Programa Oficial de Doutoramento en Dereito Administrativo Iberoamericano

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

15 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderá ser admitido no programa quen se encontre nalgunha das seguintes situacións:

  • rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas
  • ámbito/s de coñecemento: Dereito e especialidades xurídicas
  • titulacións de acceso: estudos xurídicos de licenciatura, grao ou avogacía, e un master ou mestría, preferentemente en dereito. 
  • competencias lingu#ísticas recomendadas para a realización destes estudos; idiomas de uso habitual no ámbito científico, especialmente da área na que se vai desenvolver a investigación.
  • ter obtido o título de DEA en programas similares a este programa de doutoramento

Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión, e establecer complementos específicos de formación.

Ver página web: http://www.doctoradodai.com/

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

  • Carta de referencia do profesorado do programa. É requisito obrigatorio para a admisión no programa presentar unha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) poida exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.

Os interesados en cursa-lo DAI deberán presentar tamén, xunto á súa solicitude de admisión ó programa, dúas cartas de aval de profesores universitarios de dereito de recoñecido prestixio 

  • Coñecemento de idiomas. O alumnado debe ter competencias lingüísticas en galego e/ou castelán
Para poder ser valorados, os méritos deben acreditarse documentalmente e ser coherentes coas liñas de investigación do programa. Aplicaranse os mesmos criterios de admisión para todo o alumnado, tanto con dedicación a tempo completo como a tempo parcial.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.