Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.
16 prazas ofertadas no curso 2024/2025
Independentemente de que todo alumno que cumpra cos requisito establecidos nos artigos 6 e 7 do Real Decreto 99/2011 do 28 de Xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de Doutoramento, para garantir a adecuada formación dos alumnos e os criterios de éxito do Programa de Doutoramento, establécense unha serie de criterios prioritarios de admisión, que non exclúen a ningún solicitante que posúa os requisitos do citado Real Decreto.>/p>
Os candidatos para ser admitidos no Programa terán acceso preferente cando teñan superado polo menos 60 ECTS nalgún dos máster da UDC que teñan algunha relación coas Ciencias Sociais e do Comportamento:
Tamén terán preferencia de acceso ao programa os estudantes co título de DEA obtido a través dos programas extinguidos ou en extinción vinculados aos departamentos que integran a Facultade de Socioloxía da UDC, así como ao Departamento de Psicoloxía e de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UDC.
A CAPD valorará a idoneidade da formación dos candidatos que acrediten superar polo menos 60 ECTS nalgún outro máster oficial cando tras a admisión preferente de alumnos/as queden prazas vacantes.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
- Terán preferencia de acceso a estes estudos os estudantes que dispoñan do título de grao en Socioloxía, Psicoloxía, Turismo, Ciencias Políticas, Ciencias da Administración, Antropoloxía Social, Educación Social, Psicopedagoxía, así como denominacións relacionadas e aquelas titulacións tamén relacionadas coas áreas de coñecemento das titulacións de Socioloxía e Psicoloxía. Valorarase o expediente académico do Grao ou Licenciatura e a Comisión outorgará un peso dun 35% a este criterio.
- Valorarase o expediente de Máster de cada candidato. De novo terán preferencia os Máster cursados en Facultades das titulacións especificadas. Valorarase o expediente académico de Máster de cada candidato ponderadamente, de forma que se entre o momento de finalización das materias do Máster e a defensa do Traballo Fin de Máster transcorrese un ano ou máis, esta valoración dividirase entre os anos transcorridos máis un. A Comisión outorgará un peso dun 35% a este criterio.
- En terceiro lugar, valorarase o coñecemento acreditado de idioma inglés, cun peso dun 20%. Para iso esixirase a posesión dun nivel de competencia lingüística B2 (usuario independente avanzado), segundo os criterios establecidos polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Superado o nivel B2, valorarase a posesión do nivel de competencia C1 ou C2. Así, do 20% desta puntuación, a posesión do nivel B2 implicará un 50% de peso neste criterio, do C1 un 75%, e do C2 un 100%.
- E en cuarto lugar, valoraranse as motivacións, habilidades e coñecementos do candidato nas Ciencias Sociais e do Comportamento mediante unha entrevista persoal. o peso desta entrevista na cualificación global será do 10%.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: