En primeiro lugar, estudarás a base científica e técnica común a todo enxeñeiro. Posteriormente, afondarás nos coñecementos propios da rama industrial, para finalmente especializarte no ámbito da electrónica industrial e a automática.
Aprenderás a:
Podemos atopar Enxeñeiros en Electrónica Industrial e Automática en sectores tan diversos como o sanitario, servizos, docente, xestión, I+D+I, produción ou administracións públicas.
Os seus coñecementos e saber facer permítenlle acceder a postos de traballo e perfís moi variados como poden ser: proxectos e dirección de obra, mantemento, organización industrial e da produción, asistencia técnica e/ou comercial, xestión de compras e aprovisionamentos, calidade e ambiente, asesoría e consultoría, seguridade e saúde, ou Investigación Desenvolvemento e Innovación.
Os graduados ou graduadas en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática poden exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, tanto no ámbito da Administración e organismos públicos (incluíndo a docencia), como no da empresa privada, ou ben exercela como profesional libre en calquera sector da industria.
Traballarás en:
A EPEF dispón de máis de 200 convenios asinados con empresas de todos os sectores industriais. Entre elas:
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Cálculo | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Informática | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Física I | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Expresión Gráfica | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Álxebra | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Física II | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estatística | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ciencia de Materiais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión Empresarial | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Ecuacións Diferenciais | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Termodinámica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Electricidade | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría Medioambiental | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Tecnoloxías de Fabricación | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mecánica de Fluídos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Automática | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Electrónica | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Resistencia de Materiais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría de Máquinas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Fabricación Aditiva | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Realidade Aumentada e Simulación de Procesos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| BIM e Edificios Intelixentes | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Sistemas Eléctricos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Electrónica Analóxica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Electrónica Dixital | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Automatización I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Informática Industrial | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Sistemas Dixitais I | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Instrumentación Electrónica I | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría de Control | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Internet das Cousas (IoT) | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Robótica | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Big Data e Análise de Datos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Control Avanzado | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Control Intelixente e Sistemas de Supervisión | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Deseño de Equipos Electrónicos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Prácticas en Empresa | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Prevención de Riscos Laborais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Sistemas Dixitais II | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Oficina Técnica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Electrónica de Potencia | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Automatización II | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Organización de Empresas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Robótica Industrial | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.