Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

2023/2024 · 240 créditos

Que se aprende

Os coñecementos necesarios para comprender a complexidade e o carácter dinámico e interrelacional do traballo, atendendo de forma integrada ás súas perspectivas xurídica, organizativa, psicolóxica, sociolóxica, histórica e económica. Aplicación dos coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nos seus diversos ámbitos de actuación: asesoramento laboral, xestión e dirección de persoal, organización do traballo e xestión e mediación no mercado de traballo. Uso das TIC.

Competencias xenéricas

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos fomenta, no marco dunha conduta ética e responsable, a identificación, análise, planificación e resolución de situacións propias das actividades dos xestores de persoas nas organizacións en relación coa sociedade, primando o traballo en equipo e rede; e inspira, igualmente, a capacidade crítica e a cultura emprendedora.

Competencias específicas

Estes estudos permítenlles aos estudantes adquirir coñecementos e a experiencia necesaria para exercer a súa profesión tanto no xurídico como no organizativo dos recursos humanos por medio dun acercamento multidisciplinar ás relacións laborais e ao emprego, tanto desde o estudo da normativa laboral como desde unha dimensión social e psicolóxica.

Competencias transversais

Trabállase de forma específica cos alumnos a adquisición de competencias no uso das TIC aplicadas ao ámbito laboral, a consolidación das linguas estranxeiras mediante programas de formación propios e programas de mobilidade, e o achegamento ao mundo laboral a través das prácticas en empresas. Asemade, propíciase o traballo en equipo, a capacidade de xestión de información e a toma de decisións baseadas na calidade, e foméntase a flexibilidade e o liderado en ámbitos multiculturais.

Saídas profesionais e académicas

As múltiplas saídas que ofrece esta titulación convértenna nunha das máis polivalentes no mercado de traballo. Segundo as pautas curriculares, o perfil dos egresados no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos responde a profesionais independentes, responsables e con valores baseados na xustiza social que poden exercer a súa actividade en diversos postos de traballo, así como en diferentes sectores de actividade.

Contorno profesional no que se sitúa

Empresas Administracións Públicas Despachos profesionais Sindicatos ONG e outras entidades sen ánimo de lucro Docencia

Saídas profesionais e académicas

Graduado/a social ou asesor/a laboral Dirección e xestión de recursos humanos Axentes de emprego e desenvolvemento local Prevención de riscos laborais Auditor/a sociolaboral

Empresas e institucións colaboradoras

Empresa Administracións públicas Despacho profesional Sindicatos ONG e outras entidades sen ánimo de lucro Docencia

Planificación do ensino

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos estrutúrase en 240 créditos ao longo dunha secuencia formativa de catro anos académicos (60 ECTS por curso), que á súa vez se dividen en dous cuadrimestres. O plan de estudos conta cunha oferta total de 276 créditos. Esta oferta inclúe toda a formación práctica e teórica que o/a estudante debe adquirir segundo a distribución que o Grao en Relación Laborais e Recursos Humanos mantén canto ás materias básicas da rama, materias obrigatorias e materias optativas, Traballo de Fin de Grao e outras actividades formativas.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Introdución ao Dereito Formación básica 6 ECTS
Introdución á Economía Formación básica 6 ECTS
Organización de Empresa Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía do Traballo Formación básica 6 ECTS
Informática Básica Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Societario e Cooperativo Formación básica 6 ECTS
Economía e Empresa Formación básica 6 ECTS
Métodos de Traballo Formación básica 6 ECTS
Historia Social e Política Contemporánea Formación básica 6 ECTS
Teoría das Relacións Laborais Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito do Traballo I Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Sindical I Obrigatorio 6 ECTS
Dirección e Xestión de RRHH I Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía do Traballo Formación básica 6 ECTS
Estatística Descritiva Formación básica 6 ECTS
Dereito do Traballo II Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Sindical II Obrigatorio 6 ECTS
Dirección e Xestión de RRHH II Obrigatorio 6 ECTS
Comportamento Organizacional Obrigatorio 6 ECTS
Técnicas de Investigación Social Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito da Seguridade Social I Obrigatorio 6 ECTS
Prevención e Xestión de Riscos Laborais I Obrigatorio 6 ECTS
Economía Española Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Laboral Comunitario e Inst. da Unión Europea Optativo 6 ECTS
Habilidades e Técnicas de Comunicación Empresarial Optativo 6 ECTS
Historia Social do Traballo Optativo 6 ECTS
Sistema Impositivo e Fiscalidade da Empresa Optativo 6 ECTS
Dereito da Seguridade Social II Obrigatorio 6 ECTS
Prevención e Xestión de Riscos Laborais II Obrigatorio 6 ECTS
Economía do Traballo Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Administrativo Obrigatorio 6 ECTS
Auditoría Laboral Optativo 6 ECTS
Xestión Medioambiental Optativo 6 ECTS
Procedemento Administrativo Laboral e Sancionador Optativo 6 ECTS
Socioloxía do Consumo Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Optativo anual 12 ECTS
Técnicas de Negociación Obrigatorio 6 ECTS
Dirección Estratéxica Obrigatorio 6 ECTS
Prácticas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Procesual Laboral Obrigatorio 6 ECTS
Políticas Sociolaborais Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

Para a elaboración do proxecto final e unha vez recibidas as alegacións oportunas, tivéronse en conta os informes emitidos polas seguintes entidades: Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia Consello Galego de Relacións Laborais Colexios oficiais de graduados sociais da Coruña e Ourense Cámara de Comercio de Ferrol UGT Galicia CC.OO. Confederación Intersindical Galega (CIG) Asociacións e confederacións empresariais de Ferrol e Comarca Libro Branco do título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos elaborado pola Conferencia de Decanos e Directores de Relacións Laborais e Ciencias do Traballo dentro do Programa de Converxencia Europea da ANECA

Procedementos de consulta empregados

Logo de consultar os departamentos con docencia neste centro, designáronse os membros da Comisión Redactora do Título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da UDC, que se encargaron de elaborar a proposta. Esta comisión estivo formada por sete profesores, dous estudantes e un membro do PAS do centro de Ferrol, así como o director e dous profesores do centro da Coruña. A través dos profesores membros da Comisión estiveron representados todos os departamentos e a maior parte das áreas de coñecemento con docencia na titulación. Unha vez aprobada a composición da Comisión Redactora do Título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da UDC mantivéronse unha serie de reunións orientadas á elaboración do plan de docencia co obxecto de acordar a definición das materias básicas e obrigatorias, así como as optativas, da titulación; os descritores das materias; a distribución das materias por cuadrimestre; os profesores responsables das materias, e as competencias da titulación etc. A súa proposta foi aprobada pola Xunta de Facultade o 31 de outubro de 2008.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Saúde, Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Humanidades, Matemáticas, Psicoloxía e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

https://www.udc.gal/es/ori/inf_estudiantes_UDC?/