Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Estratexias de Aprendizaxe e Estudo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Metodoloxías de Investigación Orientadas á Innovación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Política e Lexislación Socioeducativa | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Psicopatoloxía Infanto-Xuvenil | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Prácticum | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Necesidades Específicas de Apoio Educativo e Adaptacións Curriculares | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Recursos Educativos para a Atención á Diversidade | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Intervención Psicopedagóxica nos Trastornos do Desenvolvemento | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Intervención Psicopedagóxica nas Dificultades de Aprendizaxe | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Tutoría, Mentoría e Coaching | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Orientación Profesional | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Deseño de Plans de Formación | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Intervención Psicopedagóxica no Medio Familiar | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Necesidades de Formación no Ámbito Laboral | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Inclusión Educativa e Práctica Psicopedagóxica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Asesoramento e Desenvolvemento Profesional | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Motivación en Contextos Educativos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.