Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
4
prazas ofertadas no curso 2025/2026
Perfil de admisión recomendado
Neste perfil de ingreso recomendado, ademais do cumprimento dos requisitos, o Programa de Doutoramento adécuase en maior medida ao perfil formativo dos graduados nas titulacións impartidas na Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, así como nas institucións colaboradoras, así como ao alumnado que cursase os másteres implantados na Facultade e institucións colaboradoras. Entre estas titulacións inclúense non só os actuais graos en educación infantil, primaria, social e traballo social, senón tamén as diplomaturas anteriores, así como o segundo ciclo de psicopedagoxía.
Outros titulados no ámbito das ciencias sociais, en títulos afíns, teñen igualmente un perfil adecuado, sempre que os seus intereses se orienten cara ás liñas de investigación propostas neste programa. Neste caso, inclúense outros titulados de universidades galegas e europeas, e particularmente, titulados de Portugal, Brasil e outros países de Latinoamérica.
Procedemento xeral de solicitude de admisión
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Requisitos de admisión específicos da CAPD
A CAPD valorará as solicitudes de admisión no programa de doutoramento en función dos seguintes criterios:
1º) Carta de motivación (obrigatorio): ata unha 20%
2º) Carta de compromiso de aceptación de teses (optativa): ata 20% Espérase que os candidatos realizasen contacto previo coa Comisión Académica do ciclo de estudos, con calquera dos centros das institucións asociadas, ou con algún profesor das institucións asociadas que poida dar fe de que os obxectivos do candidato no ámbito dos estudos sobre o avellecemento son compatibles co ciclo de estudos e as súas áreas científicas.
3º) Expediente académico: ata un 30%
4º) Experiencia investigadora: participación previa en proxectos de investigación, presentacións en congresos, reunións e publicacións científicas, estadías en laboratorios e/ou departamentos nacionais e internacionais: ata unha 15%
5º) Experiencia profesional en áreas relacionadas co doutoramento: ata unhas 10%
6º) Idiomas de interese científico: coñecemento de linguas distintas do español, galego ou portugués, como o inglés: ata un 5% Nivel A1 (o equivalente): 0,2 puntos Nivel A2 (o equivalente): 0,3 puntos Nivel B1 (o equivalente): 0,5 puntos Nivel B2 (o equivalente): 0,6 puntos Nivel C1 (o equivalente): 0,8 puntos Nivel C2 (o equivalente): 1.0 puntos
Deberase enviar documentación que apoie os méritos reivindicados no currículo adxunto á solicitude de admisión ao Doutoramento. Se a Comisión Académica o considera oportuno, realizarase unha entrevista persoal co candidato antes da admisión. Criterio de desempate de candidatos: Mellor clasificación no criterio "Apreciación científica e pedagóxica do curso académico do alumnado.
Prazos
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.