No ámbito sanitario, a/o terapeuta ocupacional traballa en hospitais, centros de saúde, clínicas de rehabilitación, mutuas de accidentes e outros; no eido sociocomunitario, desenvolve as súas funcións en concellos, servizos sociais, fundacións e asociacións, centros de día e residencias de maiores, institucións penitenciarias, etc.; no ámbito educativo, desempeña o seu papel en centros de ensino xeral, colexios de educación especial e como profesor/a docente en Universidades, ciclos de formación profesional e en cursos de formación permanente; este profesional tamén traballa en ortopedias e en centros centrados na ergonomía, adaptación de postos de traballo ou a accesibilidade e o deseño universal para todas/os.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Estatística | Formación Básica | Anual | 6,0 ECTS | |
| Psicoloxía I | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Antropoloxía Social e Cultural | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito, Bioética e Terapia Ocupacional | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Anatomía Humana | Formación Básica | Anual | 9,0 ECTS | |
| Fisioloxía Humana | Formación Básica | Anual | 9,0 ECTS | |
| Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 7,0 ECTS | |
| Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,500000000 ECTS | |
| Estadías Prácticas I | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Idioma Moderno (Inglés) | Formación Básica | Anual | 6,0 ECTS | |
| Socioloxía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Psicoloxía II | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Proceso de Terapia Ocupacional | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Pediatría, Psiquiatría e Rehabilitación Infanto-xuvenil | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 9,0 ECTS | |
| Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Métodos Informáticos para Persoas con Discapacidade | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Estadías Prácticas II | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Estadías Prácticas III | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 5,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Afeccións Médico-Cirúrxicas no Adulto | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 7,0 ECTS | |
| Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 7,500000000 ECTS | |
| Estadías Prácticas IV | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Psiquiatría | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Disfunción na Saúde Mental | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 7,500000000 ECTS | |
| Estadías Prácticas V | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xeriatría | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal en Persoas Maiores | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,500000000 ECTS | |
| Estadías Prácticas VI | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Saúde Pública | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Estudo de Casos en Terapia Ocupacional | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Estadías Prácticas VII | Prácticas externas | Anual | 22,0 ECTS | |
| Inclusión Sociolaboral e Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Comunidade | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Estadías Prácticas VIII | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Educación para a Saúde: Psicoloxía da Saúde e Coidados Básicos | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Procesos Pedagóxicos, Dinámicas e Intervencións Grupais en Terapia Ocupacional | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Terapia Ocupacional, Diversidade Funcional e Calidade de Vida | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas Aplicadas I: Música, Terapia Asistida por Animais de Compañía, Actividade Física e Deporte Adaptado | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.