A EIUDC dispón dun Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC), de acordo cos Criterios e Directrices de Garantía de Calidade do EEES, aplicable a todos os programas de doutoramento verificados de acordo co Real Decreto 99/2011 impartidos na UDC. Se precisas máis información, podes consultar a documentación relativa ao SGIC da EIDUDC(Normativa para a implantación e o desenvolvemento do SGIC da EIDUDC nos programas oficiais de doutoramento verificados polo RD 99/2011; Manual do SGIC da EIDUDC; e Procedementos do SGIC da EIDUDC).
Os procedementos do SGIC establecen quen e como debe realizar o seguimento e a supervisión dos resultados e do proceso de aprendizaxe do estudante na titulación, establecendo os órganos e mecanismos de coordinación, avaliación e mellora continua dos estudos, que son:
Comisión Académica do Programa de Doutoramento: é o órgano colexiado responsable da coordinación académica dos programas de doutoramento. Toma as decisións académicas relativas ao título e os seus estudantes. Establece as directrices e o marco de actuación do/a coordinador/a do título e de todas as persoas implicadas na titulación. Todos os programas de doutoramento verificados de acordo co Real Decreto 99/2011 e impartidos na UDC, incluídos os programas interuniversitarios non coordinados pola UDC, dispoñen dun coordinador do programa na UDC.
Comisión da Garantía de Calidade (CGC) da EIDUDC: é o órgano que participa nas tarefas de planificación e de seguimento do SGIC e dos títulos do centro, actuando ademais como un dos vehículos de comunicación interna da política, os obxectivos, os plans, os programas e as responsabilidades do centro. É a responsable de realizar os informes anuais de seguimento. Esta función é asumida pola Comisión Permanente da EIUDC.
O Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC) da EIDUDC establece o modo no que as Comisións Académicas dos programas de doutoramento que se imparten na UDC miden e analizan os resultados da aprendizaxe. Para iso, o SGIC utiliza taxas e indicadores globais que permiten avaliar cada curso académico a calidade da formación. Inclúense entre os resultado obtidos o número de teses defendidas e as que recibiron a mención internacional, e as taxas de éxito (número de teses realizadas en 3 ou 4 anos), de graduación e de abandono e duración media da tese de doutoramento.
Para asegurar que o título se desenvolve de acordo coa memoria de verificación presentada o centro realiza anualmente un informe de seguimento de acordo cos procedementos do SGIC do centro e os resultados obtidos. Este informe é revisado por a ACSUG, axencia externa de avaliación.
Do resultado desta análise desprenderanse as accións correctivas e propostas de mellora que permitan alcanzar os obxectivos previstos e a mellora da titulación.
Para garantir a calidade, crearase unha comisión de xestión académica específica do programa.
Determinantes de la implementación de telerrehabilitación en una Institución del Suroccidente de Colombia.
Hernández Orobio, Olga Marina
Eficacia del ejercicio terapéutico en adultos con daño
cerebral adquirido: revisión sistemática con metaanálisis
y ensayo clínico aleatorizado
Gutiérrez Suárez, Andrea
Identificación de la estructura cognitiva de la Fisioterapia y de sus actores principales a través de la Bibliometría.
Carballo Costa, Lidia
PREVENCIÓN DE COMPLICACIONES CARDIOVASCULARES Y FUNCIONALES EN MUJERES CON CÁNCER DE MAMA QUE RECIBEN QUIMIOTERAPIA CARDIOTÓXICA A TRAVÉS DE UN PROGRAMA DE REHABILITACIÓN CARDIO-ONCOLÓGICA
Díaz Balboa, Estíbaliz
Violencia sexual hacia profesionales de la Fisioterapia. Un estudio transversal.
Boo Mallo, Tania
Estudio transversal observacional sobre la utilización de agentes físicos para el tratamiento del dolor en la dismenorrea primaria en estudiantes de la Universidade da Coruña
Naia Entonado, Zeltia
Riesgo de caídas en personas con discapacidad intelectual: diseño y validación de un instrumento evaluador.
Dobaño García, Noemi Alba
Efecto de las ortesis plantares sobre las presiones plantares y tensión muscular en corredores amateurs tras 8 semanas de uso. Un ensayo clínico aleatorizado
Romero Soto, Manuel
Medida de Participación y Ambiente en niños y jóvenes (PEM CY). Adaptación y validación para Colombia
Gil Obando, Lida Maritza
Eficacia de mindfulness en el estrés de los estudiantes universitarios
Pardo Carballido, Carmen
Evaluación de la calidad asistencial en la Clínica Universitaria de Podología de la Universidad de A Coruña
Santalla Borreiros, Fátima
Perfiles de Calidad de Vida de las personas mayores dependientes usuarias de Centros de Día.
Magaña Terrón, Luz Antonia
Esta é unha mostra da produción científica dos estudantes do programa de doutoramento co fin de orientar a futuros estudantes interesados neste programa. En ningún caso debe considerarse unha listaxe completa e exhaustiva de toda a produción científica dos estudantes. A información é introducida polos propios doutorandos de forma relativamente desestruturada pero foi revisada e validada pola comisión académica.
| curso 2024/2025 | |
|---|---|
| Oferta xeral | 10 |