Este grao dotará aos seus egresados dunha formación completa, transversal e multidisciplinar que lles permitirá coñecer en profundidade os fundamentos de Nanociencia e Nanotecnoloxía para poder abranguer todos os procesos de desenvolvemento, investigación e aplicación dos nanomateriais. Os alumnos adquirirán as competencias, coñecementos e habilidades para desenvolver o seu traballo nun campo dos nanomateriais e os fenómenos fisicoquímicos realcionados con estes. Ademais, os alumnos que cursen este grao serán competentes para integrarse nun mercado laboral en calquera dos eidos relacionados co título e saberán valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
CE1 - Comprender os conceptos fundamentais, principios, teorías e feitos relacionados coa nanociencia e a nanotecnoloxía.
CE2 - Aplicar os conceptos fundamentais, principios, teorías e feitos relacionados coa nanociencia e a nanotecnoloxía para resolver problemas cuantitativos ou cualitativos.
CE3 - Recoñecer e analizar problemas físicos, químicos, matemáticos e biolóxicos no campo da nanociencia e nanotecnoloxía, así como propoñer solucións ou proxectos de investigación axeitados para a súa resolución, incluíndo o uso de fontes bibliográficas.
CE4 - Realizar investigación sobre a síntese, preparación, caracterización e estudo das propiedades dos materiais a nanoescala.
CE5 - Comprender as características estruturais dos nanomateriais, incluíndo as principais técnicas para a súa identificación e caracterización.
As posibilidades de emprego son moi amplias. Os egresados poderán aplicar as súas capacidades e talento en calquera das posibles aplciacións da Nanociencia e a Nanotecnoloxía, estando en condicións de traballar conxuntamente co especialistas, investigadores, axentes, institucións e profesionais de distintos sectores, pero tamén en situación de impulsar os seus propios proxectos como emprendedores. A Nanociencia é unha disciplina de carácter fundamental e a Nanotecnoloxía presenta unha inclinación tecnolóxica e aplicada, pero ambas as dúas disciplinas están a conectar con todos os sectores científico – técnicos e, a partir destas, están xurdindo innovacións científico –tecnolóxicas que dan respostas a moitos problemas da sociedade actual (abranguendo campos como medicina, farmacia, física, química, bioloxía, tecnoloxías da información e da comunicación, producción e almacenamento de enerxía, novos materiais, fabricación nanométrica, tecnoloxía dos alimentos, tecnoloxías da auga e do medio ambiente, etc). Nun futuro inmediato, tendremos moitos outros sectores e tecnolóxia que mellorarán e incrementarán o noso benestar e contribuirán á sustentabilidade da nosa sociedade, algúns dos cales non podemos imaxinar neste momento. Por todo isto, constitúen un dos motores máis iportantes da nova industria y da sociedade do coñecemento.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Fundamentos de Matemáticas | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mecánica e Ondas | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Bioloxía Celular | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Laboratorio Básico Integrado | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química: Enlace e Estrutura | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Cristalografía e Simetría | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Electricidade e Magnetismo | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química: Equilibrio e Cambio | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ampliación de Cálculo | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Informática | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Química dos Elementos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Reactividade Orgánica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Métodos Numéricos e Estatísticos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise Instrumental | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Cuántica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ecuacións Diferenciais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Espectroscopía | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Termodinámica: Equilibrio e Fases | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Bioquímica Estrutural | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Síntese e Preparación de Nanomateriais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Ciencia de Superficies | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estado Sólido | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Bioquímica Molecular e Metabólica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Microbioloxía e Inmunoloxía | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Cinética e Catálise | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Supramolecular | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Polímeros | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Biotecnoloxía | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 2 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Sensorización | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Nanotoxicoloxía | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fotónica e Optoelectrónica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Nanociencia e Nanotecnoloxía Computacional | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Computación Cuántica | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Máquinas Moleculares | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Nanotecnoloxía en Medicina | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Nanotecnoloxía en Medio Ambiente | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Nanotecnoloxía en Instrumentación e Robótica | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Nanofabricación | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Física na Nanoescala | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Cristalografía Avanzada | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Nanotecnoloxía en Farmacia | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Nanotecnoloxía na Industria Alimentaria | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Nanomateriais en Enxeñaría Civil | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.