Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

2026/2027 · 240 créditos

Que se aprende

Tódolos graos en enxeñería comparten un sistema de formación similar que promove o sustento do coñecemento específico sobre unha sólida formación básica. Esta é quizais unha das diferenzas fundamentais entre unha enxeñaría e os estudos de grao medio (formación profesional). Por este motivo, entre os contidos propios hai materias básicas que ocupan os primeiros anos e específicas ou propias da titulación, que son comúns a calquera enxeñería das estudadas na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, facilitando ao estudantado o paso dunha titulación a outra sen ningún problema.


Co Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais poderás elixir áreas de especialización, sen renunciar a unha formación de carácter xeneralista.


Ao inicio da titulación estúmase a base científica e técnica común á enxeñería, a continuación, impártense os coñecementos propios da rama industrial e finalmente, cursanse as materias optativas que abranguen coñecementos diversos (robótica, industria intelixente, tecnoloxía nuclear, planificación enerxética, construción de plantas industriais e sistemas enerxéticos, entre outras).

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

A revolución científico-tecnolóxica na que estamos inmersos supón un incremento da demanda de enxeñeiras e enxeñeiros. 


As características socioeconómicas de Galicia, que conta cun importante tecido empresarial e industrial, fai que a demanda de enxeñeiras e enxeñeiros sexa constante. 


Isto facilita a inserción dos nosos graduados e graduadas, que contan cunha empregabilidade do 100%.

Saídas profesionais e académicas

Esta titulación permite traballar en tódolos sectores da industria (loxística, automoción, metalurxia, mecánica, aeroespacial, enerxía, automatización, mantemento, etc.), así como en investigación e en docencia. Entre as múltiples actividades que poderán desempeñar están:

  • Programación de computadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñería.
  • Xestión dos procesos de negocio da smart factory
  • Cálculo e deseño de canalizacións, e sistemas de fluídos, máquinas, estructuras e construccións industriais, automatismos, etc.
  • Analista de riscos
  • Xestión de calquera tipo de plantas (química, nucleares, enerxéticas, etc)
  • Loxística, xestión e organización de empresas
  • Modelización matemática e computación en centros tecnolóxicos e de enxeñería
  • Participación en proxectos multidisciplinares
  • Participación en proxectos de investigación

Empresas e institucións colaboradoras

A Escola dispón de máis de 200 convenios asinados con empresas de todos os sectores industriais. Todos os anos engádense empresas á listaxe, que faciliten a incorporación laboral dos egresados e egresadas á empresa, así como a posibilidade de realizar prácticas durante a súa etapa académica. Amósase a continuación unha listaxe das empresas máis relevantes: 

  • Inditex
  • Navantia
  • Reganosa
  • Gamesa, S.A.
  • Televés, S.A.
  • Ferrovial
  • Peugeot Citröen Automóviles España, S.A.
  • Naturgy
  • Fillos de Rivera, S.A.U (Estrella Galicia)

Planificación do ensino

O título de graduado en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais consta dun total de 240 créditos ECTS, distribuídos en catro cursos de 60 créditos cada un (que corresponden a 10 disciplinas por curso, repartidas en dous cuadrimestres) a excepción do Traballo Fin de Grao (última materia que se vai cursar) que ten unha carga lectiva de 12 créditos.

Esta titulación conta con disciplinas obrigatorias e optativas. Durante os tres primeiros cursos cursanse as disciplinas obrigatorias en cuarto curso existe unha optatividade que lle permite ao alumnado escoller as disciplinas que considere máis afíns aos seus intereses. Dentro desta optatividade existen 54 créditos (9 materias) das catro terá que escoller 30 créditos (5 materias) para rematar os seus estudos e por último o Traballo Fin de Grao que conta con 12 créditos. 

As materias optativas son as que se mostran a continuación: Diseño Mecánico Asistido por Ordenador, Deseño e simulación de recipientes a presión, industrial intelixente IIoT, Construción de Plantas Industriais e Sistemas Enerxéticos, Prácticas Externas, Tecnoloxía Nuclear, Robótica Industrial, Simulación de Procesos Industriais e Optimización e Planificación enerxética

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Grao Segundo Cuadrimestre 12,0 ECTS
Optativa Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS

Profesorado

Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.