Alén de afondar na tecnoloxía naval e oceánica, o mestrado ten amplos contidos en xestión e explotación de industrias marítimas.
Este mestrado ten unha duración de 120 ECTS distribuídos en dous cursos académicos, coa seguinte repartición:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Proceso Integral do Proxecto do Buque | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Deseño e Optimización de Plantas de Enerxía e Propulsión | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estabilidade en Avarías | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Aproveitamento de Recursos Mariños | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Oceanografía | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mantemento e Apoio Loxístico Integrado | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mecánica de Medios Continuos Computacional | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Métodos Numéricos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Sistemas de Propulsión | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Máquinas e Motores Térmicos Mariños | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Equipos e Servizos | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Proxectos de Buques e Artefactos | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ampliación de Hidrostática e Hidrodinámica | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estruturas Navais | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Novas Tecnoloxías de Enxeñaría Naval | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Contabilidade, Planificación e Control de Custos | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Climatización e Refrixeración | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Sistemas de Control | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Hidrodinámica Computacional | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Comportamento e Maniobrabilidade | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Dinámica de Artefactos Oceánicos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise e Optimización do Ciclo de Vida | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Xestión e Organización da Produción | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Loxística, Distribución e Transporte Marítimo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Prácticas Externas Optativas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.