Grao en Enxeñaría Mecánica Os ámbitos onde o Enxeñeiro Mecánico terá competencias para redactar, asinar e desenvolver proxectos son no deseño de máquinas, os procesos de fabricación e na construción industrial.
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica Proporciona coñecementos científicos e tecnolóxicos para deseñar, construír, reparar e inspeccionar as plataformas dos buques, artefactos oceánicos e instalacións mariñas ou industriais da súa competencia, así como todos os cálculos relacionados coa arquitectura naval, os sistemas de propulsión e o resto de sistemas auxiliares e equipos do buque.
Co programa de simultaneidade obtéñense as competencias profesionais dos dous graos.
Grao en Enxeñaría Mecánica Habilita para a profesión regulada de enxeñeiro técnico industrial (orde ministerial CIN/351/2009) coas atribucións profesionais do actual Enxeñeiro Técnico Industrial especialidade Mecánica. Este grao dá acceso ao Máster en Enxeñaría Industrial que habilita para esa profesión regulada.
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica Habilita para a profesión regulada de enxeñeiro técnico naval (orde ministerial CIN/350/2009) coas atribucións profesionais do actual Enxeñeiro Técnico Naval, tanto na especialidade en Estruturas Mariñas coma na de Propulsión e Servizos do Buque. Este grao dá acceso ao Máster en Enxeñaría Naval e Oceánica que habilita para esa profesión regulada.
A EPS dispón de mais de 200 convenios firmados con empresas de todos os sectores industriais, das cales as mais relevantes son:
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Matemáticas 1 | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Física 1 | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Expresión Gráfica | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Química | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Matemáticas 2 | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Métodos Informáticos | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Construción Naval e Sistemas de Propulsión | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estatística | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Física II | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión Empresarial | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Debuxo Naval | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mecánica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Hidrostática e Estabilidade | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 7,500000000 ECTS | |
| Ciencia de Materiais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ecuacións Diferenciais | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Electricidade | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Resistencia de Materiais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Termodinámica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Automática | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mecánica de Fluídos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Estruturas Mariñas 2 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Máquinas Mariñas e Sistemas de Propulsión 1 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Sistemas Auxiliares do Buque 1 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Proxecto de Buques e Artefactos Mariños 1 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 7,500000000 ECTS | |
| Sistemas Hidráulicos e Pneumáticos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Procesos de Fabricación e Montaxe | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Transmisión de Calor | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Hidrodinámica Naval | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 7,500000000 ECTS | |
| Estruturas Mariñas 1 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría Medioambiental | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría de Máquinas | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Enxeñaría de Materiais | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Metroloxía e Control de Calidade | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Deseño e Análise Asistido por Ordenador | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Construcións Industriais I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría de Vehículos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Vibracións | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas en Empresa | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Modelización de Estruturas por Elementos Finitos | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Tipoloxías Estruturais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Tecnoloxía e Deseño de Estruturas | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Soldadura | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Construcións Industriais II | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Elementos de Máquinas | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Actuadores e Sensores | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mantemento | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Hidráulica e Pneumática | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise de Fallo en Materiais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Proxecto Interdisciplinar I | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Proxecto Interdisciplinar II | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Transporte Marítimo | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Máquinas Mariñas e Sistemas de Propulsión 2 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas en Empresa | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Buques de Guerra | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Visitas Técnicas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Estruturas | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Organización de Empresas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Tecnoloxía de Máquinas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Vibracións e Ruídos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Sistemas Auxiliares do Buque 2 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Sistemas Eléctricos e Electrónicos do Buque | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Proxecto de Buques e Artefactos Mariños 2 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 13,500000000 ECTS | |
| Tecnoloxía da Construción Naval | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 7,500000000 ECTS | |
| Xestión de Proxectos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.