Programa Oficial de Doutoramento en Saúde e Motricidade Humana

2024/2025

Que se aprende

Os Programas de Doutoramento son propostos dende Europa como unha ferramenta fundamental ao servizo da mellora da I+D+i, do apoio da función docente universitaria e, en definitiva, a mellora do desenvolvemento cultural, así como da cohesión social.

En correspondencia con esta concepción do doutoramento, establécese que o compoñente fundamental desta formación é o avance do coñecemento científico a través da “investigación orixinal”, e por tanto o obxectivo é coñecer os avances en investigación e as técnicas e métodos de vangarda relacionados que permitan elevar a calidade, a innovación e as posibilidades de difusión da produción científica.

Competencias xenéricas

Competencias básicas e xerais:

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Competencias específicas

Capacidades e destrezas persoais:

• Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

• Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.

• Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

• Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

• Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

• A crítica e defensa intelectual de solucións.

Outras competencias:

• Adquirir unha visión global do método científico aplicado ás Ciencias da Saúde e a Actividade Física.

• Identificar o marco conceptual e os diferentes tipos de deseño en investigación cualitativa e cuantitativa.

• Mellorar habilidades persoais e coñecer as ferramentas básicas para realizar unha procura de emprego activa, organizada e planificada no seu ámbito investigador.

• Facilitar a adquisición de capacidades e destrezas relacionadas coa capacidade de emprego e co emprendemento no contexto investigador.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O título de doutor habilita para iniciar a carreira docente universitaria, pero tamén aumenta o prestixio profesional fora deste ámbito, o que, sen dúbida mellorará a súa situación profesional dado que esta formación dá acceso á realización de actividade investigadora de forma autónoma, valor en alza en multitude de empresas.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Análise do rendemento deportivo
  • Saúde, actividade física, sociedade

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

O programa de doutoramento presenta catro actividades formativas (AF):

  • AF1.- Bases de datos bibliográficas e redes sociais: Actividade obrigatoria que se levará a cabo no primeiro ano académico para o alumnado a tempo completo ou nos dous primeiros anos académicos para o alumnado a tempo parcial. O alumnado adquirirá competencias no manexo de bases de datos bibliográficas, como, Web of Science, Scopus, PubMed, Sport Discus etc. De igual modo, abordarase o uso de redes sociais tipo Publons, Research Gate e ORCID. Ademais, aprenderase o uso de ferramentas como EndNote ou Mendeley Desktop para a elaboración de documentos científicos.
  • AF2.- Estilos para a elaboración de referencias bibliográficas: Actividade obrigatoria que se levará a cabo no primeiro ano académico para o alumnado a tempo completo ou nos dous primeiros anos académicos para o alumnado a tempo parcial. O alumnado adquirirá competencias na aplicación de normas Vancouver, APA7, ou calquera outra que recomenden os directores de teses.
  • AF3.- Presentación pública dos avances no traballo de investigación: É unha actividade obrigatoria. Realizarase anualmente, durante o segundo cuadrimestre, desde o primeiro ano para o alumnado a tempo completo e desde o segundo ano en diante para o alumnado a tempo parcial. A actividade consistirá na exposición pública do traballo de tese realizado ata o momento.
  • AF4.- Formación transversal organizada polas Escolas de Doutoramento: As universidades do programa dispoñen dunha oferta de formación transversal organizada polas súas Escolas de Doutoramento, o programa de doutoramento en Saúde e Motricidad Humana esixe a realización de, polo menos, 24 horas cursos de formación transversal, que o alumnado elixirá seguindo as indicacións da súa dirección de tese e que poderá realizar durante os seus estudos de doutoramento. Esta condición considérase obrigatoria para poder proceder aos trámites para a defensa da tese.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.