Máster Universitario en Fabricación Aditiva

2023/2024 · 60 créditos

Saídas profesionais e académicas

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Deseño e Desenvolvemento do Produto Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxías de Fabricación Obrigatorio 6 ECTS
Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Emprendemento, Xestión de Proxectos e Propiedade Intelectual Obrigatorio 3 ECTS
Integración con Outras Tecnoloxías Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Taller Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Aplicacións en Automoción Optativo 6 ECTS
Aplicacións en Enxeñaría Biomédica Optativo 6 ECTS
Aplicacións en Enerxía e Sustentabilidade Optativo 6 ECTS
Deseño Avanzado para Impresión 3D Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 12 ECTS

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.