Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial

2024/2025 · 60 créditos

Enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Terán preferencia as solicitudes de admisión correspondentes a alumnos que conten cunha titulación de Grado en Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto ou Enxeñería Técnica en Deseño Industrial, podendo tamén acceder alumnos doutras titulacións de Enxeñería con experiencia proxectual no ámbito do Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto.

Requisitos de acceso comúns

O acceso ó título ateráse ás disposicións do Ministerio de Universidades, a Comunidade Autónoma de Galicia e o desenvolvemento normativo da Universidade da Coruña, en base ós requisitos de acceso establecidos polo RD 822/2021, do 28 de setembro.

De acordo co apartado 6 do artigo 18 do Real Decreto, a Universidade reservará ó menos un 5 por cento das prazas ofertadas para estudantes que teñan recoñecido un grado de discapacidade igual ou superior ó 33 por cento, así como para estudantes con necesidades de apoio educativo permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade, que nos estudios anteriores teñan precisado de recursos e apoios para a súa plena inclusión educativa.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

20 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Criterios e procedementos de admisión

No caso particular do Máster en Enxeñaría en Deseño Industrial, ademais dos requisitos xenéricos de admisión establecidos polo RD 822/2021, de 28 de setembro e as demais disposicións vixentes, de acordo coa Normativa de Xestión Académica da UDC, establécense os seguintes requisitos e criterios específicos de valoración para garantir unha adecuación do alumnado ó perfil formativo, criterios que serán aplicados pola Comisión de Admisión do Máster, designada por Xunta de Escola entre profesores da titulación:

• Adecuación da titulación de acceso ós contidos do Máster, tendo preferencia as solicitudes de admisión correspondentes a alumnos que conten cunha titulación de Grado en Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto ou de Enxeñería Técnica en Deseño Industrial, podendo tamén acceder alumnos doutras titulacións de Enxeñería con experiencia proxectual no ámbito do Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto.

• Expediente académico.

• Experiencia profesional.

Prazos

Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: