Grao en Fisioterapia

2024/2025 · 240 créditos

Que se aprende

Co obxectivo de adquirir as competencias profesionais requiridas para exercer a profesión de fisioterapeuta, a formación estrutúrase en módulos de formación básica (anatomía, fisioloxía, bioquímica e biofísica, psicoloxía e patoloxía médico-cirúrxica), de formación específica (desenvolvido a través das materias propias de fisioterapia, tales como as bases conceptuais da fisioterapia, os procedementos de avaliación, os procedementos xerais e específicos de intervención en fisioterapia e a fisioterapia en especialidades clínicas) e, por último, o módulo de formación clínica impartida en unidades docente-asistenciais ubicadas en centros de referencia de carácter sanitario, sociosanitario e deportivo (entre outros). Para completar os estudos de Fisioterapia con éxito requírese capacidade de integración de coñecementos teóricos, prácticos e práctico-clínicos de forma razoada e adaptada á situación clínica da persoa e o seu contexto psicosocial.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

Recoméndase elixir os estudos de Grao en Fisioterapia aos/as estudantes con vocación profesional sanitaria e con interés por desenvolver a futura actividade profesional en contextos nos que a saúde do individuo e/ou comunidade estea comprometida, afectándose a capacidade funcional das persoas e condicionando a presenza de situacións de disfunción, discapacidade ou dependencia.

Recoméndase, así mesmo unha actitude de estudo, esforzo e análise reflexivo continuado que facilite a adquisición de coñecemento, competencias e destrezas asociadas á intervención en Fisioterapia.

Ao finalizar os estudos débense alcanzar competencias que faciliten o análise da realidade na que están inmersos, o diagnóstico dos problemas que lle afectan e a formulación e implantación solucións axustadas aos mesmos. Dado que o exercicio liberal constitúe un dos principais ámbitos asistenciais do fisioterapeuta, deberán interiorizar a cultura emprendedora. Serán, ademáis, capaces de valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible, identificando a importancia da aprendizaxe ao longo da vida, a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Competencias específicas

A finalización dos estudos do Grao en Fisioterapia proporcionarán, polo menos, as seguintes competencias específicas:

  • Coñecer e compender tanto os procedementos e actuacións fisioterapéuticas orientadas á recuperación funcional e rehabilitación física como os dirixidos á promoción e conservación da saúde, nas súas bases conceptuais, anatómicas, biomecánicas, fisiopatolóxicas e efectos terapéuticos.
  • Valorar o estado funcional de individuo, establecendo o diagnóstico fisioterápico e os obxectivos de intervención, a partir dos cales deseñará o plan de intervención de fisioteapia, avaliando os resultados obtidos.
  • Aplicar o razoamento clínico na toma de decisións preventivos e/ou terapéuticas en base aos coñecementos adquiridos, a evidencia científica e clínica dispoñible e os valores éticos establecidos no código deontolóxico profesional.
  • Executar a intervención fisioterapéutica en función das habilidades intelectuais e destrezas incorporadas (comunicativas, psicosociais e técnicas), exercendo a actividade profesional nun contexto interdisciplinar, comunicándose de modo efectivo cos membros do equipo, os usuarios do sistema e as súas familias.
  • Desempeñar accións de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sociosanitarios e o desenvolvemento de actividades de planificación, xestión e control das unidades asistenciais onde se preste atención de Fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios.
  • web do centro.

Competencias transversais

Os/as futuros profesionais serán capaces de exercer a actividade profesional de forma autónoma. Deberán posuír capacidade de análise e de síntese, capacidade para aplicar os coñecementos á práctica, así como habilidades de xestión da información que lles permitan obter información veraz e actualizada sobre a área de estudo. Serán profesionais preocupados pola calidade dos procesos e procedementos ao servizo da sociedade.

Saídas profesionais e académicas

Os perfiles de egreso e funcións para as que habilita o título de fisioterapeuta se clasifican de forma xenérica en:

  • clínico-asistencial
  • investigación
  • xestión
  • docente

Contorno profesional no que se sitúa

As contornas profesionais nos que o/a fisioterapeuta pode desenvolver a súa actuación clínica e de xestión están constituídos fundamentalmente por centros sanitarios tanto públicos (hospitais, centros de atención primaria de saúde...) como privados (gabinetes e consultorios, hospitais, etc.).

Ademais, o/a fisioterapeuta pode desempeñar a súa actuación en contornas sociosanitarias vinculados á saúde comunitaria, integrándose de forma directa na contorna social do usuario a través de concellos, centros sociais, colexios e centros educativos e de educación especial, asociacións de enfermos, centros ou entidades deportivas, centros lúdicos, empresas e outros centros de traballo, etc. Así mesmo, o/a fisioterapeuta pode actuar como perito na avaliación da capacidade/status funcional e grao de discapacidade dos cidadáns/as.

Por outra banda, no desempeño das funcións docentes ou de investigación, o/a fisioterapeuta pode traballar tanto en institucións públicas como privadas no seo de universidades, institutos de investigación etc.

Saídas profesionais e académicas

Establecementos sanitarios, centros educativos e de educación especial, servizos sociosanitarios, consultorios e gabinetes profesionais, servizos de fisioterapia presentes en centros e entidades deportivas, balnearios, centros de atención aos maiores, empresas, universidades e institutos de investigación.

Empresas e institucións colaboradoras

A Facultade de Fisioterapia colabora con numerosas institucións conveniadas que fan posible que os estudantes completen un programa de prácticas curriculares ou estancias clínicas coidadosamente deseñado. Desta forma, cada estudante cursa máis de mil horas (42 créditos ECTS) de prácticas profesionais baixo a supervisión de fisioterapeutas docentes á fronte das máis de trinta unidades docente-asistenciais repartidas en entidades públicas e privadas. As prácticas organízanse en módulos que responden a todas as especialidades da fisioterapia: rehabilitación respiratoria e cardiovascular, fisioterapia en neuro-rehabilitación, fisioterapia en atención primaria e comunitaria, fisioterapia da actividade física e deportiva, fisioterapia nas discapacidades asociadas ao envellecemento e outras situacións de discapacidade e dependencia, fisioterapia pediátrica, exercicio terapéutico ou fisioterapia nas alteracións do aparello locomotor.

Adicionalmente, a Facultade de Fisioterapia colabora con numerosas entidades sociosanitarias (asociacións de afectados, organizacións non gobernamentais, etc.) no desenvolvemento de proxectos de Aprendizaxe e Servizo, a través dos cales os estudantes teñen a oportunidade de desenvolver prácticas extracurriculares á vez que ofrecen un servizo á comunidade de natureza benéfico-social sen ánimo de lucro.

Por outra banda, a Facultade de Fisioterapia mantén unha estreita relación coas principais institucións de representación da profesión, desde o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia, a Asociación Española de Fisioterapeutas ata a Confederación Mundial pola Fisioterapia (WCPT).

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fisioloxía Formación básica anual 9 ECTS
Marco Teórico da Fisioterapia e a Rehabilitación Física Obrigatorio anual 9 ECTS
Valoración Funcional e Psicosocial Obrigatorio anual 9 ECTS
Fisioterapia Xeral Obrigatorio anual 9 ECTS
Anatomía I e Histoloxía Formación básica 6 ECTS
Biofísica e Bioquímica Formación básica 6 ECTS
Anatomía II Formación básica 6 ECTS
Cinesiterapia Xeral Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Psicoloxía Formación básica anual 9 ECTS
Fisioterapia Neurolóxica e Psicomotriz Obrigatorio anual 9 ECTS
Biomecánica Formación básica 6 ECTS
Semioloxía Clínica Formación básica 6 ECTS
Cinesiterapia: Bases do Exercicio Terapéutico Obrigatorio 6 ECTS
Fisioterapia Manual e Osteopática I Obrigatorio 6 ECTS
Patoloxía Médico-Cirúrxica I Formación básica 6 ECTS
Fisioterapia nas Alteracións Estáticas e Dinámicas da Raque Obrigatorio 6 ECTS
Fisioterapia Respiratoria Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Estadías Clínicas II Obrigatorio anual 30 ECTS
Documentación e Estatística Sanitaria Obrigatorio 6 ECTS
Lexislación e Administración Sanitaria Obrigatorio 6 ECTS
Fisioterapia Comunitaria e Saúde Pública Obrigatorio 6 ECTS
Ecografía en Fisioterapia Optativo 6 ECTS
Fisioterapia nas Afeccións Podolóxicas Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Saúde, Dereito Privado, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Física e Ciencias da Terra, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Letras, Matemáticas e Psicoloxía.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A facultade de fisioterapia conta cunha coordinación de mobilidade que se encarga da xestión de mobilidade de profesores, estudantes e persoal de administración e servizos. As actividades de mobilidade son desenvolvidas a través dos programas ERASMUS, CONVENIO BILATERAL, CIENCIA SEN FRONTEIRAS e SICUE, de tal forma que existe posibilidade de cursar parte dos estudos de Grao en Finlandia, Polonia, República Checa, Holanda, Portugal, Italia, Eslovenia, Rumania, Chile ou Brasil, ademais de diferentes universidades nacionais.

Tanto a coordinadora de mobilidade internacional como a nacional encárganse a través de campañas de difusión e xornadas informativas de comunicar as posibilidades de intercambio, axudar ao longo do proceso e asesorar puntualmente tanto ao alumnado saínte da UDC como a todos os estudantes entrantes, e neste caso tamén coordinar o seu proceso formativo na nosa Facultade.

Enlace a mobilidade: http://www.ffisacademica.udc.gal/p/mobilidade.html .