Grao en Bioloxía

2026/2027 · 240 créditos

Que se aprende

Neste grao os estudantes acadarán coñecementos sobre a diversidade dos organismos vivos, aprendendo a identificalos e a comprender a súa organización e funcionamento. Entenderán os modos e mecanismos de interacción destes co medio que os rodea e analizarán as estruturas biolóxicas dende as macromoléculas ata os organismos máis complexos. Aprenderán a resolver problemas biolóxicos de forma efectiva desenvolvendo un pensamento construtivo e traballando en colaboración. Adquirirán as destrezas necesarias para exercer unha opinión crítica científica tanto nas linguas oficiais da nosa comunidade como en inglés. Finalmente, saberán valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Competencias específicas

A1 - Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 - Identificar organismos.
A3 - Recoñecer, obter, analizar e interpretar evidencias paleontolóxicas.
A4 - Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A5 - Analizar e caracterizar mostras de orixe humano.
A6 - Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A7 - Reconstruír as relacións filoxenéticas entre unidades operacionais e pór a proba hipótese evolutivas.
A8 - Aislar, analizar e identificar biomoléculas.
A9 - Identificar e utilizar bioindicadores.
A10 - Avaliar actividades metabólicas.
A11 - Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A12 - Manipular material xenético, realizar análise xenéticas e levar a cabo asesoramento xenético.
A13 - Realizar o illamento e cultivo de microorganismos e virus.
A14 - Desenvolver e aplicar productos e procesos de microorganismos.
A15 - Deseñar e aplicar procesos biotecnolóxicos.
A16 - Realizar cultivos celulares e de tecidos.
A17 - Realizar bioensaios e diagnósticos biolóxicos.
A18 - Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal.
A19 - Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A20 - Mostrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A21 - Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A22 - Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A23 - Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais.
A24 - Xestionar, conservar e restaurar poboacións e ecosistemas.
A25 - Desenvolver e aplicar técnicas de biocontrol.
A26 - Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 - Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A28 - Desenvolver e implantar sistemas de xestión relacionados coa Bioloxía.
A29 - Impartir coñecementos de bioloxía.
A30 - Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 - Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32 - Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Pódense atopar estes titulados en diferentes sectores e en multitude de postos. Algúns dos posibles postos de traballo onde tipicamente se atopan profesionais da bioloxía son:

• Industria farmacéutica e agroalimentaria.

• Industria da perfumaría, cosmética e produtos de hixiene persoal.

• Industria agroquímica (fertilizantes, praguicidas etc.)

• Biotecnoloxía.

• Acuicultura.

• Matadoiros.

• Parques zoolóxicos.

• Xardíns botánicos.

• Medio ambiente.

• Clínicas, hospitais e laboratorios

• Policia científica

• Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos.

• Investigación.

• Ensino da bioloxía e das ciencias en xeral.

• Administración, en postos da súa competencia profesional e nivel académico.

• Asesoramento científico-técnico.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS

Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS

Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Traballo Fin de Grao Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.