Nestes estudos capacitase ao futuro profesional para responder as necesidades das persoas e ao seu entorno de maneira dinámica e responsable en distintos lugares de atención e contextos sociais, para o que se abordan diferentes disciplinas (biomédicas, psicosociais, enfermaría,..) estudando o organismo, as súas funcións e o comportamento das persoas no proceso de saúde-enfermidade, o que lle permite prestar coidados de saúde de alta calidade aplicando o coñecemento científico, os métodos e técnicas propios da disciplina.
A formación práctico clínica da titulación representa unha porcentaxe elevada do total de créditos, o que permite ao estudante aplicar e integrar coñecementos, habilidades e actitudes relativos aos coidados de enfermaría nun escenario real da actividade profesional en centros asistenciais da área sanitaria.
A actividade profesional desenvólvese en: centros sanitarios, socio-sanitarios, sociais, educativos e outros (empresa, ONG, Defensa, centros penitenciarios, exercicio libre...).
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía | Formación Básica | Anual | 12,0 ECTS | |
| Anatomía | Formación Básica | Anual | 9,0 ECTS | |
| Bioloxía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Psicoloxía | Formación Básica | Anual | 9,0 ECTS | |
| Sistemas da Información e Comunicación en Ciencias da Saúde | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos da Enfermaría | Obrigatoria | Anual | 12,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Farmacoloxía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Situacións de Risco para a Saúde e Radioloxía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enfermaría Comunitaria I | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enfermaría da Saúde Mental | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ética Profesional, Marco Legal e Filosofía do Coidado | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estadías Clínicas I | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estadías Clínicas II | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enfermaría Clínica I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enfermaría Clínica II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Enfermaría Clínica III | Obrigatoria | Anual | 9,0 ECTS | |
| Enfermaría Materno-Infantil | Obrigatoria | Anual | 9,0 ECTS | |
| Enfermaría Comunitaria II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enfermaría Xerontolóxica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión dos Servizos da Enfermaría | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enfermaría Laboral | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Farmacoterapia | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estadías Clínicas III | Prácticas externas | Anual | 18,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Estadías Clínicas IV | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Estadías Clínicas V | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estadías Clínicas VI | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estadías Clínicas VII | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticum | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 24,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Nutrición | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.