Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos

2026/2027

Que se aprende

¿Qué hai que saber para empezar unha tesis? Hai que ter unha base de coñecementos sobre a linguaxe e as linguas equivalente a un nivel de máster ou a un diploma de estudos avanzados (DEA). En caso de que estes coñecementos non poidan ser acreditados totalmente, a admisión poderá estar condicionada á realización de determinados complementos de formación. O proxecto Unha vez completado o proceso de admisión, o primeiro cuadrimestre centrarase na elaboración dun proxecto de teses. Para iso revisarás o que se publicase sobre o tema que haberá elixido (isto chámase "o estado da cuestión"), co fin de establecer tu punto de partida. Ademais, deseñarás unha metodoloxía e te farás unha idea de cales van ser tus fontes bibliográficas máis importantes, así como a mostra de datos ("o corpus"), en caso de que o haxa. Este proxecto terá que ser presentado e defendido ante unha comisión avaliadora. Dirección e titorización A tesis é un reto persoal e amosa a capacidade de quen a fai para interpretar datos e elaborar posibles explicacións aos fenómenos estudados. Non obstante, alguén, que xa obtiveron o seu doutoramento, te dirixirá na tarefa. Ademais, outra persoa (un profesor ou profesora do programa de doutoramento) te asesorará a hora de tomar as decisións adecuadas para completar tu formación en consonancia coas liñas do programa e os obxectivos particulares da investigación). A estas dúas persoas unirase unha terceira para completar un comité titor que se responsabilizará, durante o tempo que dure a realización da tesis, de supervisar periodicamente as tarefas de investigación. Unha estadía no estranxeiro Unha boa forma de lle darlle un impulso á investigación é pasar unha tempada nunha universidade ou centro de investigación do estranxeiro, en medio dun equipo de investigación que permita completar ou ampliar a perspectiva sobre o tema de teses e proporcione técnicas de análise coas que non tivera a ocasión de traballar. O programa de doutoramento de estudos lingüísticos conta con interesantes colaboracións no exterior das que te poderás beneficiar. ¿Cuánto tempo me vai levar? Catro anos con dedicación a tempo completo, ou sete a tempo parcial (ademais dunha posible prórroga dun ano máis). Liñas de investigación sobre Análise do discurso e Pragmática, Sociolingüística, Lexicografía e Lexicoloxía sincrónicas e históricas, Gramática e Dialectoloxía sincrónicas e históricas, lingüística de corpus e Tecnoloxías da linguaxe, Aprendizaxe de linguas, Modalidades visuoxestuais e linguas de signos, Edición textual e lingua literaria

Competencias xenéricas

CB1 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB2 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB3 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB4 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB5 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB6 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB7 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.

Competencias específicas

CA1 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA2 - Atopar as preguntas clave que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA3 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA4 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA5 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA6 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
OC1 - Capacidade de concibir, deseñar e planificar un proceso de investigación propio nalgún eido da Lingüística.
OC2 - Capacidade de obter datos pertinentes a partir das fontes documentais ou experimentais e xestionar a información de maneira adecuada.
OC3 – Capacidade para desenvolver investigacións que teñan en conta e respecten a diversidade lingüística e cultural.
OC4 – Capacidade de analizar datos ou avaliar modelos de interpretación, demostrando autonomía e capacidade de xestión de proxectos lingüísticos
OC5- Capacidade de utilizar ferramentas e recursos dixitais en diferentes contornos tanto para a aprendizaxe cooperativa e autónomo como para a investigación.

Competencias transversais

CB1 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB2 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB3 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB4 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB5 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB6 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB7 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.

Saídas profesionais e académicas

O doutoramento — É o pasaporte para facer unha carreira investigadora, nunha universidade ou nun centro de investigación. — Permite o acceso a postos de docencia e investigación en todas as universidades do mundo. — O traballo que implica facer unha tese mostra unha especial capacidade intelectual e de toma de decisións, cada vez máis necesaria no mundo empresarial Actividades formativas do programa Actividades formativas Neste punto descríbense as actividades formativas do programa de doutoramento. Nalgúns casos serán organizados desde o mesmo e noutras poderanse recoñecer cursos ou outras accións promovidas por outras universidades ou centros de investigación. Cada alumna ou alumno fará a súa particular selección, con axuda do seu comité titor, en función do seu plan de investigación. O calendario ofrece información sobre as actividades formativas pero tamén inclúe outros eventos de interese. Seminario introductorio Unha vez rematado o proceso de admisión no programa de doutoramento, haberá un seminario de curta duración (arredor de 10 horas) no que se presentarán as liñas de investigación do programa e explicaranse cuestións de tipo organizativo. Servirá como unha primeira toma de contacto entre estudantes de novo ingreso e investigadores do programa. Seminarios de formación avanzada Terán unha duración de 20 horas e versarán sobre temas de investigación que se estean a desenvolver desde os diferentes grupos de investigación que teñen vinculación co programa. Como norma xeral, cada estudante cursará obrigatoriamente un mínimo de dous seminarios deste tipo durante os dous primeiros anos. Grupos de discusión Son reunións periódicas de estudantes de doutoramento, supervisadas en cada caso por polo menos un docente e con asistencia doutros profesores do programa, para intercambiar ideas e discutir problemas, a partir de lecturas previas comúns ou de presentacións realizadas por eles estudantes ou por algún investigador invitado. Como norma xeral, cada estudante participará obrigatoriamente nun mínimo de dous grupos de discusión durante os dous primeiros anos Cursos de formación transversal Versarán sobre técnicas e xeramentas de investigación, tales como o acceso á documentación, estatística, programación, idiomas, etc. Terán unha duración de 20 horas, salvo os cursos de idiomas, que serán de 30 horas. Como norma xeral, recoméndase que cada estudante curse opcionalmente un mínimo dun curso deste tipo durante o primeiro ano. Realización de estadías de investigación Recoméndase realizar unha estadía cun grupo de investigación que desenvolva algunha liña de traballo relacionada co tema da teses, ou que permita desenvolver algunha técnica necesaria para a súa culminación. O lugar e a duración da estadía dependerán de cada caso particular e decidiranse de acordo co comité titor. Contribucións científicas Os resultados da investigación serán presentados nalgún congreso ou reunión científica. Como alternativa tamén se poderá publicar un artigo de investigación nalgunha revista especializada, ou ben un capítulo de libro, seguindo os estándares habituais de calidade neste tipo de publicacións. Defensa do plan de investigación Durante o primeiro cuadrimestre, contado a partir da admisión no programa, cada estudante deberá elaborar un plan de investigación, que deberá conter o estado da cuestión, a metodoloxía e as fontes de información máis importantes. Este plan deberase ser defendido publicamente ante unha comisión.

Empresas e institucións colaboradoras

.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Análise do discurso e Pragmática
  • Aprendizaxe de linguas.
  • Edición textual e lingua literaria.
  • Gramática e dialectoloxía sincrónicas e históricas.
  • Lexicografía e Lexicoloxía sincrónicas e históricas.
  • Lingüistica de corpus e Tecnoloxías da linguaxe.
  • Modalidades visuoxestuais e linguas de signos.
  • Sociolingüística

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.

complementos créditos
Comunicación Escrita 3
Comunicación Multimodal 3
Comunicación Oral 3
Lingüística Aplicada 6
Lingüística do Corpus 6
Modelos e Métodos na Ligüística Actual 6
Planificación Lingüística 3
Recursos Bibliográficos e Xéneros Científicos 3

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.