O Mestrado responde ao obxectivo fundamental de cubrir a necesidade de formar profesionais da Edificación especializados para conseguir os obxectivos de converxencia prantexados na Directiva 2012/27/UE para o crecemento sustentable no horizonte 2030 e recollidos no Plan de Acción de Ahorro y Eficiencia Energética del Estado Español para el horizonte 2030. Para isto proponse, con argumentos, estratexias e instrumentos, a necesaria reconversión do sector da edificación para facer fronte ao reto de la sustentabilidade, formando a os profesionais para que, desenvolvendo as competencias necesarias podan liderar este profundo cambio sectorial.
O Plan de Estudos consta de 14 materias obrigatorias de 3 créditos cada unha, un Traballo Fin de Mestrado obrigatorio de 6 créditos, e unha oferta de 12 materias optativas de 3 créditos cada unha, entre as cales o estudante poderá confeccionar o seu propio currículo mediante a libre elección de 4 desas materias para completar os 60 ECTS necesarios para a obtención do título.
Para a obtención do título, os alumnos deberán superar 60 ECTS. Os 60 ECTS computaranse mediante a superación de 54 créditos ECTS no conxunto das materias obrigatorias e optativas ( 42 obrigatorios e 12 optativos), máis os 6 créditos do Traballo de Fin de Mestrado.
O Traballo de Fin de Mestrado está complementado coa materia obrigatoria de 3 ECTS "Introdución ao TFM: metodoloxía e planificación da investigación''. O seu propósito é dar unha formación en competencias transversais axeitadas para a elaboración dos Traballos de Fin de Mestrado e a introdución á comunicación científica e a xestión de proxectos de investigación ou transferencia tecnolóxica. Desta forma respóndese aos obxectivos de integrar o interese profesional co prantexamento de liñas de I+D+I e transferencia tecnolóxica.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Sistemas de Xestión Medioambiental | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Análise de Ciclo de Vida | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Materiais Construtivos Innovadores e Eficientes | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Introdución ao TFM : Metodoloxía e Planificación da Investigación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Sistemas Construtivos Avanzados | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión Avanzada de Información en Edificación: SIG e BIM | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Tecnoloxías Avanzadas de Representación Gráfica en Edificación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Principios da Avaliación e a Certificación da Sostibilidade na Edificación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Estruturas Ecoeficientes | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Estratexias Construtivas en Arquitectura Pasiva e Bioclimática | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Sistemas e Instalacións Baseadas en Enerxías Renovables e Microcoxeración | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Técnicas de Montaxe e Integración dos Sistemas de Enerxías Renovables | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Estratexias Sostibles con Solucións Construtivas Tradicionais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Smart Cities. Tecnoloxías Emerxentes para Cidades Sostibles | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Metodoloxías de Certificación de Sostibilidade na Edificación (Breeam, Leed, Verde) | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Metodoloxías de Certificación de Sostibilidade na Edificación (Passivhaus) | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Demolición Selectiva e Xestión de Residuos (RCD). Chans Contaminados | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Certificación da Calidade Acústica e Proxectos Acústicos na Edificación | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Auditoría Enerxética e Avaliación da Eficiencia na Edificación I: Uso Residencial e Pequeno Terciario | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Auditoría Enerxética e Avaliación da Eficiencia na Edificación II: Gran Terciario | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Técnicas de Aforro e Uso Eficiente da Enerxía nos Edificios: Rehabilitación Enerxética | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Técnicas de Acondicionamento e Certificación IAQ da Calidade Ambiental Interior na Edificación | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Anual | 6,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.