda das empresas.
O módulo de Formación Académica permitirache afondar na especialización en Tecnoloxía Eléctrica, adquirindo deste xeito, unha capacitación profesional ligada directamente a sectores estratéxicos da Comunidade Galega, como son o industrial e o enerxético.
Cabe reiterar neste aspecto, tanto a gran demanda actual de titulados de Grao en Enxeñaría Eléctrica, como a previsión de futuro recollida en diversos estudos, nos que se sitúa a estes profesionais como un dos perfís máis buscados no mercado laboral para os próximos anos.
Adquirirás coñecementos e saber facer que te permitirán acceder a postos de traballo e perfís moi variados como poden ser: proxectos e dirección de obra, mantemento, organización industrial e da produción, asistencia técnica e/o comercial, xestión de compras e aprovisionamentos, calidade e medio ambiente, asesoría e consultoría, seguridade e saúde, ou Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
Podemos atopar enxeñeiros en sectores tan diversos como o sanitario, servicios, docente, xestión, I+D+i, produción ou administracións públicas.
Ademais de nos sectores clásicos de xeración e transporte de enerxía eléctrica (deseño de centrais enerxéticas, parques eólicos, enerxía solar, subestacións, centros de transformación….) e do deseño de instalacións, poderás traballar aplicando os novos avances científicos e tecnolóxicos para a implantación no noso sistema enerxético das novas tecnoloxías das redes intelixentes, (Smart Grid), en novos sistemas de mobilidade e transporte con vehículos e infraestruturas eléctricas, no deseño e concepción dos novos conceptos de cidade eficiente e intelixente (Smart City), e en definitiva, na nova concepción do sistema enerxético eléctrico como soporte fundamental do novo escenario enerxético, eficiente, intelixente, seguro, (Smart Energy).
A Escola Universitaria Politécnica dispón de convenios de colaboración educativa con máis de 80 empresas, entre as que se atopan: ALCOA, ENDESA GENERACIÓN S.A., FERROVIAL, GAMESA, GAS NATURAL SDG S.A., NAVANTIA, RED ELÉCTRICA, REGANOSA…
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Cálculo | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Informática | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Física I | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Expresión Gráfica | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Álxebra | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Física II | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estatística | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ciencia de Materiais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión Empresarial | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Ecuacións Diferenciais | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Termodinámica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Electricidade | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría Medioambiental | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Tecnoloxías de Fabricación | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mecánica de Fluídos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Automática | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Electrónica | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Resistencia de Materiais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría de Máquinas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Instalacións Eléctricas en Baixa Tensión | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Circuítos Eléctricos de Potencia | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Centrais Eléctricas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Instalacións Eléctricas en Media e Alta Tensión | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Automatización | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Electrónica de Potencia | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Instalacións de Enerxías Renovables | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Transporte de Enerxía Eléctrica | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Máquinas Eléctricas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Accionamento de Máquinas Eléctricas | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Organización de Empresas (Formación académica) | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría Gráfica (Formación académica) | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Vehículo Eléctrico (Formación Académica) | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Medidas e Tarifas Eléctricas (Formación académica) | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Xestión Eficiente da Enerxía Eléctrica (Formación Académica) | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Enxeñaría do Mantemento Industrial (Formación Académica) | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Domótica e Xestión Técnica das Instalacións (Formación Académica) | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Oficina Técnica (Formación Dual) | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Organización de Empresas (Formación Dual) | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría Gráfica (Formación Dual) | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas en Empresa I (Formación Dual) | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas en Empresa II (Formación Dual) | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 18,0 ECTS | |
| Prácticas en Empresa (Formación Académica) | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao (Formación Académica) | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 18,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao (Formación Dual) | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 18,0 ECTS | |
| Oficina Técnica (Formación académica) | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
A Escola mantén convenios de intercambio con universidades e institucións de educación superior de toda Europa. Cada ano publícanse varias convocatorias de mobilidade para que poidas cursar parte dos teus estudos nunha delas, obtendo pleno recoñecemento académico no teu expediente.