Máster Universitario en Enxeñaría Informática

2024/2025 · 90 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Persoas coas titulacións de:
  • Grao en Enxeñaría Informática
  • Enxeñaría Informática
  • Enxeñaría Técnica Informática
  • Outras titulacións afíns

Requisitos de acceso comúns

Establécese a seguinte relación de titulacións de acceso clasificadas en dos niveis de prioridade, en que cada nivel é preferente ao seguinte e sen que haxa distinción dentro de cada nivel:
  • Prioridade 1:
    • Grao en Informática ou en Enxeñaría Informática
    • Enxeñaría Informática e licenciatura en Informática
    • Enxeñaría Técnica en Informática e posterior titulación no Mestrado en Informática (UDC)
    • Enxeñaría Técnica en Informática e posterior titulación no Mestrado en Enxeñaría de Sistemas Informáticos (UDC)
  • Prioridade 2:
    • Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión
    • Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas
    • Diplomatura en Informática

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

40 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Criterios e procedementos de admisión

O acceso ao presente máster realizarase desde o pleno respecto aos dereitos fundamentais e aos principios de igualdade, mérito e capacidade, e requirirá estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución, segundo o RD 1393/2007, capítulo IV, artigo 16 e a súa modificación no RD 861/2010. O acceso realizarase segundo a normativa de acceso establecida no apartado 4.2 do ANEXO I do Acordo do Consello de Universidades que establece as recomendacións para a proposta de memorias de solicitude do título oficial de Máster en Enxeñaría Informática, publicado no BOE do 4 de agosto de 2009:
  • Poderá acceder ao Máster vinculado co exercicio da profesión de Enxeñeiro/a en Informática quen adquirise previamente as competencias vinculadas co exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática.
  • Igualmente, poderán acceder a este Máster quen estean en posesión de calquera título de grao, sen prexuízo de que, neste caso, a Comisión Académica do Máster en Enxeñaría Informática decida se poden acceder e estableza, se é o caso, os complementos de formación previa.
O procedemento de admisión é o de carácter xeral da UDC, que se pode consultar na páxina web. Os criterios de admisión serán establecidos pola administración educativa e a UDC. O estudantado que acceda a este máster será admitido en base ao expediente académico da titulación de grao (segundo o protocolo publicado no Diario Oficial de Galicia nº108, páx. 28969 do 30 de setembro de 2011) e á súa experiencia profesional previa. Non se considera necesario realizar probas de admisión específicas para esta titulación. As materias impartiranse en castelán ou galego, polo que o alumnado deberá acreditar competencia lingüística en español ou galego segundo o procedemento de preinscrición e matrícula nos másteres da UDC. Recoméndase, de maneira complementaria para algunhas materias, seminarios e conferenci

Prazos

Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: