Máster Universitario en Economía Circular

2025/2026

Interdisciplinar

Que se aprende

O alumnado contará cunha formación multidisciplinar que lle permitirá entender todos os aspectos clave, e adquirir as competencias necesarias, para desenvolver estratexias de Economía Circular. De xeito que sexa capaz, de maneira específica de aproveitar a súa base de coñecementos de acceso ao máster para converterse nun/ha profesional especializado/a en Economía Circular dentro do seu ámbito de coñecemento, e de maneira xeral de coordinar equipos multidisciplinares que traballen en estratexias de Economía Circular.

Obxectivos

  1. Desenvolver habilidades e coñecementos para liderar e impulsar a transición do modelo lineal ao modelo de Economía Circular en organizacións e empresas.
  2. Identificar áreas específicas de actuación das multi-R (redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reutilizar, reciclar, recuperar) e desenvolver neses ámbitos solucións técnicas sostibles.
  3. Aplicar os fundamentos do ecodiseño no deseño de produtos e servizos.
  4. Definir estratexias para a redución e xestión de residuos da organización e implementar técnicas de tratamento e valorización de materiais e residuos.
  5. Deseñar e implementar novos modelos de negocio circulares e colaborativos orientándoos cara á neutralidade climática, incluíndo os coñecementos necesarios para o desenvolvemento dun plan de negocio.
  6. Aplicar no desempeño da súa actividade a lexislación ambiental vixente en materia de sustentabilidade e as políticas económicas asociadas.
  7. Coñecer as razóns básicas dos problemas actuais relacionados coa contaminación, e os novos avances científico-técnicos que permitan minorar estes problemas.
  8. Impulsar o uso de tecnoloxías limpas e de fontes de enerxía renovables, así como o desenvolvemento de estratexias de xestión eficiente da auga e da enerxía.
  9. Empregar as tecnoloxías da información e as comunicacións e as novas tecnoloxías emerxentes para implementar e optimizar os modelos de Economía Circular.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

As saídas profesionais son múltiples: Responsable de Economía Circular, consultor/a ambiental, director/a e xestor/a de proxectos ambientais, responsable de xestión e valorización de residuos, director/a de produción, xefe/a de produto, responsable de sustentabilidade, responsable de xestión enerxética e ambiental, coordinador/a de equipos multidisciplinares, controlador/a de indicadores, responsable de información en sustentabilidade, controlador/a lexislación vixente, responsable de departamentos de calidade e avaliación do impacto, formador/a de profesionais, responsable en organismos de cooperación e ONG, responsable xestión de servizos municipais, responsable de desenvolvemento e innovación de procesos, comunicador/a etc.

Ademais, no ámbito académico este máster permite o acceso a diversos programas de doutoramento.

Planificación do ensino

O programa de máster estrutúrase ao redor de tres cuadrimestres de 30 ECTS cada un. Os dous primeiros estarán dedicados á impartición dos coñecementos incluídos nas materias obrigatorias as cales, á súa vez, estarán estruturadas en 5 módulos. O terceiro cuadrimestre (2º curso) estará constituído por un único módulo, o 6, destinado ás Prácticas Externas (12 ECTS) e ao Traballo Fin de Máster (18 ECTS)

A planificación específica corresponde á Comisión Académica Interuniversitaria do máster, segundo a estrutura oficialmente aprobada de materias obrigatorias e créditos totais.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ciencia. Tecnoloxía e Sociedade Obrigatorio 2,5 ECTS
Toma de Decisións con Múltiples Partes Interesadas Obrigatorio 2 ECTS
Modelos Socioeconómicos para a Economía Circular Obrigatorio 2,5 ECTS
Papel do Consumidor na Economía Circular Obrigatorio 2 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas externas Obrigatorio 12 ECTS
Traballo fin de máster Obrigatorio 18 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.