As materias poden impartirse en castelán ou, galego segundo conste nas guías docentes de cada materia.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Instalacións de Propulsión | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría de Mantemento | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Instalacións Eléctricas de Propulsión Mariña | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Control Avanzado de Sistemas Mariños | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Equipos e Servizos Marítimos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Anual | 6,0 ECTS | |
| Técnicas Computacionais Aplicadas á Enxeñaría Mariña | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Optimización e Deseño de Sistemas Enerxéticos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Enerxías Alternativas Aplicadas á Enxeñaría Mariña | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Deseño de Servizos Marítimos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Mecánica de Materiais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión Empresarial Marítima | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Inspección e Sociedades de Clasificación | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Combustión | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Formación de Contaminantes e Impacto Ambiental | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Operación e Deseño de Buques LNG | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Tecnoloxía Off-Shore | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Hidrodinámica do Buque | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Integración de Sistemas Mariños con PLCs | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión da Innovación na Enxeñaría Mariña | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión da Seguridade e Recursos a Bordo | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Deseño de Intercambiadores de Calor | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.