Programa Oficial de Doutoramento en Saúde e Motricidade Humana

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

12 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

Serán titulacións preferentes: Grao en Medicina, Grao en Bioloxía, Grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Grao en Fisioterapia, Grao en Enfermaría, Grao en Podoloxía, Grao en Terapia Ocupacional. Consideraranse tamén os estudos de licenciatura de plans de estudos extinguidos ou en proceso de extinción.

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento establece condicións específicas para a admisión descritas no apartado de requisitos de admisión específicos da CAPD.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento establece dous requisitos específicos para considerar a solicitude de admisión:

  • 1º: Dado que non se establecen complementos de formación específicos para o acceso a este Programa de Doutoramento, cada curso académico a CAPD valorará e baremará as solicitudes presentadas que se ordenaran de maior a menor puntuación. Este requisito é de obrigado cumprimento.
  • Baremo
  • 2º: As solicitudes de admisión deberán ir acompañadas dun Compromiso de Dirección con anteproxecto de tese doutoral convintemente cumprimentado e asinado por polo menos un membro do profesorado do programa. Este requisito dará prioridade á o alumnado que o presente.
  • Anteproxecto

    Ambos os documentos deberán de enviarse por correo electrónico ao coordinador do programa no momento de presentar a solicitude.

    A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase, xunto á solicitude asinada, no Centro Universitario de Oza (Facultade de Ciencias da Saúde)

    Prazos

    A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

    Matrícula

    Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

    Axudas predoutorais

    Consulta as axudas predoutorais na UDC.