Programa Oficial de Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

20 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

Este conto comporta que o perfil de ingreso está centrado en dous factores principais: (a) a adscrición temática a unha das tres grandes liñas do Programa: Documentación, Comunicación e Humanidades; e (b) a sintonía con algunha das liñas de investigación propostas polo profesorado do Programa de Doutoramento, segundo a súa traxectoria académica e publicacións.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Os requisitos específicos gardan relación coa encaixe nalgunha destas tres grandes opcións para a Tesis Doutoral.

Así, aínda que non é prescritivo o ter o aval dun director ou directora no momento de face-la entrevista co Coordinador do Programa de Doutoramento, si facilita o proceso de admisión.

Paralelamente, o coñecemento de lingua inglesa (polo menos, ao nivel 2 ALTE do Marco Común Europeo de Referencia para linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación) é unha garantía do grao de interese polo manexo de fontes na gran maioría de ámbitos de investigación actuais. O feito de ter no Programa de Doutoramento un amplo número de estudantes internacionais e a aspiración de moitos matriculados de ter o Doutoramento Internacional fai que o dominio da lingua inglesa sexa cada vez máis un requisito relevante.

(Sobre os distintos niveis de dominio de linguas do Marco Común Europeo:

https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2023_02_03.pdf).

Criterios de admisión cando a demanda excede a oferta

Cando a demanda de prazas excede a oferta prevista (20 prazas por curso), cabe aceptar un número adicional de solicitantes, logo de acordo da CAPD e a autorización da EIDUDC.

Se esa demanda excede claramente a oferta de prazas prevista, entón sería de aplicación un baremo. Ese baremo, ademais da entrevista persoal co candidato ou candidata, tería que ter en conta os criterios como os seguintes: (i) Expediente académico, (ii) experiencia investigadora previa e os seus resultados, (iii) experiencia profesional, (iv) estadías de investigación ( v) cursos realizados e impartidos e (vi) coñecemento de idiomas. Estes criterios serían de aplicación tanto para estudantes a tempo completo como estudantes con dedicación a tempo parcial.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.