Grao en Intelixencia Artificial

2022/2023 · 240 créditos

Acceso e admisión

Nos prazos de matrícula establecidos poderán formalizar a súa matrícula os alumnos e alumnas que inicien os estudos de grao en calquera das titulacións da Universidade da Coruña e que cumpriren as condicións de acceso ou reuniren os requisitos de admisión establecidos no Real Decreto 412/2014 de 6 de xuño e na Normativa de xestión académica da Univesidade.

Aqueles alumnos e alumnas que pretendan iniciar os estudos de primeiro curso de grao deberán estar admitidos/as para formalizar a matrícula nas sucesivas resolucións da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

 

Perfil recomendado

Para o alumnado que estea en posesión do título de bacharelato ou equivalente, recoméndase cursar as modalidades de bacharelato científico ou científico técnico dos itinerarios actuais, ou ben a modalidade científico-tecnolóxica prevista na LOE. Recoméndase especificamente superar as materias de Matemáticas e Física.

Para o alumnado procedente de Ciclos Formativos de Grao Superior, considéranse especialmente idóneos aqueles nos que predominen os contidos pertencentes ao ámbito da informática (Administración de Sistemas Informáticos, Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, Sistemas de Telecomunicación, etc).

Outras habilidades desexables para os estudantes que ingresen neste grao son:
  • Creatividade
  • Capacidade analítica e crítica
  • Curiosidade intelectual
  • Hábito de lectura e capacidades de comunicación oral e escrita
  • Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas
  • Constancia e responsabilidade no traballo
  • Habilidades para traballo en equipo
  • Efectividade no uso do tempo
  • Competencia en ferramentas informáticas básicas

    Requisitos de acceso comúns

    Poderán acceder aos estudos universitarios oficias de grao as persoas que reúnan algún dos requisitos establecidos no artículo 3 do Real decreto 412/2014 de 6 de xuño:

    De non obter o recoñecemento, deberá incorporarse ao proceso xeral de admisión

    As ABAU están organizadas para todo o sistema universitario galego por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas, a Comisión Interuniversitaria Galega, CIUG

    A matrícula das ABAU faise a través da aplicación informática NERTA e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia

    Solicitude e admisión

    Proceso xeral de admisión: o alumnado que pretenda iniciar os estudos de primeiro curso de Grao, deberá realizar a preinscrición previa seguindo o procedemento e prazos establecidos pola CIUG, a través da aplicación informática NERTA

    Cada alumno/a formalizará unha única solicitude de preinscrición na que indicará por orde de preferencia ata un máximo de cinco titulacións diferentes, podendo chegar ata un máximo de dez, no caso de titulacións iguais impartidas en diferentes centros universitarios e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia.

    A CIUG publicará sucesivas resolucións de convocatoria a matrícula. A relación do alumnado convocado en cada prazo pode consultarse na aplicación informática NERTA. É un procedemento moi áxil con prazos curtos de matrícula.

    O alumnado convocado a formalizar a matrícula, na titulación da súa preferencia da Universidade da Coruña, deberá facelo no prazo establecido pola resolución da CIUG, na web da UDC.

    50 prazas ofertadas no curso 2022/2023

    Criterios e procedementos de admisión

    A CIUG é a responsable de publicar os criterios e procedementos de admisión nas titulacións de grao do Sistema Universitario Galego, para cada curso académico, na súa páxina web.

    Prazos

    Alumnado de primeiro curso de grao: segundo o calendario establecido pola CIUG

    Alumnado que continúe os seus estudos de grao: publicarase na web da UDC

    bolsas e axudas

    Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: