Programa Oficial de Doutoramento en Arquitectura e Urbanismo

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

30 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderá ser admitido no programa quen se encontre nalgunha das seguintes situacións:

  • rama de coñecemento : Artes e Humanidades e Ciencias
  • ámbito/s de coñecemento: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñería civil; Estudos de xénero e estudos feministas; Historia da arte e da expresión artística, e bellas artes; Historia, arqueoloxía, xeografía, filosofía e humanidades; # Industrias culturais: deseño, animación, cinematografía e produción audiovisual. competencias, capacidades e coñecementos previos: Os propios dos ámbitos de coñecementos sinalados.
  • titulacións de acceso : Persoas con titulación de Arquitecto, Graduado en Arquitectura (título en extinción), Grao en Estudos de Arquitectura. Excepcionalmente, admitiranse doutorandos con outras titulacións afíns á Arquitectura e o Urbanismo a xuízo da Comisión Académica.
  • competencias lingüísticas recomendadas para a realización destes estudos: Dominio dalgún dos idiomas sinalados como oficiais polo Programa.
  • de non ter realizado un máster, ter unha formación equivalente en créditos de investigación ou ter realizado polo menos 300ECTS de formación investigadora relacionada directamente co programa, poderanse realizar, se así o considera a comisión académica, os complementos formativos que se sinalen.
  • ter obtido o título de DEA en programas similares a este programa de doutoramento.

Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión, e establecer complementos específicos de formación

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A admisión e matrícula no Programa de Doutoramento realizarase de acordo coa normativa establecida para tal efecto pola Universidade da Coruña. Os requisitos de acceso serán os indicados na citada normativa e, ademais da documentación esixida pola Universidade da Coruña, o alumno deberá presentar a seguinte documentación:

  • Curriculum vitae.
  • Carta de motivación, na que o alumno deberá explicar as razóns polas que desexa matricularse neste Programa de Doutoramento, e indicar a temática na que lle gustaría realizar a súa teses doutoral (especificando a liña de investigación á que lle gustaría incorporarse e propoñendo un profesor do programa como titor)

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.