• Conceptualizar cronicidade, discapacidade e dependencia, identificando diferenzas e relacións desde perspectivas individual, familiar, comunitaria e sistémica.
• Coñecer e aplicar novas tecnoloxías de apoio á investigación e intervención, sistemas de accesibilidade, emprego, participación e funcionalidade, con énfase en emprendemento sociosanitario.
• Describir modelos de atención sociosanitaria, o modelo integrado, funcións, debilidades e fortalezas.
• Coñecer conceptos, normas e principios xurídicos e éticos aplicables á cronicidade, discapacidade e dependencia e argumentar en procesos de toma de decisións.
• Dominar deseños metodolóxicos e indicadores epidemiolóxicos, análise estatística e interpretación de resultados.
• Difundir resultados de investigación, redactando publicacións científicas adecuadas ao ámbito sociosanitario.
• Identificar recursos sociosanitarios, niveis de intervención e aplicacións de xestión profesional, incluíndo hábitos e prevención de enfermidades crónicas.
• Analizar entidades clínicas, procedementos avaliativos e intervencións adaptadas ás necesidades dos usuarios.
• Deseñar programas de intervención, xestión e investigación, incorporando innovación, tecnoloxía e hábitos de vida saudable en contextos complexos.
• Formular os conceptos de cronicidade, discapacidade e dependencia e adaptar os paradigmas actuais na súa prevención e intervención.
• Detectar novas oportunidades de emprendemento, liderando a planificación e implementación de estratexias innovadoras e eficientes na atención sociosanitaria.
• Asesorar na planificación e no deseño de políticas públicas relacionadas coa abordaxe da cronicidade, discapacidade e dependencia e co desenvolvemento de estratexias de atención sociosanitaria.
• Identificar factores de risco asociados ás enfermidades crónicas e avaliar síndromes crónicos, xeriátricos e neurocognitivos, realizando as intervencións apropiadas en cada momento.
• Dirixir plans, modelos e estratexias novidosas relacionadas coa promoción de hábitos de vida saudables, a autonomía e o benestar das persoas con enfermidades crónicas, en contextos de especial complexidade, adaptados á pluridimensionalidade da cronicidade, discapacidade e dependencia.
• Deseñar, planificar e implementar, de maneira coordinada, interdisciplinaria e colaborativa, os procesos de intervención necesarios para dar resposta eficiente ás situacións de cronicidade.
• Aplicar as novas tecnoloxías na mellora da atención e do coidado da persoa con enfermidade crónica e das persoas con discapacidade e dependencia, tendo en conta as implicacións prácticas, organizativas, legais e éticas asociadas.
• Liderar a comunicación en cronicidade, así como a xestión clínica e sociosanitaria, a través de enfoques integrais que inclúan o contorno afectivo e social da persoa paciente.
• Comprender o proceso e os distintos paradigmas de investigación asociados á cronicidade, discapacidade e dependencia, desenvolvendo proxectos de investigación orientados a dar resposta aos problemas das persoas con enfermidades crónicas.
• Deseñar proxectos e solucións, identificando os retos emerxentes e aplicándoos ás necesidades reais do contorno social e económico.
• Asesorar na planificación e no deseño de políticas públicas relacionadas coa abordaxe da cronicidade, discapacidade e dependencia e co desenvolvemento de estratexias de atención sociosanitaria.
• Identificar factores de risco asociados ás enfermidades crónicas e avaliar síndromes crónicos, xeriátricos e neurocognitivos, realizando as intervencións apropiadas en cada momento.
• Detectar novas oportunidades de emprendemento, liderando a planificación e implementación de estratexias innovadoras e eficientes na atención sociosanitaria.
• Deseñar, planificar e implementar, de maneira coordinada, interdisciplinaria e colaborativa, os procesos de intervención necesarios para dar resposta eficiente ás situacións de cronicidade.
• Deseñar proxectos e solucións, identificando os retos emerxentes e aplicándoos ás necesidades reais do contorno social e económico.
• Comprender o proceso e os distintos paradigmas de investigación asociados á cronicidade, discapacidade e dependencia, desenvolvendo proxectos de investigación orientados a dar resposta aos problemas das persoas con enfermidades crónicas.
O egresado deste máster adquirirá coñecementos avanzados en intervención, xestión, prevención e terapéutica da atención sociosanitaria na cronicidade, discapacidade e dependencia.
Os egresados estarán en condicións de aplicar os seus coñecementos avanzados e competencias específicas en diferentes contornos sociosanitarios, no ámbito da intervención, xestión e investigación.
De forma específica, permitiralle:
• Investigación no campo da discapacidade e a dependencia dende un enfoque interdisciplinar.
• Liderazgo de iniciativas e integración en centros de atención sociosanitaria á cronicidade, discapacidade e dependencia.
• Acceso ó Programa de doutoramento interuniversitario en Saúde, discapacidade, dependencia e benestar.
El máster consta de 60 ECTS, que se distribuyen en un curso académico dividido en dos cuatrimestres y dos módulos. El primer módulo es común. Su docencia se concentra en el primer cuatrimestre y tiene carácter obligatorio. Consta de 4 materias comunes y otra optativa a elegir entre tres posibles. El segundo módulo, de carácter optativo, ofrece una propuesta distinta según la especialidad elegida (de tres posibles). Su docencia se imparte en el segundo cuatrimestre y consta de 4 asignaturas, además del Trabajo Fin de Máster (TFM) y de las Prácticas Externas. El estudiante elige el itinerario una vez formalizada la matrícula. El itinerario se cursa durante el segundo cuatrimestre. En el primer cuatrimestre se cursarán 27 ECTS y una asignatura optativa a elegir de 6 ECTS, entre tres posibles. En el segundo cuatrimestre se cursarán 27 ECTS, incluyendo el TFM y las prácticas externas.
O máster consta de 60 ECTS, que se distribúen nun curso académico dividido en dous cuatrimestres e dous módulos. O primeiro módulo é o común. A súa docencia concéntrase no primeiro cuatrimestre e é de carácter obligatorio. Consta de 4 materias comúns e outra optativa a elixir, entre tres posibles. O módulo dous, de carácter optativo, ten unha oferta distinta según a especialidade elexida (de tres posibles). A súa docencia é no segundo cuatrimestre e consta de 4 asignaturas, ademáis dun Traballo de Fin de máster e de Prácticas Externas. O estudiante elixe o itinerario unha vez formaliza a matrícula. O itinerario cúrsase durante o segundo cuatrimestre. No primeiro cuatrimestre, cursaranse 27 ECTS e unha asignatura optativa a elexir de 6 ECTS, entre tres posibles. No segundo cuatrimestre, cursaranse 27 ECTS e unha asignatura optativa a elexir de 6 ECTS, entre tres posibles. No segundo cuatrimestre, cursaranse 27 ECTS incluíndo o TFM e as prácticas externas.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Metodoloxía da Investigación e TIC na Búsqueda de Información | Obrigatorio | anual | 9 ECTS | |
| Fundamentos Biooéticos-Xurídicos e Estratexias de Saúde Pública en Cronicidade | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Estudo Sociosanitario da Cronicidade. Discapacidade e Dependencia | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Tecnoloxía aplicada á Discapacidade e Cronicidade | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Cronicidade: Factores de Risco. Prevención e Intervención | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Cronicidade de Orixe Neurolóxica. Bases. Prevención e Intervención | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Bases para a Prevención Psicosocial na Cronicidade | Optativo | 1º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Xestión de Recursos Sociosanitarios en Conicidade | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Enfoque Multidisciplinar da Dor Crónica | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Bases e Principios da Neurociencia e Rehabilitación Neurolóxica | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Estudo Multidimensional da Cronicidade Respiratoria e Cardiovascular | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Prácticas Externas en Rehabilitación Funcional | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Trastornos Permanentes da Linguaxe e a Comunicación | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Intervención na Demencia | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Intervención Familiar na Discapacidade | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Abordaxes Psicoeducativas para o Benestar na Cronicidade | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Prácticas Externas en Intervención Psicosocial | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Investigación en Neurociencia e Neurorrehabilitación | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Intervención Fisioterápica nas Desordes do Neurodesenvolvemento | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Intervención Fisioterápica no Adulto e Maior con Discapacidade Neurolóxica | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Innovación Tecnolóxica en Neurorrehabilitación | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Prácticas Externas en Intervención. Investigación e Innovación en Fisioterapia Neurolóxica | Optativo | 2º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Traballo Fin de Máster en Rehabilitación Funcional | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster en Intervención Psicosocial | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster en Intervención. Investigación e Innovación en Fisioterapia Neurológica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
A relevancia da discapacidade e da dependencia considerouse unha cuestión de dereitos humanos desde a entrada en vigor da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (CDPD, 2008).
A nivel nacional, o último informe sobre discapacidade derivado da enquisa de poboación activa do Instituto Nacional de Estatística (INE, 2020; https://www.ine.es/prensa/edad_2020_p.pdf ?) sitúa a prevalencia da discapacidade en España no 6,3%. Os datos máis recentes do Informe Olivenza (2020-21; https://www.observatoriodeladiscapacidad.info/informe-olivenza-2020-2021-sobre-la-situacion-de-la-discapacidad-en-espana/ ) corroboran estas afirmacións e indican que as cifras van en aumento. No Informe Mundial de Discapacidade (2011, https://www.who.int/es/publications/i/item/9789241564182 ), a OMS propón reforzar e apoiar a investigación sobre a discapacidade. A orientación investigadora desta formación, que tamén recolle esta iniciativa, incidirá no desenvolvemento formativo dos profesionais dedicados á cronicidade, discapacidade e dependencia.
A nivel nacional, os referentes externos desta titulación son:
• Experto en Cronicidade, Promoción da Saúde e Autonomía Persoal (Universidade de Deusto).
• Máster en Enfermagem de Práctica Avanzada en Atención á Cronicidade e á Dependencia (Universidade de Huelva).
• Máster Interdisciplinar en Atención Integral á Cronicidade (Universitat de Barcelona).
• Máster en Atención Integrada na Cronicidade e o Envellecemento (Universitat Pompeu Fabra).
Estes mesmos perfís formativos atópanse a nivel internacional:
• Graduate Certificate in Chronic Condition Management (Flinders University – Australia)
• Chronic Disease Management (Saint Mary’s University – Reino Unido)
• Long Term and Chronic Conditions Management (Swansea University – Reino Unido)
• MSc Advancing Practice (University of Stirling – Reino Unido)
• Master of Public Health: Chronic Disease Prevention (University of Sydney
A elaboración da memoria do máster en Cronicidade e Novos Modelos de Atención Sociosanitaria é froito do traballo colaborativo de diferentes centros, departamentos e áreas que, xunto co vicerreitorado de planificación académica e innovación docente da UDC, e de xeito previo á definición da composición da comisión redactora, analizaron as posibilidades, necesidades e perfís do novo título, tamén desde unha perspectiva interuniversitaria.
A elaboración da proposta plasmada nesta memoria foi sometida á consulta externa de profesionais e empregadores de diferentes entidades sociosanitarias, así como de entidades profesionais, co obxectivo de retroalimentala e vinculala ao contexto real. Nel participaron profesionais do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, do Centro de Fisioterapia Neurolóxica CEFINE, do Colexio de Educación Especial María Mariño, do Centro de Promoción da Autonomía Persoal de Bergondo e do Centro Sanitas Residencial, abarcando as posibles necesidades en materia de cronicidade en todas as etapas da vida e desde diferentes perspectivas. Os profesionais e xestores consultados contribuíron a definir o perfil de profesional experto máis adecuado para dar resposta ás necesidades sociais en materia de cronicidade, a partir do cal se estableceron os resultados de aprendizaxe, participando algúns activamente na elaboración dos contidos.
Solicitouse informe expreso ao Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia e á Asociación Española de Fisioterapeutas, como organismos representativos da profesión de fisioterapeuta, sobre o potencial interese deste colectivo para os egresados.
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
International mobility in this one-year master’s is structured through short-term programs, virtual, on-site, and blended, highlighting Erasmus+ study grants for undergraduate, master’s, and doctoral students at UDC. Promotion starts before enrollment with digital dissemination and guidance on language requirements. Organization is coordinated by the Vice-Rectorate for Academic Planning, the International Relations Office, the International Relations Committee, and center coordinators, with specific coordination in the Faculty of Physiotherapy.
The master participates in Blended Intensive Programs (BIP) with Savonia University and Charles University, recognizing 3 ECTS and involving international students. Mobility is promoted through early guidance and short programs compatible with the academic calendar, with access to external grants like Fundación Carolina or BEME.
Despite duration limitations, program diversification, early promotion, and strategic partnerships enable a strong, inclusive, and expanding internationalization, supported through international academic excellence networks.