Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Deontoloxía e Técnicas Transversais | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Práctica Procesual Civil | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Práctica Substantiva Civil I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Práctica Procesual Penal | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Práctica Substantiva Penal | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Práctica Substantiva Civil II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Prácticas Externas I | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 15,0 ECTS | |
| Técnicas Instrumentais | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Práctica Procesual e Substantiva Laboral | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Práctica Administrativa | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Práctica Mercantil | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Práctica Tributaria | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas Externas II | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 15,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.