Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica

2023/2024 · 60 créditos

Que se aprende

Os egresados do Mestrado de Informática Industrial e Robótica van ser profesionais capacitados para analizar, deseñar e implementar solucións dixitais en contornas industriais de produción. Serán capaces de comprender como funciona a industria e de deseñar sistemas dixitais para a mellora da produción. Estes profesionais converteranse en elementos fundamentais para axudar de forma eficiente na transformación dixital do noso tecido industrial. Terán unha alta especialización que garantan que o proceso de avance cara á industria 4.0 prodúzase de forma eficiente e con garantías de éxito. De forma máis concreta, os profesionais que superen a titulación do Mestrado de Enxeñería Informática e Robótica terán unha sólida formación en tecnoloxías relacionadas coa industria 4.0: :

  • Robótica.
  • Automatización industrial.
  • Big Data & Analitics.
  • Fabricación aditiva.
  • Programación de dispositivos industriais.
  • Computación na nube.
  • Aplicación de técnicas de intelixencia artificial á industria.
  • IoT Industrial.
  • Computación na industria.
  • Realidade aumentada.
  • Competencias completas do estudo

    Saídas profesionais e académicas

    Algúns exemplos das actividades que poderán realizar os egresados son:

  • Deseñar, desenvolver e implementar sistemas dixitais para a automatización da industria.
  • Analizar datos na industria para a extracción de información valiosa e proposta de solucións de mellora en todos os niveis da empresa (a nivel de campo, planificación da produción e xestión).
  • Desenvolvemento de solucións de programación en contornas industriais (tanto a nivel de operación como a niveis de xestión).
  • Desenvolvemento de solucións para a xestión da información dixital da industria
  • Programar sistemas de intelixencia artificial nos diferentes sistemas industriais.
  • Desenvolvemento de solucións de fabricación aditiva (impresión 3D).
  • Implementación de sistemas de computación na nube e IoT industrial.
  • Programación de robots móviles e manipuladores.
  • Despregar e configurar redes de comunicacións industriais.

    Os egresados, que desexan continuar a súa formación ao labor investigador poderán acceder á realización de estudos de doutoramento. En particular, o Mestrado en Informática Industrial e Robótica está aliñado co programa de doutoramento de Enxeñería Industrial, Informática e Ambiental da ULL

  • Contorno profesional no que se sitúa

    Dado o carácter interuniversitario da titulación, os egresados terán a opción de coñecer outras contornas industriais nos que poderán enriquecerse e crecer como profesionais. En definitiva, o obxectivo é formar aos líderes da transformación dixital da nosa industria que a nosa sociedade actual está a demandar

    Empresas e institucións colaboradoras

    Disponse de convenios de colaboración educativa con máis de 80 empresas, entre as que se atopan: ALCOA, ENDESA GENERACIÓN S.A., FERROVIAL, GAMESA, GAS NATURAL SDG S.A., NAVANTIA, RED ELÉCTRICA, REGANOSA…

    Planificación do ensino

    A distribución de materias ao longo do curso é a seguiente:

    • Primeiro cuadrimestre.

    Durante o primeiro cuadrimestre o alumno realizará 6 materias obligatorias e 1 optativa a escoller entre 4 ofertadas.

    • Segundo cuadrimestre.

    Durante o segundo cuadrimestre o alumno realizará:

    6 materias optativas dun itinerario (a UDC oferta 14 e a ULL 12), Prácticas en empresa e o Traballo Fin de Mestrado.

    Horarios

    Esta titulación dispón de guía docente
    Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

    Estrutura do estudo

    Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Accionamentos Industriais Obrigatorio 4,5 ECTS
    Automatización Avanzada Obrigatorio 4,5 ECTS
    Sistemas Embebidos Obrigatorio 4,5 ECTS
    Linguaxes de Alto Nivel para Aplicacións Industriais Obrigatorio 4,5 ECTS
    Robótica Intelixente e Sistemas Autónomos Obrigatorio 4,5 ECTS
    Programación Virtual de Instrumentos Obrigatorio 4,5 ECTS
    Automatización Industrial Optativo 3 ECTS
    Tecnoloxía de Control Optativo 3 ECTS
    Redes Informáticas de Comunicacións Optativo 3 ECTS
    Sistemas de Información en Contornas Industriais Optativo 3 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Comunicacións Industriais e Sistemas en Tempo Real Optativo 3 ECTS
    Sistemas Ciberfísicos Optativo 3 ECTS
    IoT Industrial Optativo 3 ECTS
    Big-data & Analytics Optativo 3 ECTS
    Realidade Aumentada, Visión Artificial Optativo 3 ECTS
    Fabricación Aditiva Optativo 3 ECTS
    Smartcities - Smartregions Optativo 3 ECTS
    Simulación para a Industria 4.0 Optativo 3 ECTS
    Intelixencia Computacional Optativo 3 ECTS
    Cloud Computing Optativo 3 ECTS
    Procesamento de Sinais con Aprendizaxe Automática Optativo 3 ECTS
    Metaheurísticas Optativo 3 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Prácticas en Empresa Obrigatorio 3 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Traballo Fin de Máster Obrigatorio 9 ECTS

     BOE co plan de estudos (PDF)

    Profesorado

    O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

    Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo
    • Asignada a docentes do estudo

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.