Máster Universitario en Fabricación Aditiva

2024/2025 · 60 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

As persoas que queiran ser admitidas no título deberán estar preferentemente en posesión dun Grao do ámbito industrial:

• Grao en Enxeñaría Mecánica • Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais • Grao en Enxeñaría Eléctrica • Grao en Química Industrial • Grao en Enxeñaría en Organización Industrial • Grao de Enxeñaría en Deseño Industrial e desenvolvemento de produto • Graos do ámbito da Enxeñaría Biomédica • Graos do ámbito da Enxeñaría de Minas e Enerxía.

A comisión académica do máster estudiará a adecuación doutras titulacións afíns pertencentes ao ámbito científico-tecnolóxico e que non figuren na listaxe anteriormente indicada

Requisitos de acceso comúns

Os requisitos de acceso ao Máster Universitario en Fabricación Aditiva son os xerais establecidos pola normativa vixente.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

10 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Criterios e procedementos de admisión

A Comisión Académica do Máster estudará a adecuación de titulacións afíns pertencentes ao ámbito científico-tecnolóxico que non figuren no listado previamente indicado. Ademais de cumprir coas condicións mínimas esixidas pola normativa vixente, a Comisión poderá rexeitar aquelas solicitudes cuxa titulación de acceso non permita aproveitar axeitadamente as ensinanzas do Máster, é dicir, que non se atopen dentro do ámbito recomendado.

En particular, a Comisión Académica do Máster poderá realizar, se fose necesario, unha entrevista persoal coa persoa candidata para valorar a súa solicitude e garantir o axeitado aproveitamento das ensinanzas, segundo os requisitos e criterios establecidos para a admisión no título. Cando proceda, a Comisión definirá os complementos formativos necesarios para cada estudante.

Os criterios de admisión basearanse en dous aspectos principais: adecuación da titulación de acceso ao perfil recomendado e expediente académico. Estes criterios valoraranse coa seguinte puntuación:

  • Titulación de acceso: entre 0 e 2 puntos, segundo a idoneidade da titulación co perfil recomendado.
  • Expediente académico da titulación de acceso: entre 0 e 1 punto.

A puntuación obtida xera unha ordenación xerárquica de preferencia. As solicitudes ordénanse segundo dita puntuación, admitíndose estudantes ata cubrir as prazas ofertadas. As solicitudes con documentación incompleta que impida a súa avaliación serán rexeitadas.

Prazos

Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: