Todos os graos en enxeñería comparten un sistema de
formación similar que promove o sustento do coñecemento específico sobre
unha sólida formación básica. Esta é quizais unha das diferenzas fundamentais
entre unha enxeñaría e os estudos de grao medio (formación profesional). Por
este motivo, entre os contidos propios hai materias básicas que ocupan os
primeiros anos e específicas ou propias da titulación.
Así, os graduados e graduadas en enxeñería mecánica adquiren coñecementos en teoría de máquinas e mecanismos, dinámica de vehículos, deseño e ensaio de máquinas, electrónica, sistemas e máquinas fluídomecánicas, automatismos e métodos de control, cálculo e deseño de estructuras e construccións industriais, enxeñería térmica, resistencia de materiais, sistemas de producción e fabricación, tecnoloxías ambientais e sustenbilidade, organización de empresas, organización e xestión de proxectos, técnicas de enxeñería gráfica, elasticidade e resistencia de materiais, enxeñería de materiais, procesos de fabricación, metroloxía e control de calidade.
Para sustentar estes coñecementos específicos, quen se gradúa en Enxeñaría Mecánica recibe formación básica sobre a resolución dos problemas matemáticos que se poidan formular na enxeñaría, sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría, sobre o uso e programación dos ordenadores, sobre os principios básicos da química xeral, orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñería, sobre as técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador, sobre o concepto de empresa e o seu marco institucional e xurídico, sobre a termodinámica aplicada e transmisión de calor, sobre os principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría, sobre os fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais e sobre os principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
A revolución científico-tecnolóxica na que estamos inmersos, supón un incremento da demanda de profesionais da enxeñaría.
As características socioeconómicas da provincia da Coruña, que conta cun importante tecido empresarial e industrial, fai que a demanda de enxeñeiros e enxeñeiras sexa constante.
Isto facilita a inserción dos nosos graduados e graduadas, que teñen unha empregabilidade do 100%.
A EPEF dispón de máis de 200 convenios asinados con empresas de todos os sectores industriais, das cales as máis relevantes son:
O título de graduado ou graduada en Enxeñaría Mecánica consta dun total de 240 créditos ECTS, distribuídos en catro cursos de 60 créditos cada un (que corresponden a 10 disciplinas por curso, repartidas en dous cuadrimestres) a excepción do Traballo Fin de Grao (última materia que se vai cursar) que ten unha carga lectiva de 12 créditos. O idioma de impartición é o castelá/galego.
Esta titulación conta con disciplinas obrigatorias e optativas. Durante os tres primeiros cursos cursanse as disciplinas obrigatorias, e en cuarto curso existe unha optatividade que lle permite ao alumnado seleccinar as disciplinas que considere máis afíns aos seus intereses. A oferta de disciplinas optativas consta de 90 créditos (15 materias) das catro deberanse cursar 36 créditos (6 materias).
As materias optativas son as que se mostran a continuación:
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Cálculo | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Expresión Gráfica | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Física I | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Informática | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Álxebra | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ciencia de Materiais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estatística | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Física II | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión Empresarial | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Ecuacións Diferenciais | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Electricidade | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Resistencia de Materiais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Termodinámica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Automática | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría Medioambiental | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mecánica de Fluídos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría de Máquinas | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mecánica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Metroloxía e Control de Calidade | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Deseño e Análise Asistido por Ordenador | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Construcións Industriais I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Calor e Frío Industrial/Refrixeración | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estruturas | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Tecnoloxías de Fabricación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Máquinas Térmicas e Hidráulicas | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Organización de Empresas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Resistencia de Materiais II | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Tecnoloxía de Máquinas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Enxeñaría de Materiais | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría de Vehículos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Vibracións | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas en Empresa | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Modelización de Estruturas por Elementos Finitos | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Tipoloxías Estruturais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Tecnoloxía e Deseño de Estruturas | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Soldadura | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Construcións Industriais II | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Elementos de Máquinas | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Actuadores e Sensores | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mantemento | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Hidráulica e Pneumática | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise de Fallo en Materiais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Proxecto Interdisciplinar I | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Proxecto Interdisciplinar II | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión de Proxectos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.