Perfil de admisión recomendado
O perfil de ingreso a este programa de doutoramento está orientado cara a aqueles estudantes que,
cumprindo os requisitos de acceso, cursasen e aprobasen os seguintes másteres impartidos
polas facultades de ciencias da educación e facultades de formación do profesorado das
cinco universidades participantes. Entre eles, algúns másteres necesitarán ser completados con
unha formación complementaria sobre Metodoloxía da Investigación Educativa.
• Máster en Innovación, orientación e avaliación educativa pola Universidade da Coruña.
• Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares pola
Universidade da Coruña.
• Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas
pola Universidade da Coruña.
• Máster Universitario en Investigación e Innovación en contextos educativos pola Universidade de
Cantabria.
• Máster Universitario en Intervención e investigación socioeducativa pola Universidade de Oviedo.
• Máster Universitario en Investigación e Innovación en Educación Infantil e Primaria pola
Universidade de Oviedo
• Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación pola Universidade de Santiago de
Compostela
• Máster Universitario en Procesos de Formación pola Universidade de Santiago de Compostela.
• Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento
Comunitario pola Universidade de Santiago de Compostela.
• Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza pola Universidade de
Santiago de Compostela.
• Máster Universitario en profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e bacharelato, formación
profesional e ensino de idiomas.
• Máster Universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos pola Universidade de
Vigo.
• Máster Universitario en Investigación psicosocioeducativa con adolescentes pola Universidade de
Vigo.
• Máster Universitario en Necesidades específicas de apoio educativo pola Universidade de Vigo.
• Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos por
a Universidade de Vigo.
• Máster en desafío das cidades polas universidades de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela,
Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD); Universidade do Minho; Universidade do Porto.
• Máster Universitario para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato,
formación profesional e ensino de idiomas.
• Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil
e Primaria pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a
Universidade de Vigo.
Así mesmo, ademais dos masteres oficiais citados no punto 1, terán preferencia os másteres vinculados a Ciencias da educación sobre os doutras áreas de coñecemento.
Requisitos de admisión específicos da CAPD
A CAPD valorará as solicitudes de admisión no programa de doutoramento en función dos seguintes criterios:
• Terán prioridade de acceso ao Doutoramento os solicitantes que teñan unha traxectoria formativa
logo de grao e posgrao do ámbito da educación priorizados estes candidatos segundo o
criterio de expediente académico.
• A CAPD poderá admitir a candidatos cuxa formación previa de grao ou máster non estea
nuclearmente relacionada coa educación sempre que a Comisión considere que a súa traxectoria
formativa e/ou experiencia laboral previa é coherente co Programa de Doutoramento. Estos
candidatos serán igualmente priorizados por expediente académico.
• Cada universidade realizará a admisión do seu copo de candidatos e, en caso de que o dito cota non
sexa cuberto, as prazas sen adxudicar poderán ser asignadas para candidatos das demais
universidades seguindo os mesmos criterios 1.
• Os candidatos/as doutros países deberán acreditar un dominio B2 (outorgado por unha institución
oficial) das linguas establecidas nesta memoria do PD. segundo sedes.
Os criterios de priorización para a baremación son os seguintes:
• Titulación de acceso previo no Grao e no Máster: ata 3 puntos. Tendo prioridade os
títulos de ciencias da educación (pedagoxía, psicopedagoxía, educación social, maxisterio,
Grao en Pedagoxía/Educación en Profesorado de materias escolares) (ata 2 puntos). Másteres
prioritarios ou vinculados a Ciencias da educación (ata 1 punto)
• Expediente académico e nota do máster se a titulación previa é acorde co programa: ata 2
puntos. Sobre o total, a media do Grao puntúa ata 0,5 e a media do Máster ata 1,5
• Experiencia investigadora logo de (ata 0,5 puntos)
• Estancias de investigación (0,25 puntos)
• Becas de investigación (hasta 0,5 puntos)
• Publicacións relacionadas coa temática do programa (ata 1 punto)
• Tema da tesis doutoral afín aos obxectivos do programa (ata 0,75 puntos)
• Experiencia profesional (ata 1 punto)
• Cuestionario de intereses e expectativas do candidato (ata 0,5 puntos)
• Outros: certificado de idiomas, cursos impartidos e recibidos, estadías no estranxeiro (ata 0,5
puntos)
• Entrevista persoal: realizarase unha entrevista coas persoas candidatas no caso de que
resulte conveniente ou necesario clarificar algunha información. A entrevista non pondera.
• Aval: os e as solicitantes poderán apoiar a súa candidatura co informe dun doutor ou doutora do
programa, indicando: (i) a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de
investigación do programa e (ii) que pode exercer como persoa directora en caso de cumprir os
requisitos necesarios para iso. O aval non pondera.
Para ser admitido no programa de doutoramento débese acadar unha puntuación mínima de 4 puntos.