Programa Oficial de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

4 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudante que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos/as doutorando/as. De forma xeral, e de acordo con RD 822/2021 polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, os estudos de grao e máster que permitirán o ingreso directo a este programa de doutoramento sen complementos de formación serán aqueles adscritos ao ámbito de coñecemento da Física e Astronomía, o ámbito propio do PD. Dentro dos ámbitos de coñecemento de ciencias e enxeñaría considéranse bastante afíns os seguintes: Enxeñaría eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñaría da telecomunicación, enxeñería industrial, e enxeñaría da navegación. Matemáticas e estatística, sen embargo para calquera outro ámbito a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos/as alumnos/as e establecendo complementos formativos en caso de ser necesario.

Requisitos de acceso específicos do programa

-É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que:

i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que

ii) puidese exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.

-Non existen requisitos e criterios específicos adicionais para a selección e admisión dos estudantes provenientes de Másteres oficiais con temáticas dentro dos ámbitos propios e afíns ao Programa de Doutoramento (para o caso de non-afinidade requirirase a superación de complementos formativos nos termos que se detallan na sección de criterios de admisión).

-En canto ao grao de coñecemento do idioma Inglés é conveniente dispoñer de acreditación dun nivel intermedio B1 do dito idioma (nivel establecido dentro do Marco Europeo de Referencia sobre Coñecemento de Linguas) e acreditado ante a CAPD mediante calquera certificación oficial (nivel intermedio: B1, TOEFL, Cambridge, Escola Oficial de Idiomas...).

En caso de carecer da dita certificación oficial a CAPD realizará as probas que considere oportunas: proba oral e/ou escrita e/ou entrevista persoal, para avaliar o coñecemento da lingua inglesa do alumno, pero sempre se lle recomendará que adquira a dita certificación durante os dous primeiros anos do programa.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Estes criterios permitirán realizar a selección de admitidos en caso de existir máis solicitudes que prazas. A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:

• Expediente académico (60%) determinado polas cualificacións obtidas no grao e máster (ou DEA ou suficiencia investigadora).

• Experiencia investigadora previa e os seus resultados (10%): Neste punto valoraranse publicacións, comunicacións a congresos e outras contribucións científicas e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa.

• Experiencia profesional (10 %): Neste punto valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.)

• Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (5%): Neste punto valoraranse as estadías de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa, así como o coñecemento de lingua estranxeira de nivel B1 ou superior e coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna, etc. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa.

• Entrevista persoal (15 %): Neste punto valoraranse motivación e aptitude, capacidade de comunicación, etc.

Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todas as persoas candidatas independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.

En caso daquelas alumnos que procedan de Másteres cuxo contido non sexa afín aos ámbitos do Programa de Doutoramento, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos que se detallarán no punto 3.4 desta memoria e que deberán ser concretados para cada alumno pola CAPD.

Estes complementos de formación corresponderán, como máximo, a 12 ECTS e a súa realización poderá ser simultánea coa matrícula en tutela académica. No caso de realizalos previamente, o alumno só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión a que fai referencia o artigo 31 desta lexislación nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.