Grao en Socioloxía

2019/2020 · 240 créditos

Que se aprende

A socioloxía é a ciencia que estuda a realidade social e describe e explica o funcionamento social dos individuos: como pensan e se comportan as persoas e que diversas poden ser as nosas identidades sociais, as nosas relacións interpersoais e as prácticas que as conforman.

Para iso, a titulación do Grao en Socioloxía dedica unha ampla parte das súas materias a comprender teoricamente as relacións entre os individuos e as sociedades e incorpora materias dedicadas á aplicación práctica da metodoloxías e técnicas de investigación e análise propias das ciencias sociais. Entre elas, o peso fundamental atópase na estatística, as técnicas de análises multivariante e as técnicas etnográficas conducentes á análise do discurso e da narrativa. Agora ben, a socioloxía é moito máis cunha lista de feitos e cifras. A socioloxía é, sobre todo, unha toma de conciencia, unha maneira de pensar e de entender de forma crítica os fenómenos sociais.

Esta inmersión da socioloxía no contorno que a rodea adoita ser fonte de inspiración no noso alumnado que chega a encaixar estas ensinanzas cun forte espírito crítico ante a desigualdade e as inxustizas sociais. Por iso, é habitual ver como a facultade e os seus estudantes se relacionan moi de preto cos movementos sociais que discorren a escala local e global. Esta característica da socioloxía ofrece unha ampla versatilidade profesional e permite unha aplicación real dos resultados dos traballos de investigación e asesoría.

No Grao de Socioloxía da UDC aprendemos a:

- Comprender os fenómenos sociais que transcurren a escala local e as dimensións globais que os fomentan ou incluso os provocan.

- Analizar a evolución das sociedades contemporáneas e os desafíos que se lle plantean de cara o futuro. Por ilo afondamos nos elementos que condicionan as desigualdades sociais e os condicionamentos estruturais e conxunturais que soportan a inxustiza social.

- Explorar as diferentes asignacións sociais que os individuos adquirimos en función da nosa clase social, idade, xénero e etnia.

- Buscar a información e os datos necesarios que nos permitan estudar os procesos sociais máis relevantes da actualidade. Por exemplo, sobre a pobreza, a desigualdade de oportunidades, a discriminación, a temporalidade no emprego, a calidade de vida, as necesidades sociais, as migracións, a corrupción política, a violencia de xénero...

- Aplicar un método científico e riguroso que nos acerca a realidade social a estudar. Deste xeito aprendemos a: medir a súa incidencia mediante a elaboración de indicadores estadísticos e caracterizamos os seus rasgos esenciais mediante investigación de campo (sobre o terreo no que se de produce a interacción do obxeto de estudo) e análise documental.

- Articular a transformación das sociedades, non soamente dende una perspectiva teórica, senón tamén activa e participativa, fomentando o espíritu crítico e obtendo responsabilidades esenciais para crear unha sociedade equitativa socialmente e que sexa capaz de fomentar a sostenibilidade da vida.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

No Grao en Socioloxía aprendense os coñecementos teóricos e as ferramentas e metodoloxía básicas necesarias para o exercicio da profesión, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas aos que deben enfrentarse favorecendo unha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións basadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Competencias específicas

En concreto, esta titulación facilita o coñecemento e a identificación dos compoñentes básicos das desigualdades sociais e das diferencias culturais, das relacións entre a poboación, os recursos e o medio. Permite o manexo das técnicas e dos métodos del análise da realidade social e demográfica e das técnicas básicas e avanzadas (cuantitativas e cualitativas) da investigación social que permiten analizar os procesos socias e as transformacións e a evolución das sociedades contemporáneas. Ofrece un coñecemento riguroso das teorías sociolóxicas e un acercamiento a antropoloxía, a ciencia política e a psicoloxía social.

Competencias transversais

Ademáis este Grao fortalece as capacidades de organización e planificación, toma de decisións e de resolución de problemas, de xestión da información e recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade. Todo a través dun compromiso ético, pensamento crítico e traballo en equipo nun contexto de sensibilidade ambiental e de recoñecemento do carácter global e local dos fenómenos sociais.

Saídas profesionais e académicas

A formación en Socioloxía dá lugar a un sistema de ocupación multisectorial en correspondencia co carácter diverso, transversal e técnico da disciplina. Os sociólogos e sociólogas aplican os seus coñecementos a situacións e contextos específicos da vida social. O coñecemento sociolóxico é un apoio fundamental do que se derivan as posibilidades de acción e os procesos de toma de decisións en moitos contextos.

As capacidades de observación e análise sociolóxica son especialmente útiles en ocupacións cos seguintes contidos: xestión e dinámica de grupos, xestión de persoal e relación de clientes ou usuarios, procesos de intervención social, deseño e planificación de políticas públicas, busqueda de fontes de datos secundarios, produción e análise de datos cuantitativos e cualitativos, uso e interpretación de indicadores sociais e instrumentos de medida social, así como de xestión de programas informáticos aplicados á investigación social.

A socioloxía proporciona unha serie de coñecementos específicos das principais teorías sobre a sociedade, as institucións sociais e o comportamento humano, a poboación e a estrutura social, sobre o funcionamento das organizacións e empresas e a dinámica dos actores sociais nos seus campos de actuación particulares

Contorno profesional no que se sitúa

A formación na área de Socioloxía corresponde a un ambiente profesional cada vez máis especializado, que potencia o rendemento de habilidades transversais e interpersoais moi diversas. Os principais sectores e empregos nos que se atopa a socioloxía son:

-Empresas. As empresas teñen sociólogos e sociólogas en lugares clave para coordinar e realizar tarefas relacionadas cos procesos de toma de decisións, organización, planificación de actividades, deseño de carreira ou coñecemento do medio.

-Asesoría e consultoría social e de mercado. Os sociólogos e sociólogas teñen un lugar privilexiado nestas empresas grazas á súa formación en técnicas de investigación que lles permiten producir coñecemento sobre aspectos da realidade social, proporcionar asesoramento experto dirixido a resolver problemas ou guiar o curso da acción para obter un resultado específico.

-Administracións públicas. No sector público, o traballo céntrase en guiar e organizar políticas públicas, definir estratexias e deseñar procesos de planificación e avaliación a diferentes niveis de goberno.

-Entidades sen ánimo de lucro. Os sociólogos e sociólogas traballan en ONG, fundacións e "centros de pensamento" independentes, desenvolvendo unha ampla gama de tarefas relacionadas coa investigación, xestión e asesoramento dependendo dos obxectivos de cada entidade.

-Educación e investigación. A socioloxía está presente en programas de educación secundaria dalgunhas comunidades autónomas, aínda que a maior parte da docencia específica concéntrase a nivel universitario. Igualmente, unha saída profesional habitual é a investigación desenvolvida fundamentalmente en organismos públicos especializados ou en oficinas de estudo de fundacións e algunhas empresas privadas.

Saídas profesionais e académicas

O oficio do sociolóxico atópase con moita frecuencia mas seguintes ocupacións:

-Empresas: Algunhas posicións comúns no mundo empresarial son: xestión de recursos humanos, organización do traballo, xestión de imaxe corporativa, analista de identificación de clientes e competidores, analista de publicidade, analista de vendas, investigación de mercados, etc.

-Empresas sociais e de investigación de mercado. Neste sector, os sociólogos e sociólogas traballan como investigadores ou analistas en temas como os seguintes: tendencias e comportamentos políticos, opinión pública, mercados, publicidade, avaliación de programas e campañas, etc. Nas funcións de consultoría, os traballos habituais inclúen: consultoría de recursos humanos, consultoría de moda, olladores de tendencias, redes sociais, consumidores, consultores urbanísticos, etc.

-Administracións públicas. Algúns traballos nos que os sociólogos e sociólogas se especializan no sector público son os seguintes: intervención social e saúde, educación e formación, desenvolvemento local e rexional, integración laboral, urbanismo, avaliación dos servizos públicos, análise de tendencias demográficas, inmigración, cooperación internacional e cooperación ao desenvolvemento, etc.

-Tercer sector: Técnico de intervención social, especialista en intermediación social e resolución de conflitos, analista especializado, responsable de redes sociais, xestor de proxectos, etc.

-Educación e investigación. Profesorado universitario, técnico de investigación, profesorado de secundaria, profesorado de FP de Formación e Orientación Laboral (FOL).

Planificación do ensino

O Grao de Socioloxía dedica unha ampla parte das suas materias a comprender teóricamente as relaciona entre os individuos e as sociedades e incorpora materias dedicadas á aplicación práctica das metodoloxías e técnicas de investigación propias das ciencias sociais. Entre elas, o peso fundamental atópase na estatística, as técnicas de análise multivariabte e as técnicas etnográficas conducentes á análise do discurso e da narrativa.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Estatística Aplicada ás Ciencias Sociais 1 Obrigatorio 6 ECTS
Antropoloxía Social e Cultural Formación básica 6 ECTS
Introdución á Socioloxía Formación básica 6 ECTS
Teoría e Historia da Poboación Obrigatorio 6 ECTS
Psicoloxía Social Formación básica 6 ECTS
Economía Política Formación básica 6 ECTS
Métodos e Técnicas de Investigación Social Formación básica 6 ECTS
Introdución á Ciencia Política e da Administración Formación básica 6 ECTS
Historia Política e Social Contemporánea Formación básica 6 ECTS
Teoría Sociolóxica 1 Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Estatística Aplicada ás Ciencias Sociais 2 Obrigatorio 6 ECTS
Teoría Sociolóxica 2 Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía do Xénero Formación básica 6 ECTS
Estrutura e Cambio Social Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía do Traballo Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas Políticos Comparados Formación básica 6 ECTS
Relacións Internacionais Formación básica 6 ECTS
Análise Multivariante de Datos Sociais Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía Económica e das Organizacións Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía da Educación Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Análise Demográfica Obrigatorio 6 ECTS
Desviación e Control Social Obrigatorio 6 ECTS
Metodoloxía da Investigación por Enquisas Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía Política Obrigatorio 6 ECTS
Política Social e Servizos Sociais Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía da Familia Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía Urbana e Ordeamento do Territorio Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía da Saúde e a Enfermidade Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía do Consumo e Investigación de Mercados Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía da Comunicación e da Opinión Pública Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Humanidades, Matemáticas, Psicoloxía e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

Nesta facultade promocionamos a mobilidade internacional a través de Erasmus+ (estudar alcunhas materias en universidades coas que temos convenio), do Sistema de Voluntariado Europeo+ que xestionamos directamente coa Fundación Paideia e a través do Programa de Prácticas Internacions Erasmus + que organiza a Oficina de Relacións Internacionais da UDC.