Educación
Logopeda en centros hospitalarios, residencias da terceira idade, fundacións de persoas con discapacidade psíquica e física, asociacións de enfermos crónicos e centros de ensino privados.
No ámbito sanitario (centros hospitalarios, clínicas etc.), educativo (centros de ensino privados, educación especial, equipos psicopedagóxicos etc.) e asistencial (residencias, fundacións, asociacións etc.).
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Fisioloxía dos Órganos da Audición e a Linguaxe | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Psicoloxía do Desenvolvemento da Linguaxe | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Bases Didácticas da Intervención Logopédica | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Metodoloxía da Investigación | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Avaliación e Diagnóstico | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Anatomía dos Órganos da Audición e a Linguaxe | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Procesos Psicolóxicos Básicos | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Psicolingüística | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingüística | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Alteracións de Base Conxénita | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Patoloxía da Audición, Voz e Deglutición | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Neuropsicoloxía | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Comunicación Aumentativa e Alternativa | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Trastornos da Lectura, a Escritura e o Cálculo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas de Modificación de Conduta nos Trastornos da Linguaxe e a Comunicación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Intervención Logopédica nos Trastornos da Fala e a Voz | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticum I | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 9,0 ECTS | |
| Psicoloxía da Comunicación | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Desenvolvemento Cognitivo, Social e da Personalidade | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Intervención Logopédica nos Trastornos da Linguaxe | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Rehabilitación do Aparato Bucofonador e da Deglutición | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingua Galega | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Lingua Española | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Avaliación de Programas de Intervención Logopédica | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Fisioterapia do Aparato Bucofonador | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| A Voz Profesional | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Introdución á Lingua de Signos Española | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Habilidades de Comunicación Terapéutica | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Sociolingüística | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Prácticum II | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 20,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 10,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Alteracións de Base Evolutiva | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Alteracións de Base Condutual | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Avaliación das Alteracións de Base Evolutiva | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Audioloxía Clínica | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Avaliación das Alteracións de Base Condutual | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Alteracións de Base Neurolóxica e Anatómica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estratexias de Intervención Temperá | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Avaliación das Alteracións de Base Neurolóxica e Anatómica | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Intervención Logopédica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación Aplicadas á Intervención Logopédica | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.