Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.
10
prazas ofertadas no curso 2024/2025
Perfil de admisión recomendado
A prelación no acceso dos candidatos/as establecerase en cada universidade en relación aos seguintes criterios de selección: (a) en primeiro lugar, terán preferencia de acceso a estes estudos os estudantes que dispoñan do título de grao en, por esta orde, Psicoloxía, Logopedia, Terapia Ocupacional, Psicopedagoxía, Mestre de Infantil ou Primaria (b) en segundo lugar, os estudantes serán puntuados prorrateadamente sobre un máximo de 6 puntos en relación á súa puntuación no expediente académico de grao e a un máximo de 2 puntos en relación ao nivel de coñecemento de inglés acreditado documentalmente, (c) en terceiro lugar, valorarase ata 1 punto o axuste da carta de motivacións e intereses do estudante en relación a cada un dos tópicos de investigación que desenvolve cada equipo de investigación de cada unha das liñas do Programa.
Procedemento xeral de solicitude de admisión
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Requisitos de admisión específicos da CAPD
A solicitude de admisión, e a matrícula nas actividades formativas, realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI do/a Centro.
- Para os que teñen “usuario” na secretaría virtual: http://matricula.udc.es/secretaria/login.asp
-Para os que son novos: http://matricula.udc.es/loginx/login.asp
A CAPD publicará as listaxes provisional e definitiva do alumnado admitido en web do programa de doutoramento e no portal de estudos da UDC.
DOCUMENTACION:
a) Titulo de mestrado (hai uns de acceso preferente) ou de doutoramento (DEA ou suficiencia investigadora). Teñen preferencia os establecidos na memoria.
b) Título de grao (teñen preferencia, por este orden, Psicoloxía, Logopedia, Terapia Ocupacional, Psicopedagoxía, Mestre de Infantil
ou Primaria)
c) Expediente académico de grao (os alumnos serán puntuados prorrateadamente sobre un máximo de 6 puntos
en relación a sua puntuación no expediente académico de grao)
d) Nivel de coñecemento de inglés acreditado documentalmente (un máximo de 2 puntos)
e) carta de motivaciòns e intereses do alumno en relación a cada un dos los tópicos de investigación que desenrola
cada equipo de investigación de cada unha das líñas do PD ( valorará hasta 1 punto).
Os aspirantes non admitidos poderán presentar unha reclamación no prazo e forma establecidos na correspondente convocatoria. Transcorrido o prazo de reclamacións e resoltas estas, remitirase a relación de alumnos/as admitidos ao órgano de xestión de alumnos correspondente, a efectos de poder formalizar a súa matrícula no prazo que se sinala. De non formalizar a súa matrícula, o solicitante decaerá nos seus dereitos.
As reclamacións á listaxe provisional se dirixirá á UADI do/a Centro.
A solicitude de matrícula a tempo parcial, cambio de modalidade de matrícula e baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI do/a Centro.
Matrícula a tempo completo e a tempo parcial
O doutorando poderá matricularse a tempo completo ou a tempo
Prazos
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.