Máster Universitario en Economía

2023/2024 · 60 créditos

Que se aprende

O MiE ten como obxectivo desenvolver no estudantado un conxunto de competencias que lles permita incorporarse á vida profesional cunha elevada capacitación para a toma de decisións estratéxicas ou, de ser o caso, afrontar con éxito posteriores estudos de doutoramento.

Competencias xenéricas

  1. Aplicar os coñecementos de economía á identificación, previsión e solución dos problemas económicos en xeral, e en particular os relativos ao nivel de especialización, en contornos novos ou pouco coñecidos.
  2. Capacidade de concibir, deseñar e poñer en práctica un proceso substancial de investigación no campo da economía en xeral, e en particular nas súas áreas de especialización, con rigor académico.
  3. Capacidade para realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  4. Capacidade para fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social e cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
  5. Capacidade para a crítica e a defensa intelectual das solucións propostas.
  6. Traballar tanto en equipo como de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar.
  7. Capacidade para presentar e defender con rigor, claridade e precisión novas ideas tanto no contorno habitual de traballo como en reunións científicas nacionais ou internacionais.
  8. Capacidade para entender e explicar datos económicos e para traballar con eles mediante as técnicas máis actuais.

Saídas profesionais e académicas

Aínda que o título está pensado para estudantes que aspiran a continuar a súa formación académica cos estudos de doutorado, tamén contempla unha formación de alto nivel útil para, por exemplo, postos de alta dirección en empresas e/ou institucións públicas e privadas ou profesionais de libre exercicio no ámbito da consultaría e asesoramento especializado económico-empresarial. Trataríase de formar a persoas altamente cualificadas, con espírito crítico e capaces de emprender e desenvolver iniciativas empresariais propias.

Contorno profesional no que se sitúa

Formamos profesionais que terán que desenvolver a súa profesión en contornos caracterizados pola súa complexidade e dinamismo. Neste sentido, combínanse unha robusta formación no eido teórico económico cunha orientación práctica que fai do curso unha opción atractiva para o estudantado que desexe orientar a súa vida profesional pola empresa.

Saídas profesionais e académicas

Este mestrado interuniversitario dá acceso a calquera programa de doutoramento competitivo a nivel nacional ou internacional. Alén disto, os titulados do MiE estarán capacitados para realizar un traballo profesional que requira coñecementos económicos avanzados e métodos econométricos de aplicación nas distintas áreas da administración pública e dos sectores económico-empresarial público e privado.

Empresas e institucións colaboradoras

Existen convenios con diferentes empresas e entidades públicas para a realización de prácticas curriculares.

Planificación do ensino

No primeiro cuadrimestre deberanse cursar as materias obrigatorias, comúns a todos os itinerarios, e no segundo cuadrimestre, cursaranse as materias optativas de especialización, as prácticas en empresa e o traballo fin de mestrado (TFM). Cada especialidade está composta por 6 materias de 3 créditos ECTS cada unha. Para que un estudante poida obter reflexo da especialidade cursada na expedición do título, deberá cursar polo menos 4 das materias ofertadas na especialidade correspondente, podendo completar o seu expediente con calquera materia optativa do resto de especialidades.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Análise de Decisións Económicas e Mercados Obrigatorio 6 ECTS
Análise de Conxuntura Económica e Crecemento Obrigatorio 6 ECTS
Técnicas Econométricas Obrigatorio 6 ECTS
Métodos Cuantitativos Obrigatorio 6 ECTS
Pensamento Económico e Institucións Obrigatorio 3 ECTS
Técnicas de Investigación Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Economía do Sector Público Optativo 3 ECTS
Modelos de Xestión Pública Optativo 3 ECTS
Avaliación de Políticas Públicas Optativo 3 ECTS
Análise Económica Rexional Optativo 3 ECTS
Política Económica Rexional Con restriccións Optativo 3 ECTS
Xestión Integral de Proxectos Públicos Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Medio Ambiente, Recursos Naturais e Sostibilidade Optativo 3 ECTS
Economía da Desigualdade Optativo 3 ECTS
Economía da Saúde Optativo 3 ECTS
Innovación e Sociedade Optativo 3 ECTS
Servizos e Nova Economía Optativo 3 ECTS
Globalización Económica e Desenvolvemento Social Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Econometría Avanzada Optativo 3 ECTS
Microeconomía Avanzada Optativo 3 ECTS
Macroeconomía Avanzada Optativo 3 ECTS
Comportamento Estratéxico Optativo 3 ECTS
Temas Avanzados en Teoría Económica Optativo 3 ECTS
Técnicas Avanzadas para a Análise de Datos Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.