Programa Oficial de Doutoramento en Investigación Agraria e Forestal

2025/2026

Que se aprende

1 Dendrocronoloxía, xiloxénese e anatomía cuantitativa da madeira.

2 Diagnóstico e control de enfermidades de plantas agrícolas, forestais e ornamentais. Micorrizas arbusculares. Fongos productores de micotoxinas en alimentos e forraxes e pensos.

3 Propagación vexetativa. Micorrización. Avaliación de risco do arboredo. Producción integrada e micorrización de cultivos. Prevención e seguridade da saúde no sector agroforestal.

4 Protección de cultivos. Viticultura. Pequenos froitos. Sanidade Forestal.

5 Recursos fitoxenéticos. Agronomía de cultivos.

6 Sistemas Agroforestais. Modelización integrada económica e ambiental, análise e optimización para o desenvolvemento de sistemas agrícolas e forestais sustenbles. Cambio Climático. Indicadores de sustenbilidade e servicios ecosistémicos. Bioeconomía e Economía circular. Desenvolvemento de biofertilizantes. Biochar. Biodiversidade vexetal e especies vexetais ameazadas. Árbores monumentais. Macromicobiota. Botánica forestal e ornamental. Malherboloxía. Repoboacións.

7 Sensores IOT e tratamento avanzado de datos medio ambientais. Aplicación en agricultura e silvicultura. Influencia de variables climáticas, físicas e biolóxicas sobre o tempo de resposta hidrolóxica do solo. Dinámica espazo temporal do contido hídrico do solo. Impacto de prácticas de manexo en sistemas agrícolas e forestais. Agricultura e silvicultura de precisión.

8 Solos agrícolas e forestais: dinámica de nutrientes, manexo e emprego de residuos. Ciclos de macro e micronutrientes. Degradación de solos agrícolas e forestais. Química agrícola e fertilidade de solos. Manexo e conservación de solos. Contaminación de solos. Aproveitamento de residuos.

9 Xenética e mellora de especies cultivadas (CSIC).

10 Xestión e valorización de estércoles e outros subprodutos de uso agrícola. Efectos no solo e no rendemento de distintos cultivos. Obtención de novos fertilizantes e bioestimulantes.

11 Modelización integrado económico e ambiental, análise e optimización para o desenvolvemento da sustenbilidade agrícola e forestal e sistemas. Perspectivas de integración económica na investigación agraria e forestal

Competencias xenéricas

CB11 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.

CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.

CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

Competencias específicas

CA01 Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

CA02 Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.

CA03 Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento

CA04 Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

CA05 Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

CA06 A crítica e defensa intelectual de solucións.

CE01 Capacidade para promover a través da investigación sistemas agrícolas sustenbles.

CE02 Capacidade para promover a través da investigación sistemas forestais sustenbles.

CE03 Capacidade para promover a través da investigación sistemas agroforestais e agroecolóxicos.

CE04 Capacidade para fomentar a biodiversidade e a saúde do solo.

CE05 Capacidade para detectar as principais fortalezas e debilidades edafoclimáticas dos sistemas produtivos.

Competencias transversais

CB11 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.

CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.

CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

Saídas profesionais e académicas

As principais saídas profesionais do doutoramento en Investigación Agraria e Forestal son:

  • Rendibilización das explotacións agrícolas e forestais.
  • Estudos ambientais. Restauración ambiental.
  • Avaliación do impacto ambiental.
  • Prevención de pragas e enfermidades.
  • Recuperación de solos contaminados.
  • Xerencia de empresas e actividades comerciais no sector.
  • Desenvolvemento rural.
  • Deseño e implantación de tecnoloxías de tratamento de augas e emisións.

Por tanto, estes titulados poden desenvolver a súa actividade profesional en empresas, cooperativas e explotacións agrícolas e gandeiras, así como no ámbito da docencia e a investigación e na Administración pública.

Este doutoramento é idóneo para postos directivos en empresas relacionadas co sector agroforestal e para a investigación, tanto dentro de centros tecnolóxicos ou universitarios, como en departamentos de I+D+I na empresa privada. Postos de técnicos ou responsables de departamentos de calidade, de produción e desenvolvemento, asesores e responsables de proxectos, técnicos de recursos enerxéticos técnicos ambientais etc.

Saídas profesionais e académicas

As principais saídas profesionais do doutoramento en Investigación Agraria e Forestal son:

  • Rendibilización das explotacións agrícolas e forestais.
  • Estudos ambientais. Restauración ambiental.
  • Avaliación do impacto ambiental.
  • Prevención de pragas e enfermidades.
  • Recuperación de solos contaminados.
  • Xerencia de empresas e actividades comerciais no sector.
  • Desenvolvemento rural.
  • Deseño e implantación de tecnoloxías de tratamento de augas e emisións.

Por tanto, estes titulados poden desenvolver a súa actividade profesional en empresas, cooperativas e explotacións agrícolas e gandeiras, así como no ámbito da docencia e a investigación e na Administración pública.

Este doutoramento é idóneo para postos directivos en empresas relacionadas co sector agroforestal e para a investigación, tanto dentro de centros tecnolóxicos ou universitarios, como en departamentos de I+D+I na empresa privada. Postos de técnicos ou responsables de departamentos de calidade, de produción e desenvolvemento, asesores e responsables de proxectos, técnicos de recursos enerxéticos técnicos ambientais etc.

Empresas e institucións colaboradoras

Os seguintes organismos de investigación son entidades colaboradoras:

  • Centro de Investigacións Forestais de Lourizán
  • Estación Fitopatolóxica do Areeiro
  • Misión Biolóxica de Galicia

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Biotecnología de vid
  • Botánica ecológica agroforestal
  • Genética y mejora de las especies vegetales cultivadas
  • Gestión de residuos en agricultura. Valorización de residuos y subproductos en agricultura. Fabricación y uso de enmiendas y fertilizantes. Fabricación y uso de sustratos. Agua en el suelo agrícola.
  • Gestión forestal sostenible: sanidad y selvicultura
  • Micorrizas arbusculares. Plagas y enfermedades de plantas agrícolas, forestales y ornamentales. Pequeños frutos. Frutos subtropicales. Plantas ornamentales leñosas. Praticultura.
  • Propagación vegetativa. Micorrización. Evaluación de riesgo de arbolado. Producción integrada y micorrización de cultivos. Prevención y seguridad agroforestal.
  • Protección de cultivos. Viticultura. Pequeños frutos. Producción integrada de patata
  • Recursos fitogenéticos. Agronomía de cultivos. Modelización de cultivos
  • Sistema suelo-planta-atmósfera. Propiedades físicas del suelo. Sistema uelo-planta-atmósfera. Agua en el suelo. Sensores para registro en contínuo en el sistema SPA. Climatología agrícola y forestal.
  • Sistemas Agroforestales. Prevención de incendios. Sistemas silvopastorales. Plantas medicinales y aromátca. Micología. Botánica forestal y ornamental.
  • Suelos agrícolas y forestales: dinámica de nutrientes, manejo y utilización de residuos. Ciclos de macro- y micronutrientes. Degradación de suelos agrícolas.. Química Agrícola y fertilidad de suelos.

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN

Ofértanse como complementos de formación, cun total de 15 créditos ECTS, as seguintes materias:

  • 1)Iniciación á Investigación.
  • 2)Deseño de Experimentos.
  • 3)Expresión Escrita e Oral no Ámbito da Investigación Agraria e Forestal.
  • 4) Análise Estatística de Datos.

Estes complementos de formación son optativos para aqueles alumnos que accedan cunha titulación das que se valoran preferentemente no proceso de admisión do programa. Con todo, no caso de titulacións non preferentes poderán ser esixidas, segundo o criterio da Comisión Académica ata completar un máximo de 15 créditos ECTS.

ACTIVIDADES OPTATIVAS DE FORMACIÓN

  • Seminarios de investigadores do programa. Semestral.
  • Presentación en seminario do estado actual de coñecementos sobre o tema en que se desenvolve a tese. Anual.
  • Participación con presentación oral ou póster nun congreso nacional. Anual.
  • Participación con presentación oral ou póster nun congreso internacional. Anual.
  • Realización de estadía nun centro nacional distinto daquel no que se desenvolva a tese.
  • Realización de estadía nun centro internacional.
  • Elaboración dun artigo científico en revista con revisión por pares de ámbito nacional.
  • Elaboración dun artigo científico en revista do ISI.
  • Realización e presentación dun informe anual sobre o desenvolvemento da tese de doutoramento. Anual.
  • Realización de cursos vinculados con actividades transversais (informática, idiomas, laboratorio, docencia).

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.