Programa de simultaneidade do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais

2024/2025 · 354 créditos

Que se aprende

Os graduados no Programa de simultaneidade do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais aprenderán a aplicar os conceptos e técnicas propias das varias áreas funcionais da empresa e estarán capacitados para tomar decisións e asumir tarefas de dirección, cunha gran capacidade analítica para a resolución de problemas. Así mesmo, ademais de estar capacitados para afrontaren responsabilidades en postos directivos en contextos económicos e empresariais caracterizados pola súa complexidade e dinamismo, terán unha visión profunda dos fundamentos e dimensións do turismo.

Unha parte fundamental destes estudos é a combinación da formación teórica e práctica, o "saber" e o "saber facer", que é a clave para calquera profesional. Os alumnos deben entender que a industria turística se sustenta sobre unha vocación de servizo e a capacidade dos seus profesionais para se desenvolveren en ámbitos multiculturais, demostrando habilidades de comunicación e interacción.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Os graduados en Turismo e Ciencias Empresariais estarán moi ben posicionados para accederen ao mercado laboral tanto nacional como internacional, ao poderen optar a un grande abano de saídas profesionais no mundo da empresa en xeral e as administracións públicas, ademais dos campos especializados da industria turística, un dos sectores que máis postos de traballo xera en España.

Poderán ocupar postos de responsabilidade en múltiplas áreas corporativas, incluídas as de contabilidade, márketing-comercialización, vendas, finanzas, loxística, recursos humanos, organización, dirección estratéxica e sistemas de información.

Canto á industria turística, terán acceso a oportunidades laborais en sectores tales como a industria hoteleira, organización de congresos e eventos, operadoras de turismo e axencias de viaxes, compañías de transporte, empresas de márketing, promoción e comunicación, xestión de destinos e produtos turísticos e información turística, alén de organismos oficiais de turismo locais, autonómicos, nacionais e internacionais.

Tamén poderán continuar os seus estudos e investigar a través dos programas de mestrado e doutoramento.

Planificación do ensino

O programa de simultaneidade terá unha duración de dez cuadrimestres. O número de créditos necesarios para superar o programa é de 354 ECTS distribuídos de forma que se indica no Anexo I da Normativa específica para a simultaneidade do grao en Turismo e o grao en Ciencias Empresariais .

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Introdución ao Dereito Formación básica 6 ECTS
Principios de Microeconomía Formación básica 6 ECTS
Economía da Empresa: Función Organizativa Formación básica 6 ECTS
Matemáticas I Formación básica 6 ECTS
Historia da Empresa Formación básica 6 ECTS
Economía da Empresa: Función Financeira Formación básica 6 ECTS
Xeografía do Turismo Formación básica 6 ECTS
Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas Formación básica 6 ECTS
Idioma Moderno: Inglés Formación básica 6 ECTS
Patrimonio Cultural Formación básica 6 ECTS
Informática de Xestión e do Coñecemento Formación básica 6 ECTS
Introdución ao Turismo Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito Mercantil Obrigatorio 6 ECTS
Estatística I Formación básica 6 ECTS
Matemáticas II Formación básica 6 ECTS
Análise das Operacións Financeiras Obrigatorio 6 ECTS
Macroeconomía Formación básica 6 ECTS
Informática Aplicada á Empresa Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía do Turismo Formación básica 6 ECTS
Intermediación Turística e Transporte I Obrigatorio 6 ECTS
Aloxamentos e Restauración I Obrigatorio 6 ECTS
Primeiro Idioma Moderno I: Inglés Obrigatorio 6 ECTS
Márketing Turístico Obrigatorio 6 ECTS
Segundo Idioma Moderno I: Francés Obrigatorio 6 ECTS
Segundo Idioma Moderno I: Alemán Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Economía Mundial e Española Obrigatorio 6 ECTS
Réxime Fiscal da Empresa I Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade Financeira I Obrigatorio 6 ECTS
Organización de Empresas Obrigatorio 6 ECTS
Estatística II Obrigatorio 6 ECTS
Bases de Datos para a Empresa Obrigatorio 6 ECTS
Recursos Territoriais Turísticos Obrigatorio 6 ECTS
Intermediación Turística e Transporte II Obrigatorio 6 ECTS
Aloxamentos e Restauración II Obrigatorio 6 ECTS
As TIC Aplicadas ao Turismo Obrigatorio 6 ECTS
Primeiro Idioma Moderno II: Inglés Obrigatorio 6 ECTS
Segundo Idioma Moderno II: Francés Obrigatorio 6 ECTS
Segundo Idioma Moderno II: Alemán Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Contabilidade Financeira II Obrigatorio 6 ECTS
Dirección Financeira I Obrigatorio 6 ECTS
Réxime Fiscal da Empresa II Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade de Custos Obrigatorio 6 ECTS
Introdución á Econometría Obrigatorio 6 ECTS
Dereito do Traballo e da Seguridade Social Obrigatorio 6 ECTS
Xestión Turística do Patrimonio Obrigatorio 6 ECTS
Comercialización de Produtos Turísticos Obrigatorio 6 ECTS
Xestión Pública do Turismo Obrigatorio 6 ECTS
Xestión de Calidade Obrigatorio 6 ECTS
Segundo Idioma Moderno III: Francés Obrigatorio 6 ECTS
Segundo Idioma Moderno III: Alemán Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dirección Financeira II Obrigatorio 6 ECTS
Réxime Fiscal da Empresa III Obrigatorio 6 ECTS
Sistema Financeiro Español Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade de Sociedades Obrigatorio 6 ECTS
Análise de Estados Financeiros Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS
Prácticas Externas Obrigatorio 24 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Humanidades, Letras, Matemáticas, Psicoloxía e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.