Programa Oficial de Doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

10 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

estudos pre-Boloña:

  • Enxeñeiro Industrial.
  • Naval e Oceánica Engineer.

    Estudos Bologna:

    • Mestrado en Enxeñaría Industrial.
    • Mestrado en Naval e Oceánica Enxeñaría.
    • Technologies Research Master in Naval e Industrial.
    • Mestrado en Enxeñaría e Tecnoloxía Industrial.
    • Mestrado en Naval e Oceánica Technology.
    • Mestrado en Photonics e Laser Technology.
    • Mestrado en Materiais Complexos: Análise Térmica e reolóxicas

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A petición de admisión realizarase mediante a través da Secretaría Virtual e a documentación presentaranse na UADI da Escola Politécnica Superior.

A CAPD publicará as listaxes provisionais e finais dos alumnos admitidos aos estudos de doutoramento no portal web da UDC

As reclamacións ás listas provisionais pode realizalas na uadi da Escola Politécnica.

A petición de inscripción a tempo parcial, e a baixa e suspensión no programa debe ser presentadas na uadi da Escola Politécnica.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.