Apréndese a ser un profesional cun perfil eminentemente xurídico, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co mundo do dereito e con capacidade para liderar o desenvolvemento de proxectos e adaptarse de xeito eficiente a un ámbito de rápida evolución.
Respecto ao contido adquírese un coñecemento teórico e práctico do noso sistema xurídico, tanto o de ámbito nacional como o autonómico e o europeo.
Os nosos alumnos tamén aprenden a argumentar e a manexar as ferramentas básicas para actuar nos tribunais, nos despachos de avogados, administracións públicas etc.
Podes obter máis información premendo aquí.
Entre outras, algunhas das competencias xenéricas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes :
Entre outras, algunhas das competencias específicas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:
Entre outras, algunhas das competencias xenéricas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes :
< p>Desde o punto de vista da inserción laboral, os nosos graduados en Dereito contan cunhas perspectivas altas de accederen a un emprego, pois a versatilidade dos estudos, posibilítalles desempeñar unha actividade xurídica tanto no campo privado como no público.
< p>Pero sobre todo, as características socioeconómicas tanto da cidade da Coruña coma da súa área metropolitana contan cun importante desenvolvemento dos sectores de servizos e industria que precisan de profesionais do ámbito xurídico. < p>Na cidade ten a súa sede o máximo órgano xudicial da Comunidade Autónoma, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Audiencia Provincial e un importante número de xulgados. < p>Así mesmo, na capital herculina aséntase a Delegación do Goberno en Galicia e un bo número de organismos autonómicos, o que determina unha gran demanda de postos na administración pública. < p>Polo que respecta á iniciativa privada, son especialmente significativas as empresas dedicadas ao mundo da banca e ao sector téxtil, todas elas cunha clara necesidade de contar con gabinetes ou servizos xurídicos.As principais saídas profesionais son as seguintes:
As principais empresas e institucións que colaboran, principalmente para a realización das prácticas externas son as seguintes:
< p>O Grao en Dereito articúlase en catro cursos -< strong>240 créditos ECTS- e, á súa vez cada curso, en materias cuadrimestrais. Cunha media de cinco materias en cada cuadrimestre.
< p>Concretamente, o plan de estudos distribúese do seguinte modo: < p>O primeiro curso está integrado por materias de formación básica cunha equivalencia de < strong>60 créditos repartidos entre materias correspondentes á rama de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas. < p>O resto de créditos ata completar os 240 repártense do seguinte xeito: < strong>144 créditos obrigatorios e < strong>30 optativos. < p>Dentro das materias optativas encóntranse a posibilidade de realizar prácticas externas cunha asignación de < strong>6 créditos. < p>Finalmente, está prevista a realización do traballo de fin de grao e a súa defensa só será posible se se superaron todos os créditos do grao (este traballo ten unha equivalencia de < strong>6 créditos ECTS).Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| España na Configuración Histórico-Xurídica de Europa | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Comunicación Oral e Escrita | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Principios Económico-Contables da Empresa | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría do Dereito | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito da Persoa | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Principios de Economía e Facenda Pública | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Organización Constitucional do Estado | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Penal. Parte Xeral | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos Romanísticos da Cultura Xurídica Occidental | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Dereito da Empresa | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Eclesiástico do Estado | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito de Familia | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Constitución e Poder Xudicial | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Institucións e Ordenamento Xurídico-Administrativo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito de Obrigas e Danos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Actuación e Bens das Administracións Públicas | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Dereito Financeiro | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Internacional Público | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Sancionador | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Dereito da Unión Europea | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Mercantil: Dereito de Sociedades e de Títulos-Valores | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito do Traballo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito da Contratación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Penal. Parte Especial | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Filosofía do Dereito | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereitos Reais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Procesual Penal | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Tributario | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Público Autonómico | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Internacional Privado | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Procesual Civil | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito de Sucesións | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Mercantil: Contratos Empresariais. Dereito Concursal e Dereito Marítimo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito de Estranxeiría | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito da Seguridade Social | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Criminoloxía | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Penitenciario | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Dereito e Biomedicina | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Teoría e Práctica da Argumentación Xurídica | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnica Xurisprudencial Romana | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Dereito Matrimonial Comparado | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Aproximación Cinematográfica ao Dereito | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Dereito da Propiedade Inmobiliaria | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Dereito Internacional dos Espazos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Prácticas Externas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
A posta en marcha e o plan de estudos do Grao en Dereito obtivo o informe favorable de toda unha serie de axentes externos.
Concretamente, da Fiscalía de Galicia, do Decanato de Rexistradores de Galicia, da Academia Galega de Administración Pública, do Colexio Notarial de Galicia e do Colexio de Procuradores de Galicia .
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
< p>En canto aos programas de mobilidade en particular a Facultade favorece a mobilidade internacional dos seus estudantes en universidades dos cinco continentes, singularmente nas principais universidades de Europa e en Estados Unidos.
< p>A Facultade participa nos seguintes programas nacionais e internacionais de mobilidade: . < p>a) Programa Erasmus: Os estudantes da Facultade de Dereito teñen a posibilidade de ampliaren os seus estudos en universidades de Alemaña, Bélxica, Italia, Portugal, Francia, Romanía, Eslovenia, Lituania, Malta, República Checa, Polonia e Turquía. Tamén se reciben estudantes destas procedencias cada curso. < p>b) Programa SICUE-SÉNECA é un sistema de mobilidade de alumnos que desexen realizar un curso académico noutra universidade española. Inclúe o programa de intercambio SICUE e a convocatoria de bolsas SÉNECA. < p>c) Así mesmo, a Universidade da Coruña dispón dun programa de intercambio de estudantes no marco de convenios bilaterais con outras universidades estranxeiras, como Brasil, Chile, Costa Rica, Cuba, Uruguai, México ou Arxentina, pero tamén outros como EE.UU. e Reino Unido.