Máster Universitario en Vehículos Autónomos

2026/2027 · 90 créditos

Que se aprende

O Máster busca cubrir a necesidade de coñecementos en robótica centrados especificamente en vehículos, para que se poidan desenvolver todo tipo de sistemas arredor deles. A formación inclúe as áreas de coñecemento que sustentan a mobilidade autónoma, como telecomunicacións, electrónica, deseño industrial, robótica e intelixencia artificial, entre outras, así como prácticas en laboratorios e bancos de probas reais.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O perfil de posgrao do Máster en Vehículos Autónomos é corresponde a un profesional técnico altamente cualificado e especialista na enxeñaría de sistemas autónomos e vehículos non autónomos tripulado. O estudantado que completa este título adquire capacidades avanzadas para deseñar, desenvolver e operar sistemas intelixentes aplicados aos sectores automotriz, naval e aeronáutico.

Grazas á súa formación integral, as persoas egresadas poden desenvolver a súa carreira tanto no sector público como no privado, integrándose en:
    • Fabricantes e provedores: empresas do sector da automoción (como Stellantis ou CTAG), estaleiros navais ou industria aeroespacial.
    • Tecnolóxicas e software: empresas especializadas no desenvolvemento de software avanzado e intelixencia artificial.
    • Seguridade e defensa: organizacións orientadas ao desenvolvemento e control de vehículos non tripulados e tecnoloxías relacionadas.
    • Medio ambiente e consultoría: empresas que requiren automatización para monitorización ambiental ou loxística intelixente.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.