Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias da Saúde

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

30 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O estudante terá unha formación previa no ámbito das ciencias da saúde e/ou experiencia profesional ou investigadora contrastable no ámbito: Titulados en Medicina, Terapia ocupacional, Enfermaría, Fisioterapia, Podoloxía, Farmacia, Bioloxía, etc.

A CAPD establece unhas condicións específicas para a admisión que deben ser tidas en conta por parte do alumnado

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A Comisión Académica (CAPD) acordou que para estudar as solicitudes, deben cumprir cos seguintes requirimentos:
  • 1. A solicitude de admisión debe achegar un anteproxecto de tese avalado por un doutor (Pódese descargar unha plantilla de referencia na Web do programa: www.doctoradosalud.udc.es
  • 2. Polo menos un dos directores debe formar parte do programa de doutoramento cuxo listado se pode consultar na Web
  • 3. A proposta de anteproxecto debe estar adscrita a unha das liñas de investigación establecidas no programa de doutoramento que pódense consultar no enderezo do programa
  • 4. Os directores deben acreditar cumprir cos requisitos establecidos para poder dirixir teses segundo o REDUDC utilizando para iso o formulario establecido. Se na UADI (unidade administrativa encargada do Programa) xa se dispón desta acreditación, non é necesario volver entregala, como é o caso de todos os profesores do programa.

Para a selección do alumnado a Comisión Académica valorará as solicitudes de acordo ao seguinte baremo:

  • 1. Proposta de investigación (0-5,5 puntos). Valorarase a proposta de temática de tese presentada, a viabilidade do proxecto de acordo a algunha das liñas de investigación do programa e a posibilidade da designación dunha dirección de tese. Requirirase alcanzar un mínimo de 4 puntos para ser admitido no programa.
  • 2. Obtención de bolsas de investigación (2 puntos).
  • 3. Experiencia investigadora e/ou profesional en calquera dos ámbitos laborais aos que se orientan as liñas de investigación do programa de doutoramento (1,5 puntos).
  • 4. Expediente académico e nota do mestrado se a titulación previa é acorde co programa, ponderable en función da afinidade ás liñas de investigación do programa (1 punto).

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.