As sinerxias entre a Bioloxía e a Química fan que un especialista en ambas ciencias teñan por diante un futuro prometedor, pudendo atopar saídas profesionais en multitude de postos de calquera sector, sendo algúns dos máis salientables:
• Acuicultura. • Administración, en postos de competencia profesional e nivel académico de Biólogo e/ou Químico. • Asesoramento científico-técnico. • Bioquímica. • Biotecnoloxía. • Clínicas, hospitais e laboratorios. • Comercialización e asistencia técnica ao cliente, comprador ou usuario do produto, equipo, etc. • Control de calidade, auditoría e acreditación. • Control, xestión, avaliación e auditoría ambiental. • Ensino da Bioloxía, da Química e das ciencias en xeral. • Explotación industrial racional e sustentable dos recursos naturais (petroquímicas, siderúrxicas, metalúrxicas, madereiras, papeleiras, cementeiras, cerámicas, etc.). • Industria agroquímica (fertilizantes, plaguicidas, etc.) • Industria de perfumería, cosmética, produtos de hixiene persoal e produtos de limpeza. • Industria electrónica, de plásticos, de fibras sintéticas, de caucho, etc. • Industrias farmacéuticas e alimentarias. • Investigación. • Parques zoolóxicos. • Policía científica. • Prevención de Riscos Laborais e Hixiene Industrial. • Produtos auxiliares para a industria (disolventes, aditivos, catalizadores, lubricantes, pinturas, etc.). • Produtos radioquímicos. • Proxección, instalación, dirección, xestión e control de laboratorios e plantas. • Química biolóxica, xenómica e proteómica. • Química Forense. • Transporte de mercadorías perigosas. • Tratamento e potabilización da auga. • Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos. • Xardíns botánicos.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Física | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estatística | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xeografía Física | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Citoloxía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Histoloxía | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Bioquímica I | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Matemáticas 1 | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Xeral 1 | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Xeral 2 | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Xeral 3 | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Introdución á Botánica: Botánica Xeral | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Organografía Microscópica | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Bioquímica II | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Analítica 1 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Analítica 2 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Física 1 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Física 2 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Orgánica 1 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Orgánica 2 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Laboratorio de Química 2 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Botánica Sistemática: Criptogamia | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Zooloxía I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Zooloxía II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Química Analítica Instrumental 1 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Física 3 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Experimentación en Química Física | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Inorgánica 1 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Inorgánica 2 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría Química | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Microbioloxía | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Microbioloxía Aplicada e Control Microbiolóxico | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xenética | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía Vexetal I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía Vexetal II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Química Analítica Instrumental 2 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Inorgánica 3 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Inorgánica 4 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ampliación de Química Orgánica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Experimentación en Química Orgánica | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas en Microbioloxía | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xenética Molecular | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Botánica Sistemática: Fanerogamia | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía Vexetal Aplicada | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía Animal I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía Animal II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Deseño, Redacción e Xestión de Proxectos en Química | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Bioquímica e Bioloxía Molecular | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Analítica Avanzada e Quimiometría | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Física Avanzada | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Inorgánica Avanzada | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química Orgánica Avanzada | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xenética de Poboacións e Evolución | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Biodiversidade Animal e Medio Ambiente | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Adaptacións Funcionais da Fauna ao Medio | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ecoloxía I: Individuos e Ecosistemas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ecoloxía II: Poboacións e Comunidades | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Ciencia de Materiais | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo de Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 15,0 ECTS | |
| Traballo de Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ecoloxía Humana | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.