No Grao en Turismo adquírese coñecementos multidisciplinares e transdisciplinares, xa que alén de ofrecer unha visión en profundidade dos fundamentos e dimensións do turismo, inclúe materias relacionadas coa dirección e xestión de empresas, destinos e servizos turísticos (intermediación, aloxamentos, comunicación e novas tecnoloxías), ademais de coa xestión do patrimonio, os recursos turísticos e os idiomas.
Unha parte fundamental desta carreira é a combinación de formación teórica e práctica, de "saber" e "saber facer", a clave para calquera profesional. Os alumnos desta carreira deben entender que a industria turística se sustenta sobre unha vocación de servizo e a capacidade dos seus profesionais de desenvolverse en ámbitos multiculturais, demostrando habilidades de comunicación e interacción.
Xa que logo, deben demostrar facilidade para a aprendizaxe de idiomas, un carácter aberto e comunicativo, facilidade para relacionarse, dotes de organización, memoria e interese pola cultura, ademais de espírito empresarial e emprendedor e iniciativa.
As competencias adquiridas ó longo da titulación insírense nun contorno profesional amplo e diversificado, no que resulta fundamental comprende-lo carácter dinámico do turismo e a súa dimensión económica, social e político-administrativa.
O desenvolvemento de habilidades comunicativas, o dominio de varios idiomas e a capacidade de interacción en contextos multiculturais lle permiten ó alumnado integrarse en distintos ámbitos profesionais, tales como o aloxamento, a restauración, a xestión de destinos, a planificación turística ou a xestión do patrimonio.
Así mesmo, a formación en análise de potenciais turísticos, avaliación de impactos e deseño de estratexias sustenibles capacita para a toma de decisións na planificación e xestión de recursos turísticos, tanto a nivel empresarial como institucional. Estas competencias resultan especialmente relevantes nun contexto no que o turismo incorpora novas tendencias, como o ecoturismo, o turismo rural ou o turismo de aventura, así como a integración de novas tecnoloxías.
O sector turístico ofrece oportunidades profesionais nunha ampla variedade de ámbitos, tanto no sector privado como no sector público.
No ámbito privado, destacan saídas profesionais na industria hoteleira e de aloxamento, a organización de congresos, os eventos e actividades turísticas, así como en operadores turísticos e axencias de viaxes. Así mesmo, existen oportunidades en empresas de transporte, no ámbito do marketing, a promoción e a comunicación turística, e na xestión e desenvolvemento de produtos e destinos turísticos.
Pola súa parte, no sector público, os egresados poden desempeñar funcións en organismos oficiais de turismo a nivel local, rexional, nacional e internacional, participando na planificación, xestión e promoción de destinos, así como no deseño e implementación de políticas turísticas. Tamén poden desenvolver labores en oficinas de información turística e en entidades vinculadas á xestión do patrimonio cultural e natural.
Ademais, o crecemento de novas modalidades turísticas —como o turismo rural— o ecoturismo ou o turismo de aventura— e a incorporación de innovacións tecnolóxicas amplían o abanico de perfís profesionais, demandando titulados capaces de adaptarse a contornos cambiantes e de deseñar propostas sustenbles e competitivas.
A planificación académica do Grao en Turismo na Universidade da Coruña oriéntase cara a unha formación aplicada e conectada coa realidade profesional do sector, integrando contidos teóricos e prácticos que favorecen o desenvolvemento de competencias adaptadas ao mercado laboral. Esta estrutura apóiase na vinculación co contorno empresarial e institucional, facilitando a adquisición progresiva de coñecementos e habilidades ao longo do plan de estudos, a organización da cal se recolle nos puntos seguintes.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Socioloxía do Turismo | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Introdución á Economía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Introdución ao Dereito | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Idioma Moderno: Inglés | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Patrimonio Cultural | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Introdución ao Turismo | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Economía da Empresa | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Segundo Idioma Moderno I: Alemán | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Contabilidade Financeira | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estatística | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Intermediación Turística e Transporte I | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Aloxamentos e Restauración I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Primeiro Idioma Moderno I: Inglés | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Márketing Turístico | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Contabilidade de Custos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Recursos Territoriais Turísticos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Segundo Idioma Moderno I: Francés | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Xestión Turística do Patrimonio | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fiscalidade Turística | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Primeiro Idioma Moderno II: Inglés | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Segundo Idioma Moderno II: Francés | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Segundo Idioma Moderno II: Alemán | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Intermediación Turística e Transporte II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Aloxamentos e Restauración II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| As TIC Aplicadas ao Turismo | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Comercialización de Produtos Turísticos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión Pública do Turismo | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión de Calidade | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Segundo Idioma Moderno III: Francés | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Segundo Idioma Moderno III: Alemán | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 24,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Análise de Estados Financeiros | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Interpretación do Patrimonio | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Galicia como Destino Turístico | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Creación e Xestión de Empresas Turísticas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dirección Estratéxica de Empresas Turísticas | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión de Recursos Humanos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Inglés no Contorno Profesional | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xeografía do Turismo | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas de Comunicación e de Promoción Turísticas | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Informática de Xestión e do Coñecemento | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Métodos e Técnicas de Investigación no Turismo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.