Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos

2025/2026 · 120 créditos

Que se aprende

No Mestrado adquirirás unha formación integral que abrangue todo o ciclo de vida dun videoxogo, desde a idea inicial ata o seu lanzamento ao mercado. Aprenderás a: 
  • Transformar conceptos creativos en proxectos viables. 
  • Deseñar mecánicas, personaxes, narrativas e experiencias inmersivas. 
  • Desenvolver prototipos e implementacións técnicas profesionais. 
  • Comprender as claves do márketing, a comercialización e o posicionamento dun produto dixital. 
  • Traballar en equipos multidisciplinares simulando a realidade da industria. 

O noso obxectivo é que te convirtas nunha persoa profesional versátil, creativa e preparada para destacar nun sector en constante crecemento. 

Saídas profesionais e académicas

Ao finalizar o mestrado estarás preparado/a para incorporarte a unha ampla variedade de perfís profesionais dentro da industria: 

🎮 Deseño e creación 

  • Game/Level designer 
  • Deseño narrativo 
  • Deseño UX/UI 
  • Artista conceptual, técnico, 2D/3D ou animador/a 

💻 Programación e desenvolvemento 
  • Programador/a de motores, IA, físicas, interfaces ou gráficos 
  • Desenvolvedor/a de ferramentas 
  • Technical designer 

📢 Márketing e industria 
  • Especialista en márketing e lanzamento de videoxogos 
  • Produción e Xestión de produto 
  • Analista de negocio e datos 
  • Especialista en monetización 

🧭 Outras oportunidades 
  • Emprendemento en proxectos indie 
  • Consultoría creativa e dixital 
  • Doutoramento ou investigación universitaria 

Contorno profesional no que se sitúa

As competencias adquiridas no Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos encaixan nunha contorna profesional ampla e en constante crecemento, que abrangue tanto estudos de desenvolvemento de videoxogos como empresas tecnolóxicas, axencias de comunicación dixital, produtoras audiovisuais e departamentos de innovación. O dominio de habilidades en deseño, programación, arte, experiencia de usuario e xestión de produtos interactivos permite ao alumnado integrarse en equipos multidisciplinares e participar en todas as fases do desenvolvemento de proxectos dixitais. Así mesmo, estas competencias son aplicables a sectores emerxentes como a realidade virtual e aumentada, a produción virtual, a simulación, os serious games e a gamificación, onde a demanda de perfís creativos e técnicos continúa en expansión.


Saídas profesionais e académicas

Ao finalizar o mestrado estarás preparado/a para incorporarte a unha ampla variedade de perfís profesionais dentro da industria: 

🎮 Deseño e creación 

  • Game/Level designer 
  • Deseño narrativo 
  • Deseño UX/UI 
  • Artista conceptual, técnico, 2D/3D ou animador/a 

💻 Programación e desenvolvemento 
  • Programador/a de motores, IA, físicas, interfaces ou gráficos 
  • Desenvolvedor/a de ferramentas 
  • Technical designer 

📢 Márketing e industria 
  • Especialista en márketing e lanzamento de videoxogos 
  • Produción e Xestión de produto 
  • Analista de negocio e datos 
  • Especialista en monetización 

🧭 Outras oportunidades 
  • Emprendemento en proxectos indie 
  • Consultoría creativa e dixital 
  • Doutoramento ou investigación universitaria 

Empresas e institucións colaboradoras

O Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos mantén convenios de colaboración con estudos de videoxogos e entidades do sector que contribúen de forma activa á formación do alumnado. Grazas a estas alianzas, o estudantado pode participar en prácticas profesionais, recibir mentoría especializada e coñecer de primeira man o funcionamento real da industria. A continuación detállanse algunhas das empresas e institucións que forman parte desta rede de colaboración: 
  • Acadevi (Asociación Canaria de Desenvolvedores de Videojuegos)
  • Acariño Games  
  • Antaruxa
  • Aruma Studios
  • Baroque Decay  
  • Celtic Rain
  • Digital Monster Collective 
  • Digital Sun Games
  • Ficción Producións
  • Fundación Museo do Videoxogo de Galicia
  • Hyliacom Comunicación Creativa
  • Gammera Nest
  • Ilux Technologies
  • Infinite Thread Games
  • imaxin
  • Iseltec
  • Maxina 
  • Pentakill
  • Red Mountain
  • Tsunoa Games 
  • Videoxogo.gal (Asociación Galega de Videojuegos e contidos interactivos)

Planificación do ensino

O Mestrado Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos é un programa presencial de dous anos orientado a reproducir de forma académica o proceso industrial completo de creación dun videoxogo, desde a conceptualización inicial ata o seu lanzamento ao mercado. O plan de estudos está organizado para que o alumnado avance de maneira progresiva a través de todas as etapas do desenvolvemento, combinando formación teórica, práctica e traballo en equipo. Os idiomas de impartición son castelán e galego.

No primeiro curso, o estudantado centrarase na viabilidade, deseño e planificación do proxecto, elaborando un Documento de Deseño de Videoxogo completo que serve de base para a súa posterior desenvolvemento. No segundo curso, abórdanse os procesos de produción, implementación e comercialización, empregando motores de xogo e xeramentas profesionais. O programa culmina cun Traballo Fin de Máster e coa realización de prácticas en empresa.

O itinerario está deseñado para acoller perfís diversos —tanto técnicos como artísticos—, fomentando equipos multidisciplinares que emulan a contorna real do sector. Para iso, a titulación ofrece dúas intensificacións optativas:

  • Arte e Creación 3D, centrada no desenvolvemento dos elementos visuais e artísticos do videoxogo.
  • Programación e aplicacións avanzadas, orientada á implementación técnica e funcional do producto.

Estas intensificacións permiten ao estudantado especializarse, pero tamén combinalas libremente para adaptarse aos seus intereses. Grazas a esta estrutura flexible, é posible desenvolver proxectos completos incluso sen dominar todas as áreas, aproveitando recursos dispoñibles en motores comerciais. O resultado final do programa é un prototipo funcional con calidade profesional que prepara o alumnado para a súa incorporación ao sector.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Deseño Narrativo Obrigatorio 3 ECTS
Fundamentos de Gráficos por Computador Obrigatorio 3 ECTS
Taller de Deseño de Videoxogos I Obrigatorio 3 ECTS
Deseño de Personaxes Obrigatorio 3 ECTS
Deseño de Xogabilidade Obrigatorio 3 ECTS
Deseño de Contornas Obrigatorio 3 ECTS
Deseño de Niveis Obrigatorio 3 ECTS
Deseño de Interfaces Obrigatorio 3 ECTS
Taller de Deseño de Videoxogos II Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Programación para Videoxogos Optativo 6 ECTS
Videoxogos 2D Optativo 3 ECTS
Rendemento e Optimización de Videoxogos Optativo 3 ECTS
Programación Avanzada para Videoxogos Optativo 3 ECTS
Captura de Movemento Optativo 3 ECTS
Desenvolvemento para Dispositivos Móbiles Optativo 3 ECTS
Simulación Optativo 6 ECTS
Intelixencia Artificial Optativo 3 ECTS
Xogos Serios Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 9 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.