En xeral, o alumnado do Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral acometerá as seguintes aprendizaxes:
Todo tipo de postos de dirección ou xestión dentro do Departamento de RRHH, tanto de grandes empresas como de PEMES, tanto no sector público como privado. Asesor sociolaboral. Consultor externo de Recursos Humanos.
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Xunta de Galicia
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo de Fin de Máster | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Seguridade Social Complementaria | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Dereito do Traballo e Crise da Empresa | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión da Prevención de Riscos Laborais | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Aspectos Macroeconómicos e Territoriais do Mercado de Traballo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión Tributaria | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise Contable | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Aspectos Xurídico-Laborais en Materia de Igualdade | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Auditoría Sociolaboral | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión Laboral e da Seguridade Social | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Seguridade Social Comunitaria | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Réxime Fiscal das Relacións Laborais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Empresas, Traballadores e Dereito Tributario Transnacional | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Políticas Sociolaborais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Dirección Estratéxica de RRHH | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| A Simulación como Ferramenta de Deseño de Políticas de RRHH | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión do Coñecemento | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Liderazgo e Habilidades Directivas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| As Dúas Visións do Conflicto Laboral | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión da Seguridade Social | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Iniciativa Emprendedora | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Relacións Transfronteirizas no Marco da UE. Introdución ao Dereito Social Portugués | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Organización da Prevención na Empresa | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas de Negociación Colectiva | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Medidas de Solución de Conflitos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Administración Laboral e Dereito Sancionador do Traballo | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.